Martes. 07.05.2024
El tiempo

Sés abrirá unha renovada Praza dos Libros de Carballo

Sés abrirá unha renovada Praza dos Libros de Carballo
A Praza dos Libros de Carballo renóvase. Durante catro días pasarán pola varios autores e autoras de máxima actualidade, haberá actuacións musicais de primeira liña e grandes espectáculos para todos os públicos. E todo combinado cunha nova imaxe que xa se pode contemplar a través do cartel inspirado, en certo punto, na pregoeira desta edición: Sés. María Xosé Silvar regresa unha vez máis a terras carballesas, onde ten raíces, para inaugurar a nosa Praza dos Libros o vindeiro 5 de xullo. Só catro días despois de pechar o xan Xoán cunha das actividades máis carballesas de todo o programa, a Festa do Bosque, desde a concellaría de Cultura, que conta coa colaboración da Fundación Luis Calvo Sanz, continuamos a festa, neste caso a festa da creatividade cultural. A Praza dos Libros encherá de animación o Xardín Municipal entre o 5 e o 8 de xullo. Haberá presentacións literarias, gastronomía, música, obradoiros, agasallos... Todo iso reunido nun programa que o concello de Carballo detallará en breve. Novas relacionadas Fonte

Comentarios