Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O peche de Talía Teatro e a estrea de Carrachanacacha os pratos fortes da última Mostra de Teatro de Cee

O peche de Talía Teatro e a estrea de Carrachanacacha os pratos fortes da última Mostra de Teatro de Cee

Unha vez dixerida, malamente, a nova de que esta, a do 25 aniversario, será a última Mostra de Teatro de Cee, queremos repasar o cartel. Xa sabedes que o programa cultural abrangue 4 días de Mostra, que se celebrará do xoves 23 ao domingo 26 de agosto. E serán 5 funcións diarias, agás o domingo, cando se procederá ao peche na penúltima sesión coa obra a href="/articulo/cultura/talia-teatro-non-ten-pelos-na-lingua/20110218201251067127.html">Pelos na lingua, da eterna organizadora Talía Teatro.

Pero a Mostra terá moito máis, e coma sempre, para todos os públicos, dende os máis novos, aos máis traisnoitadores. As obras son de balde, agás as das 21:30h e das 0:00h, que manterán o prezo de 3 e 2€, respectivamente. Iso si, hai abono, por 15€, que se ben non implica un aforro excesivo, si que supón o asegurarse praza, pois xa sabemos que as colas dos anos anteriores foron grandes, e se ben aínda non está disponible a pantasma Casa da Cultura, prevese que este ano aconteza o mesmo e quede moita xente fóra.

O propio Artur Trillo destacaba que un dos pratos fortes será a estrea da obra de Carrachanacacha "Cipriano de Bequelar", pero imos repasando, hora a hora, as citas:

Cada mañá, ás 12:30h teremos Sesión Infantil no Salón de Actos do Concello. Aí estarán a "Pequena" dos anfitrións, como as "Baleadas" de Traspediante, os Ghazafellos ou Os Contos de Pablísimo.
Hai unha sesión especial na Escola de música o venres con Caramuxo Teatro ás 17:00h para a que hai que reservar praza.

Ás 19:00h será a hora da primeira sesión de Rúa Aberta, na Alameda de Cee, pois este ano a novidade é que hai dúas citas, coa segunda marcada para ás 20:15h. Os Títeres de Tres Globos e Cachirulo, a Zíngara de Leidy Maharetm a Isla le Triscam o clown Rudi Rudi, a maxia de Peter Punk, os Assircopatas ou as risas dos 7 magníficos+1 farán as delicias de nenos e pais.

As citas máis teatreiras

A sesión forte sempre é a da Noite, ás 21:30h, que se completa coa Sesión A Deshora das 0:00h. O xoves terá lugar a estrea de Carrachanacacha e será o fenómeno Celso Sanmartín o que peche a noite cos seus "Contos que non falten", facendo unha fermosa viaxe pola indiosicrasia máis auténtica do país.
Para venres toca Teretella Teatro e o seu "Un Corazón perfecto", e será Teatro do lume quen peche con "A que non podes dicir cocacola?".
O sábado Quico Cadaval protagonizará a sesión forte coa súa "A Vida dura", e Tirita Producións pechará a noite.
E para o domingo, o peche, o que de seguro será un tremendamente emotivo último peche da última (esperemos que non derradeira) Mostra de Teatro de Cee, será con Talía Teatro e o seu "Pelos na Lingua".

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios