O mal tempo impediu a vista do eclipse de lúa as xentes do Monte Neme que xa pensan nas Perseidas


As nubes impediron que as máis de 50 persoas que se animaron a participar nas “Xornadas Astronómicas do Monte Neme” puideras disfrutar da Lúa de Sangue. A cita convocada pola Plataforma Monte Neme tivo un gran éxito de participación, e a andaina dende Razo ata o cumio do Monte foi do máis interesante.
Pero ás vistas espectaculares quedaron en terra, porque alá no ceo, a lúa vermella agochábase trala densa nubarada. Non impediu, porén, aprender coas explicacións do fenómeno astronómico de man do divulgador científico José María De La Viña.


Polas Perseidas
Agora, a seguinte cita será día 11 de Agosto, para a observación da choiva das Perseidas, está programada unha nova observación contando coas explicacións dos divulgadores José María De la Viña e Jorge Mira e coa posibilidade de subir ao cumio do monte cun roteiro guiado pola Plataforma. Previamente, esa mesma tarde realizarase no Local Social de Cances unha clase introductoria á choiva de estrelas para comprendela mellor da man de José María De la Viña.