Senda Nova ensina ás novas xeracións o amor pola Natureza e a Paisaxe
A entidade medioambietalista Senda Nova vén de rematar primeira edición do programa Semanas de Natureza e Paisaxe. Dende abril veñen realizando actividades, pensadas para os máis pequenos, coas que concienciar do noso meirande tesouro: o patrimonio natural.
Unhas xornadas que arrincaban cun Obradoiro de bioconstrución e que remataban a pasada fin de semana cun obradoiro de observación e convivencia, no cal uns 15 rapaces e rapazas xunto cos voluntarios/as da entidade, compartiron horas de xogo, diversión, convivencia e superación.
Compartindo unha noite ca lúa
A idea era a de pasar unha noite no monte, así de simple pero así de valiosa. Aló foron, cargados co seu material para pasar a noite e sobre todo, cargados de ilusión. Xogos pero tamén sesión ao máis puro estilo “boy scout”, aprendendo tamén a utilizar e montar material de sendeirismo e montaña, material para pernoctar fora.
Sempre son emotivas estas noites en natureza. Sobre as 22:30 horas dispuxéronse a cear todos xuntos ao redor dunha luz de gas, compartindo as ricas comidas que os seus pais e nais lles prepararan durante o día. Unha auténtica clase de convivencia e de bo facer a que nos deron os máis pequenos.
Aínda houbo tempo para inspeccionar a zona cunha pequena camiñada, disfrutando, sen lanternas, da visión nocturna. Paxaros piando na noite, estrelas fugaces, o ruxir do vento movendo as follas das árbores, lucecús, un auténtico paraíso moi preto das casas, que puideron descubrir grazas a escuridade e o silencio da noite.
As típicas risas e comentarios antes de durmir, e ata mañá. Precisamente a mañá foi para compartir experiencias e conclusións, todas moi positivas e sorprendentes.
Os voluntarios, un tesouro de Senda Nova
Rematoiu así a primeira edición das Semanas de Natureza e Paisaxe, gracias á colaboración de todos os que axudan á entidade. O Obradoiro de Bioconstrucción de Elena e Roberto, o achegamento á apicultura de man de AGA, a iniciación á fotografía paisaxística con Patricia, e as actividades que realizaron os voluntarios/as da entidade como a charla de Herbas mediciñais cos alumnos/as do CEIP Bergantiños, a saída ornitolóxica cos alumnos do CEIP Bormoio-Agualada, e o Obradoiro de Observación e convivencia co que pechamos o programa de actividades.
Que sigan colaborando tanto e que Senda Nova siga creando estas actividades.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte foi a zona con máis conciencia na Limpeza Simultánea de Praias.
- 3 ríos costeiros, un pouco máis limpos co Proxecto Ríos.
- Ortigarse polos ríos de Sofán.
- Senda Nova constrúe o futuro cas propias mans dos seus cativos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])
- Senda Nova