Os lenzos dos Trazos do Mar toman o Faro Vilán

09:05 02/10/13

Despois da exitosa exposición de pintura chinesa da artista Yano Yoro e do curso da técnica sumi-e impartido durante esta última fin de semana pola artista acompañada do gran mestre chinés Li Chi Pang, a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas inagura este mércores 2 de outubro ás 19h unha nova exposición.
Trátase da nova exposición de pintura "Trazos do Mar" de Antonio C. Abalde na que a través dos seus lenzos representa diversos paisaxes galegos, e que para esta exposición no Faro Vilán de Camariñas elixiu sobre todo os relacionados co mar e máis identificativos da nosa costa.
Poderase visitar ata o 31 deste mes todos os días excepto luns e martes.
Novas relacionadas
- O Faro Vilán supera os 26.000 visitantes durante o verán.
- 5 Grandes Mestres Mundiais participarán no Torneo Internacional de Xadrez Entre Faros.
- A Oficina Turística do Ézaro case duplica visitantes no verán.
- Por unha oficina de información turística no Faro Fisterra independiente e eficaz.
- O Faro Vilán dialoga co vento e a arte chinesa.
- O Faro Vilán máis vivo que nunca.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).