Os cemiterios carballeses recuperan o galego para sempre


Mentres nas "parroquias d@s viv@s" a maioría da xente se relaciona en lingua galega, só unha de cada mil lápidas das "parroquias d@s mort@s", dos cemiterios está en galego, e tan só un 2 por cento das notas necrolóxicas dos xornais.
Curiosa premisa da que parte a interesante proposta que veñen de asinar esta mañá de 31 de outubro no Concello de Carballo as cinco funerarias que operan no municipio (San Antonio, Santa Marta, Bergantiños, San José e A Milagrosa). A iniciativa "Galeg@s para sempre" ten como obxectivo visibilizar o uso do galego no momento do pasamento.
A declaración "Galeg@ para sempre" foi asinada polas 5 funerarias, e tamén por diversas persoas a nivel individual, coa que se recoñece a lingua como factor principal da galeguidade e coa que as persoas asinantes declaran que a lingua galega é a súa lingua propia, que se senten identificadas con ela e a que queren que se use para seren lembradas.
O acto tamén serviu como adhesión simbólica do Concello á declaración do Día da restauración da memoria lingüística, promovida pola Asociación de Funcionarios/as para a Normalización Lingüística.
Novas relacionadas
- Os nenos porán o broche a un gran FIOT.
- As funerarias de Carballo traballan en Galeg@ para sempre.
- A Xunta comprométese a traballar coa Asociación de Medios en Galego.