Luns. 29.04.2024
El tiempo

Carballo acolle as Miradas de 32 artistas da Costa da Morte

Carballo acolle as Miradas de 32 artistas da Costa da Morte
Artistas da Costa da Morte na exposicion Miradas 2 de Carballo

Antonio Reino, Santo Cereixo, Antonio Taracido, Coque Toba, Cristina C. Santiago, Diana Molina, Emi de las Heras, Eva Facal, C. Trillo, Fernando Mourón, Isa Fernández, Jacobo Veiga, Viki Rivadulla, Juan Villar Casares, José Garrido, Lola Oviedo, Manuel Eirín, Manuel Pazos, Zizi, Chiña, O'Mighelo, Teresa Búa, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, Mónica Noya, Sar, Oti Fernandez, Pedro Tasende, Peter Kramer, Yano Yoro, Santi Picos e Clara Toba.

As Miradas destes 32 artistas da Costa da Morte xa están expostas na Sala de Exposición Alberto Gende do Pazo da Cultura de Carballo ata o 5 de xaneiro, e en horario de 17.30 a 20.00 horas.

O pasado venres tiña lugar a inauguración da man dos poetas Rosalía Fernández Rial e Paco Souto, que ofreceron o recital "Dúas miradas".

Unha exposición que nace con vocación de vertebrar a bisbarra a través da arte e que aglutina a autores e autoras de traxectorias moi distintas e de modalidades artísticas que abarcan a pintura, a escultura, a fotografía ou o gravado.

Paco Souto e Rosalia Fdez Rial na inauguracion da mostra Miradas 2 de Carballo

Como nace "Miradas 2"

A orixe desta iniciativa tivo lugar cando no ano 2011 a poetisa muxiana-carballesa Rosalía Fernández Rial xuntou nun proxecto poético a seis creadores con diferente traxectoria artística para a creación dun libro chamado "Átonos". Deste libro xurdiu a complicidade entre varios destes artistas que intentaron levar a cabo un proxecto maior en forma dunha exposición colectiva. Nela, creadores vinculados a Muxía e Carballo, así como aqueles de adopción por amor a un dos dous lugares, pretenden amosar as diferentes inquedanzas e técnicas que existen na zona, así como poder dar a coñecer artistas que, aínda que teñen no seu haber unha grande traxectoria no mundo artístico, poden chegar a pasar desapercibidos na comarca.

Mostra Miradas 2 en Carballo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios