Xoves. 12.12.2019
El tiempo

Os socios e colaboradores salvarán o Casino cos seus microcréditos

Os socios e colaboradores salvarán o Casino cos seus microcréditos
Concorrida a histórica asemblea de onte no Casino Concorrida a histórica asemblea de onte no Casino Aproximadamente 80.000€ terá que xuntar a directiva para salvar o Casino 1889 da especulación. O centenario espazo cultural celebraba onte unha "histórica" asemblea, que demostrou o poder da comunidade, o sentimento de unidade que ten colleitado ao seu arredor. E conseguir ese sentimento de comunidade, nestes tempos que corren, e entre xentes tan dispares, non é nada doado. 80.000€ son os cartos necesarios para facer valer a demanda de retracto á que pode ampararse o Casino como arredantario do inmoble durante tantos anos. Un recurso que aínda está pendente dun xuíz, e que ten uns 60 días para concretarse, pero a directiva non quere deixar pasar nin dúas semanas para aproveitar este tsunami de solidariedade para facer efectivo o pago de devandita cantidade nos Xulgados. Asemblea do Casino de Carballo 1 Moi heteroxénea é a comunidade #Casino1889 ”O de onte foi un auténtico chute de adrenalina, unha resposta á altura do reto”, cóntanos o presidente da nova directiva Vítor Lorenzo. “Falta concretalo, pero a asemblea foi moi concorrida, e para min, máis alá do esforzo económico que parece que van facer tantas e tantas persoas, o imporatnte é a unión e a idea de comunidade que se demostrou na asemblea. Unha asemblea heteroxénea, de idades, idioloxías… e ao final a xente obvia esas diferencias para salvar este proxecto”, relata orgulloso desta “campaña de democratización”.

Campaña de microcréditos

Agora o proceso está recadando eses cartos. Xa é público o número de conta (Abanca: ES90 2080 3118 1430 4000 6165) para que os socios e non socios, poidan facer ata este luns os seus préstamos ou doazóns (cómpre especificado no concepto). E parece, tralo acontecido onte, que poderán chegar a esa cifra a través das colaboracións e dos Microcréditos privados (estes formulados unicamente para socios) . Deste xeito, seo xuíz aproba a demanda de retracto e o Casino se fai coa propiedade do edificio, pedirán un crédito para devolver os préstamos. Todo dependerá da xuntanza deste vindeiro luns 27 de setembro ás 21:00h, onde unhas 15 persoas, entre elas importantes [email protected], xuntaranse coa directiva para analizar a cantidade necesaria para aportar.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-casino-de-carballo-ou-como-a-cultura-pode-ser-pasto-da-especulacion/

Comentarios