Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Rafael Lema presenta o seu novo poemario sobre o Monte Pindo

Rafael Lema presenta o seu novo poemario sobre o Monte Pindo
Alturas do Monte Pindo-Libro de Rafael Lema

Esta fin de semana, a Librería Ler de Santa Comba celebra a presentación de dous libros con dous denominadorer comúns, o verso e o apelido Lema. Os irmáns xornalistas Rafael e Xosé Manuel Lema presentan sendos libros, un máis relacionado co Olimpo Celta e outro de historias e lendas.

Rafael Lema presenta "Alturas do Monte Pindo", un libro xa galardoado co Premio Ardeiro do Concello de Negreira. O libro non ten nada que ver cos incendios pero ten unha casualidade case que premonitorios. A natureza mestúrase ca mística, tamén nunha liña reivindicativa en clave de conservación, para levarnos de viaxe por esta paraxa natural, aínda non tomada polas cinzas.

Ademais, Xosé Manuel Lema presentará o seu "Cartafol de Néboas". A cita do venres 4 de outubro ás 20:00h na librería Ler será unha agradable velada poética.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios