martes. 12.11.2024
El tiempo

Preparando as 7 Herbas de San Xoán

Preparando as 7 Herbas de San Xoán
herbasSanXoan

Queda nada para unhas das festas que máis medra nos últimas anos na Costa da Morte. As cacharelas e as sardiñas son xa claves no comezo do verán costeiro, con grandes citas do San Xoán, que repasaremos mañá. Pero hoxe, toca facer un repaso sobre o procedimento místico das herbas do San Xoán.

Un proceso que comeza coa colleita das prantas nos bosques do arredor da casa para facer un ramiño. O ramo dividirase en dous, un para o caldeiro e outro que se colgará dunha porta ou dunha ventá, sempre de algo que dea ao exterior, para manter alonxadas ás meigas. Este, ao cabo do día de San Xoán, hai que deixalo secar e así nos protexerá do mal aire.

O outro ramo, o que vai no caldeiro para lavármos a cara na mañá do San Xoán tamén ten o seu punto. Aquí é onde se colocan as flores varias que collimos, non no ramo das meigas. Ademais,temos que ter coidado de que ao caldeiro só lle dé a lúa de San Xoán, de feito que habemos erguernos ben cediño pola mañá par evitar que o sol do mencer lle quite o poder purificador.

Escollendo as 7 herbas

As 7 herbas de San Xoan-Fonte-Mario Maceiras

Hai milleiros de teorías e de variantes, e dende xente que colle somente 7, e esas 7, outra xente baixa e vai collendo vagariño. Cada familia ten o seu xeito, e cada zona, os seus costumes. O caso é chegar a casa e deixalas nun boa boa cubeta para que na mañá seguinte ese auga cheire de marabilla e nos purifique.

Aproveitándonos da imaxe realizada por Mario Maceiras, e falando con sabias da zona, facemos a nosa colleita.

  • Nós collimos espadana de río e codeso, especie de xesta pero máis pequeniña, ambas serán as responsables de librarnos das malas envexas.
  • Tamén coléronnos fiuncho, corre os malos espíritus e é especial contra o mal de ollos.
  • Malva de olor, que o cura todo: resfriados, bronquitis, afeccións dixestivas, nervios, etc. e segundo di o dito: "cun horto e un malvar hai menciñas para un fogar".
  • Herba Luisa, boa para as dores de estómago e barriga e contra os gases e os dores de cabeza, pero ademais é especial para os amoríos.
  • romeu que ademais de ser a herba que protexe e purifica os fogares galegos por excelencia, e bon para a reuma, artritis, trastornos do sistema circulatorio, depresión, etc.
  • Fieito (ou fento) real, de río especialmente, que é un antiparásito moi bo.
  • Outra das 7 herbas esenciais é, por suposto, a Herba de San Xoán, que como di o dito "A herba de San Xoán limpa a cara de grans", alén de estar considerada unha planta especial contra o demo…

Ademais de todas estas no ramo tiñamos vieiteiro, lavanda, cardo santo, ortensia, e algunha flor como os xeranios. Todo para que quedemos libres de males e de meigallos xa que unha lavadiña matutina con ese auga tan ricamente olorosa, rexuvenece a calquera.

Fonte

Comentarios