Talía Teatro non ten “Pelos na lingua”
          
    21:12 18/02/11 
            
Presentado oficialmente na zona o novo espectáculo de Talía Teatro, “Pelos na lingua”. Se hai escasamente 2 meses a compañía ceense presentaba "Carta Urxente para Maximino Toxo", este pasado venres 18 de febreiro convocaban aos medios para presentar a nova obra en Carballo, onde farán a estrea o vindeiro 25 de febreiro.
I é que están que non paran. Nestes momentos son 7 os espectáculos que a compañía ten en marcha ao longo do país. E sende a súa constitución, fai xa vinte anos, teñen estreado a friorenta de 29 espectáculos.
O último foi presentado da man do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e a Concelleira de Cultura Belén Lendoiro, que escoltaron aos Avelino González, o director do espectáculo; e os actores, Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez.
Moita lingua
Como comentaban os propios protagonistas, "esta comedia, dalgún xeito, podería considerarse a segunda parte de "Bicos con lingua", a obra máis representada da historia do teatro galego, coa que a compañía visitou lugares tan dispares como París, Vitoria, Barcelona ou Brasil. Pero non se trata dunha segunda parte como unha continuación da liña argumental, senón que se está a traballar o mesmo tema coa mesma estrutura, aínda que desta vez tratando de darlle un enfoque distinto".Un espectáculo para todos
“Pelos na lingua”é un espectáculo estruturado en sketches que fala dos usos e abusos que sofre a lingua galega. E efectivamente está dirixida tanto aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non o galego, aos que pensan que o galego é a lingua que debería falar todo o mundo, aos que pensan que debería ser o inglés o idioma que falase todo o mundo, aos que pensan que a maioría dos galegos falan castelán, aos que pensan que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, mestres, alumnos, actores, actrices, carpinteiros, todos e todas...Actuacións na zona
O vindeiro venres 25 de febreiro, ás 21:00h actuarán no Pazo da Cultura de Carballo. E farán o propio o 19 de marzo en Cee.Novas relacionadas
- Talía Teatro leva os seus Bicos con Lingua por todo o planeta.
 - Talía Teatro estrea "Carta Urxente Maximino Toxo.
 - Talía Teatro estrea Volpone.
 - Talía Teatro leva 2 premios nos María Casares .
 - Crónica de Palabras encadeadas en Cee: éxiTO TOTAL TALía.
 - Estrea de "E ti quen vés sendo?": Mellor estrea imposible para o Talía Teatro en Cee.
 - "E ti quen vés sendo?" tamén é "Y tú, quién eres?".
 - Un artigo de Darío Areas: Cee e a súa tradición teatral.
 
Máis novas de Talía Teatro
- En marcha a 23ª Mostra de Teatro de Cee.
 - 22 Mostra de Teatro de Cee: Outra nova Mostra do que gusta o teatro na Costa.
 - 21 Mostra de Teatro de Cee: Un ano máis de teatro en Cee con Talía .
 
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
 - Nota de prensa de Talía Teatro.
 - Nota de prensa e foto da rolda de prensa do Concello de Carballo