O Nenoserpe viaxa polas pedras do Monte Pindo


Que mellor marco para un libro infantil cheo de fantasía e maxia que o Olimpo Celta costeiro. Así o pensou David Hidalgo, autor carno-catalán no seu novo libro "El Nenoserpe. Cuentos del Monte Pindo". Trátase dun conto ilustrado que sobre unha persoa que se perde entre o granito rosado do monte e atopa un pequeno home verde que lanza bellotas, ou un neno simpático e bonachón medio neno-medio serpe.
Un libro que nos axuda a comprobar o grande que é o mundo e toda a maxia que ten. Un libro que segue engrandecendo o imaxinario do noso vindeiro Parque Natural.
Encantados estamos de anuncialo aquí, pois xa o podedes adquirir para o voso e-book e así poder lerllo aos vosos pequenos. Só tendes que descargalo nesta ligazón de "A Casa do Libro" por 0,99 euros:
Novas relacionadas
- A antoloxía poética do Monte Pindo trae xa os seus versos do Olimpo.
- “Monte Medulio”, un novo libro sobre o Olimpo Celta.
- Unha Semana moi literaria para os pequenos de Dumbría.
- Rivadulla Corcón gaña o seu cuarto Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil.
- 7 autores demostran que a Costa da Morte é unha potencia en literatura infantil.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).