Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os Fondos Mariños serán os protagonistas V Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte

Os Fondos Mariños serán os protagonistas V Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte

Segue o longo proceso de formación do V Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte, que artella a empresa ceense Suministros Lar. Un proceso que leva varios meses, ata que os alumnos dos 8 centros educativos e 3 asociacións participantes terán que expoñer as súas obras para a grandísima final, que terá lugar a comezos de verán (a finais de curso) na empresa ceense.

E xa temos tema principal do certame, pois como sabemos, cada ano a empresa decide un tema arredor do que teñen que facer as súas obras. Se o ano pasado eran os xogos tradicionais, este ano serán os Fondos mariños os protagonistas. A idea é sensibilizar aos mozos co mar e a súa fonte de riqueza. I é que cómpre lembrar que Galicia máis quilómetros de costa que o resto de España xunta.

Nesa liña de concienciación, a entidade vai organizar unha conferencia para os Institutos e asociacións participantes deste ano. Esta xornada que terá lugar na Casa da Cultura de Corcubión o xoves 12 de xaneiro ás 11:00h, e os relatores son Miguel San Claudio, arqueólogo submariño especializado na investigación do patrimonio cultural submarino da Costa da Morte (xa ten descuberto no último verán 4 novos tesouros en forma de pecios na augas da ría de Corcubión), e Milucho Louro representante da iniciativa Mar de Lira que avogan pola dinamización de contorna mariña.

Máis datos

Ademais, o formato do mural será unha peza de formigón de 1.000 Kg de peso en forma de Vela dun barco, suxeito cunha peza de ferro en forma de Ombreiro de Mar, e cunha varillas de ferro simulando os cabos de suxeción das velas.

Como en anos anteriores repartiranse 3.000€ en premios entre os participantes gañadores.

Novas relacionadas

Máis novas

  • II Concurso de Murais 2008: O certame de murais de azulexo deixa premios a catro dos sete participantes.
  • II Concurso de Murais 2008: O concurso benéfico máis internacional.
  • Fonte

    Comentarios