Martes. 08.10.2024
El tiempo

QPC cumpre #10anos

QPC cumpre #10anos
10anosQPC-10 anos Quepasanacosta Pasaron xa 10 anos dende aquela primeira nova que lle daba vida a Que pasa na Costa un 27 de xullo de 2007; un diario dixital que naceu co fin de dar información "ao momento" sobre o que está a acontecer na Costa da Morte. Ao longo destes dez anos pasaron por aquí ducias e ducias de colaboradores que fixeron que pouco a pouco fósemos medrando. A realidad é que QPC non parou de medrar ao longo destes dez anos. Ampliamos a nosa plantilla pasando de unha a tres persoas grazas aos ingresos que proceden maioritariamente da publicidade. Así que merecen unha mención especial todas esas pequenas (para nós grandes) empresas da Costa da Morte que apostaron por QPC e grazas ás cales o proxecto puido consolidarse. Iso é o que nos fai libres para ofrecer un xornalismo sen cores e comprometido cos valores sociais. Cada día son tamén máis lectores os cren no noso proxecto visitando a nosa páxina. Así, sodes máis de 25.000 persoas as que cada semana accededes a QPC. Curiosamente a maior parte das visitas chegan a través da páxina de Facebook de QPC que a día de hoxe conta xa con 20.000 siarieros; 4.000 máis que o anos pasado.

QPC e o futuro

E para seguir medrando como até o de agora, temos un novo reto: crear a app de QPC para facilitar a lectura a través dos dispositivos móbiles. Ademais a aposta polo Fútbol da Costa segue moi clara, traendo a través da plataforma www.futboldacosta.com o único carrusel tecnolóxico en tempo real de todo o fútbol modesto galego. Unha nova APP tamén parece estar en camiño.

Programa #10anosQPC

Estamos perfilando unha serie de accións arredor do 10º aniversario. Intentaremos abrirnos un pouco e que sexan os que foron e seguen sendo membros intrínsecos da familia QPC os que conten o devir do proxecto. Faremos unha serie de entrevistas a xentes da casa, e tamén pediremos a varios dos nosos columnistas que máis tempo con nós, que nos conten que é para eles esta fiestra comunicativa. Ademais, intentaremos levar QPC ata os institutos, co afán de amosar que o xornalismo é algo moi cercano, e que os proxectos lévanse adiante con vocación, emprendemento, ilusión e moito traballo. Aínda que vos seguimos necesitando para contarvos que é o Que Pasa na Costa, é o momento de dar as grazas por estar aí e por facer que a comunidade QPC sexa cada día máis grande.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios