O Pazo da Cultura convírtese no Xardín das Delicias
08:01 23/06/14
Fermosa a estampa que loce estes días o Pazo da Cultura de Carballo. Co gallo do ambicioso programa do San Xoán carballés, unha nova exposición colectiva de creadores de Carballo e a comarca invade o espazo. Chámase "Arte e natureza”, son 32 artistas os protagonistas e permanecerá ata o 31 de xullo no Pazo da Cultura.
O'Mighelo d”estaca que “a natureza é arte en esencia, en potencia e en estado puro e duro" e coa mostra a sala de exposicións Alberto Gende situada no terceiro andar do Pazo da Cultura transformouse nun "xardín das delicias". Outro dos creadores que participan na mostra e coordinador da mesma, Mon Lendoiro, tamén manifestou que o obxectivo é realizar "unha aproximación respectuosa ao espazo natural" e transmitir, así mesmo, ese respecto polo medio ambiente.
Os creadores que participan na exposicion colectiva "Arte e Natureza" son: Adriana Díaz, Ana García, Antón Díaz, Antonio Reino, Antonio Taracido, Cristina Castro, Chiña (Mª José Costa Valiño), Cristina Castro Santiago, Dami Varela, Diana Molina, Emi Rodríguez de las Heras, Eva Facal, Feituras de Lita, Fernando Mourón, Isa Fernández, Juan A. Villar Casares, Lola Oviedo, Manuel Eirín, Miguel Couto, Milagros Cotelo Rama, Mon Lendoiro, Mónica Noya, O'Mighelo (Miguel Anxo Calvo Pose), Oti Fernández, Pedro Tasende, Peter Kramer, Raúl G. Herrera, Ricardo Outes, Santiago Castro, Santi Picos, Tomas Luna e Viki Rivadulla.
Novas relacionadas
- Un San Xoán cheo de música para todos os gustos.
- 9-12-13: Carballo acolle as Miradas de 32 artistas da Costa da Morte.