Os peques do CEIP Bergantiños tamén crean audiovisual
Como nos gusta comprobar que a canteira creativa da Costa da Morte está a vangarda creativa de Galicia. Xa temos disfrutado de premios por Vimianzo ou Muros, e este ano toca irmos por Carballo, ata o CEIP Bergantiños.
Alí, os rapaces veñen de gañar o IV certame Nós tamén creamos!, promovido pola promovido pola Consellería de Cultura e Educación en colaboración coa Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) e con OQOeditora no marco do programa de dinamización lingüística do mesmo nome. Unha iniciativa que nace coa idea de converter o alumnado, non só en receptor de cine en galego, senón tamén en creador, e que recoñece as mellores curtas de animación en galego elaboradas partindo de contos coa técnica stop-motion.
Os pequenos carballes fixeron esta xoia: “A voda dos ratos”, que recibíu o premio na modalidade de educación infantil. Xunto as carballeses, os outros premios son: na categoría de primeiro e segundo de primaria, o traballo galardoado foi “Quen levou a lúa?”, do CEIP da Torre-Illa, da Illa de Arousa, e na de terceiro e cuarto de primaria recoñeceuse a curtametraxe “A min non me comas!”, do CEIP Carlos Casares de Nigrán.
De acordo coas bases do concurso, cada un destes centros recibirá un lote de libros de OQOeditora, un agasallo da TVG e mais un diploma acreditativo. Ademais, o profesorado participante nas curtas premiadas recibirá da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria unha certificación de Premio de Innovación Educativa.
Novas da mocidade tralas cámaras
- 2014: Mozos de Muros gañan un certame audiovisual para promocionar o consumo responsable.
- 2012: IES Terra de Soneira: Preparados, móbil, acción.
- 2012: As curtas cun móbil dos alumnos do IES Terra de Soneira.
- 6 vídeos de terror para lembrar o Samaín e promover o uso do galego na escola.
- A mocidade de Ponteceso Rec.Apacita sobre a Violencia de Xénero con spots audiovisuais.
- As curtas da mocidade da Costa da Morte contra a violencia de xénero.
- A Illa do Lixo. Unha nova xoia audiovisual do IES de Baio.
- Un sitio distinto: A primeira serie de animación con D.O. Bergantiños.
- O apagón do torreiro.
- Illados, unha nova documental sobre a idiosincrasia da Costa da Morte.
- Un solpor peregrino ao son do chelo.
Fonte
- Redacción de QPC (infø@quepasanacosta.gal).