Queremos galego chama á mobilización contra os ataques á lingua
O sábado 21 de abril, o Plenario da plataforma cidadá "Queremos Galego" da zona de Bergantiños-A Costa da Morte reuníuse no local da asociación veciñal "Campo da Feira" en Paiosaco en asemblea aberta para continuar coa organización dos traballos de cara á gran manifestación que a Plataforma Cidadá ten convocada en Compostela para o Día das Letras Galegas baixo o lema de "Paremos os ataques contra o galego".
"Nos tres anos de goberno galegófobo presidido por Feijoo", denuncian dende o colectivo, "non se produciu nin un só adianto para o galego, e pola contra o goberno da Xunta amósase máis preocupado en atacar a lingua propia e destruír a súa oficialidade que en resolver os verdadeiros problemas que o pobo galego sofre nivel económico, cultural, educativo, etc..."
Desde a Plataforma Cidadá animan a mobilizarse xusto cando se cumpren tres anos da primeira das multitudinarias manifestacións que se sucederon nos últimos anos contra a política de desmantelamento da cooficialidade lingüística emprendida polo goberno de Alberto Núñez Feijoo, precisamente as mesmas políticas que impulsaron á sociedade galega á creación da plataforma "Queremos Galego".
Novas relacionadas
- Arrinca un Festiletras con 30 anos de bulir cultural.
- Un Festival para darlle Vitaminas á comunicación en galego.
- O larachés Xosé Cotelo é o novo responsable da Mesa na zona de Bergantiños.
- Queremos Galego leva unha ILP ao Parlamento para garantir o uso do galego nas administracións.
Máis novas
- Os medios en galego importan.
- Aumentan as matrículas e diminúen os profesores para o novo curso.
- Carballo maniféstase contra o Decreto do Galego no ensino.
- A Costa escoitou as 55 mentiras sobre o galego .
- O currunchiño da lingua: Non entendo nada.
- Historias Nómades: Galicia Lingüe.
- Carta de Laura, estudante do IES de Baio, ao Presidente da Xunta: "Que sorte ter isto dos idiomas!".
- A Costa tamén quere galego .
Fonte
- Nota de prensa da Plataforma Queremos Galego en Bergantiños e A Costa da Morte.