Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Museo de Asunción abre por regueifa

O Museo de Asunción abre por regueifa
200 nenos do Cole de Coristanco visitaron a casa museo de Asuncion Antelo en Segufe 200 nenos do Cole de Coristanco visitaron a casa museo de Asuncion Antelo en Segufe Con alegría recibimos a nova de que o Museo de Asunción Antelo pode volver a abrir as portas.  á consideración da familia de Asunción, a veciña e guía do museo durante estes pasados 5 anos, Isabel Rey Porteiro, poderá abrirlle as portas a aquelas visitas que se pasen por Segufe. Visitas como a de 200 nenos do CPI Xosé Pichel de Coristanco que onte, no marco dun fabuloso roteiro regueifeiro, pasaron pola casa da Rexoubeira de Bergantiños. Ao ser tantos, non puideron entrar propiamente na casa-museo, pero si que visitaron a contorna que está chea de marabillas de cantería da polifacética artista. Isabel amósase encantada de poder volver abrir as portas, pechadas dende o pasamento de Asunción a finais de ano. “Non é o mesmo abrir a porta e que non estea Asunción, pero é importante que se manteña e que se aproveite o seu legado. E vexo que hai que interese en que isto vaia para adiante. Faría falta unha “Fundación Asunción Antelo”, para facer tantas cousas como fai, por exemplo, a Fundación Eduardo Pondal”, apunta a comprometida veciña, instando ás administracións como Concello e Deputación a dar un paso adiante. Fundamental é a relación ca familia para que o museo poida ser coidado polas administracións. Roteiro Regueifeiro do CPI Xose Pichel de Coristanco Roteiro Regueifeiro do CPI Xose Pichel de Coristanco

De roteiro regueifeiro

Antonio e Suso de Xornes regueifando para os nenos de Coristanco Antonio e Suso de Xornes regueifando para os nenos de Coristanco Canto aprenderon os 200 alumnos do cole coristanqués, da súa propia cultural tradicional, con este roteiro regueifeiro. Acompañados con Suso e Antonio de Xornes, os reguefeiros en activo máis prolíficos de Bergantiños, visitaron a casa, en Xaviña, do último regueifeiro, Fermín da Feiranova. Tamén aproveitaron a coxuntura os compañeiros de Grandes Lugares da TVG para falar cos regueifeiros máis prolíficos de Bergantiños. Gracias Culpables desta fermosa ruta cultural foron os mestres de Secundaria do centro, ademais do director e do xefe de estudos. E animáronse á colaborar dúas das mestras que máis cousas teñen feitos no nome de Asunción. Teresa Dosil e Ana Palleiro, dúas mestras de Primaria implicadas co legado da Rexoubeira, e que mesmo lle puxeron o nome da regueifeira á Biblioteca do colexio. Que sexan moitas máis as rutas que coñezan a nosa cultura popular, e que paren polo museo da voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal. https://www.facebook.com/1001950496537699/videos/1373130682753010/

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios