sábado. 03.05.2025
El tiempo

Tokio Sex Destruction, Cápsula e Terbutalina prederán lume ó Rockin Carballo

Tokio Sex Destruction, Cápsula e Terbutalina prederán lume ó Rockin Carballo
Cartel do Rockin Carballo 2015

Este verán o rock vai fundirnos os miolos. Xa temos cartelón para o Castelo Rock e mais para o Nodestazo, e de preto séguelles xa, pegando un salto cualitativo este 2015, o Rockin’Carballo. O festival do San Xoán carballés chega con grandes nomes, como Tokyo Sex Destruction, Terbutalina, Los Esquizos, Arabian Evils ou Antón Dj, que acompañarán á mítica banda arxentina Cápsula no cartel.

Este festival de rock alternativo vai medrando ano tras ano é nesta cuarta edición, contará con dúas bandas internacionais como son Tokyo Sex Destruction e Cápsula,dous grupos que destacan polo seu potente directo. Con eles, cómpre destacar tamén aos muradáns Terbutalina, que veñen de recibir o Premio da Música Independiente ao mellor album en galego.

O festival quere manter parte da súa orixe dando cancha ás bandas locais e creando canteira rokeira, e aí estarán os carballeses Arabian Evil, que están pechando a súa primeira xira galega. Así, ademais do elenco rokeiro, Antón Dj rematará a festa.

Festivais de Carballo

A organización recoñece que esto parte dun “noivado” entre o Rockin’ e o Sereas e Piratas, outro festival carballés de referencia, a raíz dunha colaboración mutua que esperan que non sexa só un amor de verán, senón que se converta en matrimonio, comentou. En calquera caso, Deus destaca que xa se pode falar da marca “Festivais de Carballo”, na que estarían incluídos o Rockin’, o Sereas e Piratas e o Xiria Pop, todos eles festivais “que se fan co corazón”, comenta un dos membros do San Xoán.

Estes son Cápsula:


Estes os Tokio Sex Museum:


E estes os carballeses Arabian Evils:


E non nos poden faltar os muradáns de Terbutalina:


Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios