Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Queremos galego chama á mobilización contra os ataques á lingua

Queremos galego chama á mobilización contra os ataques á lingua

O sábado 21 de abril, o Plenario da plataforma cidadá "Queremos Galego" da zona de Bergantiños-A Costa da Morte reuníuse no local da asociación veciñal "Campo da Feira" en Paiosaco en asemblea aberta para continuar coa organización dos traballos de cara á gran manifestación que a Plataforma Cidadá ten convocada en Compostela para o Día das Letras Galegas baixo o lema de "Paremos os ataques contra o galego".

"Nos tres anos de goberno galegófobo presidido por Feijoo", denuncian dende o colectivo, "non se produciu nin un só adianto para o galego, e pola contra o goberno da Xunta amósase máis preocupado en atacar a lingua propia e destruír a súa oficialidade que en resolver os verdadeiros problemas que o pobo galego sofre nivel económico, cultural, educativo, etc..."

Desde a Plataforma Cidadá animan a mobilizarse xusto cando se cumpren tres anos da primeira das multitudinarias manifestacións que se sucederon nos últimos anos contra a política de desmantelamento da cooficialidade lingüística emprendida polo goberno de Alberto Núñez Feijoo, precisamente as mesmas políticas que impulsaron á sociedade galega á creación da plataforma "Queremos Galego".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da Plataforma Queremos Galego en Bergantiños e A Costa da Morte.

Comentarios