Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os voluntarios recuperarán a Torre dos Mouros

Os voluntarios recuperarán a Torre dos Mouros

A semana pasada dabamos conta do Proxecto de recuperación patrimonial A Torre dos Mouros. Hoxe contamos o que propçon concretamente a área de Cultura e Deporte do Concello de Carnota, que fai un chamamento á veciñanza de Carnota asi como a todas as persoas interesadas na posta en valor do patrimonio galego para colaborar nesta acción de voluntariado bautizada como "Proxecto Torre dos Mouros". Un proxecto que aspira recuperar a Torre dos Mouros "neodescuberta" recentemente no Monte do Castro en Lira (Carnota).

Os traballos, que se desenvolverán ao longo do verán en 3 fases, centraranse en efectuar un desbroce superficial de todo o conxunto, con especial énfase en identificar 3 estruturas murarias, asi como tratar de averiguar a súa datación e funcionalidade, que seguen a ser unha completa incógnita. Para iso o proxecto, cuxa dirección arqueolóxica recaerá de xeito altruista en Antón Malde, conta coa colaboración de varias asociacións veciñais.

Asi mesmo prevese un importante esforzo na comunicación dos avanzos que coordinará Manuel Gago, un dos descubridores e divulgadores da Torre, a través da plataforma PatrimonioGalego.org.

Como participar

O Concello de Carnota xa solicitou os permisos necesarios á Dirección Xeral de Patrimonio, e coordinará uns traballos que xa comezaron a pasada fin de semana coa limpeza e axeitamento do camiño de acceso ao sitio arqueolóxico. Ademais o municipio facilitará avituallamento e enseres necesarios a cada persoa que desexe contribuir nos traballos. Para anotarse, poden entrar na páxina http://www.concellodecarnota.com/torre-dos-mouros/voluntariado, escribir a [email protected] ou ben chamar ao teléfono 981 85 70 32.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios