Martes. 17.09.2024
El tiempo

Os emigrantes retornados renderon homenaxe en Coristanco á primeira vítima da estafa de Facenda

Os emigrantes retornados renderon homenaxe en Coristanco á primeira vítima da estafa de Facenda
Homenaxe dos Emigrantes Retornados en Coristanco

Emitova, moi emotiva foi a homenaxe que a Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados, levaron a cabo a pasada fin de semana a unha veciña de Coristanco. Foi a "Homenaxe a Mª Ángeles Lorenzo Rey”, coñecida como a primeira vítima mortal da estafa da facenda española ao colectivo de avós e avoas de Galicia, que na súa xuventude tiveron que emigrar e mandar os cartos as súas familias.

Unha problemática na que se atopan centos dos nosos maiores, que para visibilizar a problemática, celebraron este Acto Nacional de Homenaxe cun par de momentos claves, sempre acompañado polo fillo da vítima, Gonzalo Leis Lorenzo. A cita arrincou cunha concentración na Praza do Concello de Coristanco. Armados con faixas, piruletas, cartaces, asubíos, cazarolas... e moitos berros e algún que outro lazo negro, reivindicaron as demandas que agora analizamos.
Ademais, dende a Praza partía unha pequena Manifestación ata o Cemiterio de Erbecedo/Silván, só coa faixa da Coordinadora Nacional de Emigrantes Retornados (Plataformas Comarcais, por todo o País). Simbólico foi o último treito, dende o cruce da estrada ao cemiterio, cunha marcha en completo silencio.
Ao chegar, entregaron a ofrenda floral mentres lían a Rosalía.

Homenaxe dos Emigrantes Retornados en Coristanc

Demandas de Xustiza

Homenaxe dos Emigrantes Retornados en Coristanco

O colectivo de Emigrantes Retornados, só pide: “xustiza e igualdade entre todos os pensionistas (emigrantes ou non), xa que prodúcese unha dobre vara de medir”:

  • Namentras un emigrante que reciba ao ano máis de 11.200€, ten que tributar e pagar.
  • Un xubilad@ español, se non chega aos 22.000€ anuais, está exento de facer a declaración do IRPF, e, polo tanto, tributar.

Deste xeito, as demandas solicitadas polo colectivo de Emigrantes Retornados, son:

  • Modificación da Ley 35/2006 do IRPF, coñecida polo de "dous pagadores”.
  • Non ao carácter RETROACTIVO (5 anos atrás), xa que, na facenda (axencias tributarias), cando fumos a preguntar o sistema, sempre se nos dixo, que iso (pensión do estranxeiro) é cosa súa e do estado onde emigrou. Alguén cre que 250.000 galeg@s puxéronse dacordo para non tributar?
  • Devolución inmediata de todo o pagado (cobrado indebidamente) e de oficio.
  • Paralización dos expedientes en curso e non enviar máis requerimentos.
  • Restitución da nosa honra.
  • Borrón e conta nova. Campaña masiva de difusión á cidadanía, polos medios e carta individualizada a cada afectad@.
Homenaxe dos Emigrantes Retornados en Coristanco Homenaxe dos Emigrantes Retornados en Coristanc Ofrenda Floral dos Emigrantes Retornados a M Angeles Lorenzo Rey

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios