martes. 13.05.2025
El tiempo

Ule a Nadal na #axendaCostadaMorte

Ule a Nadal na #axendaCostadaMorte
axenda-costa-da-morte-16-decembro-2016 Esta fin de semana póñense en marcha as programacións culturais para este Nadal organizadas polos distintos concellos da Costa da Morte. As artes escénicas seguen ocupando unha boa parte desa programación que se presentan con unha alternativa de ocio para o público adulto. Ademais, na axenda non faltará a música, as exposicións, ceas solidarias, feiras, charlas e presentacións de libros. Pero antes, coma sempre o parte costeiro da man de 4gotas.com a finde vén cun tempo case primaveral. Se ben é certo que o venres aínda estaremos en inverno. Día con moito mar (ondas de ata 7 metros) con máis nubes que claros, con vento do norte intenso e frío e con chaparróns, algún intenso e acompañado de saraiba, máis probable na costa norte, o sábado cambiará radicalmente a situación. Sábado e domingo serán días de sol con algo de nordés nos arredores de Malpica e con subida de temperaturas polo día. As máximas achegaranse entre Fisterra e Muros aos 16-17 grados, 15 no resto. De noite irá fresco, iso si. Baixará dos 10 graos en toda a Costa e no interior haberá xeadas febles. Teatro
  • "O menú da Fala", con Carlos Blanco e Luis Davila, chega hoxe ao Pazo da Cultura de Carballo, ás 21 horas, e mañá (ás 20:15 horas) á casa da Cultura de Cee.
  • Talía Teatro presenta mañá no auditorio de Zas a súa obra "Foucellas". Ésta é unha das actividades que se enmcarcan dentro da programación de Nadal organizada polo concello. A función comeza ás 21 horas e a entrada é de balde.
  • A compañía de títeres Alakrán representa mañá no auditorio do centro cultural de Muros a obra de Manuel María “Soños na gaiola”. O espectáculo comeza ás 18 horas.
  • O auditorio do Multiusos de Santa Comba acolle este domingo, ás 19 horas, a Gala da Irmandade; un dos pratos fortes do DAC-Outono Cultural 2016.
  • Miguel Lago, o coñecido humorista de El Club de La Comedia e Paramount Comedy, traerá este domingo o seu humor á casa de Pedra de Camariñas. O espectáculo comeza ás 19 horas.
Concertos Exposicións 
  • O faro Vilán acolle ata o 23 de decembro unha exposición de pintura da pintora local María Dolores Barcia. O horario de visita é de 11 a 14 horas e de 15:30 a 2o horas.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, poderanse visitar hoxe, sábado e domingo de 11 a 19 horas.
Outras citas
  • Charla en Berdoias (Vimianzo). A escola de Berdoias acolle hoxe, ás 20 horas, un dobre acto do Seminario de Estudos da Costa da Morte. Primerio Xosé Mª Lema ofrecerá unha charla sobre “Os primeiros apelidos dunha parroquia galega: Berdoias (séc. XVII)” e, a continuación, a Semescom presentará o calendario de sobremesa “2017. Pazos e casa fidalgas da Costa da Morte”.
  • Cea solidaria de Egueire. O hotel Insua de Cee acolle mañá, a partir das 22 horas, a 3ª cea solidaria organizada pola ONG Egueire para financiar distintos proxectos na Costa de Marfil.
  • Mañá inagurase a II Feira de Inverno que terá lugar no mercado municipal de Fisterra ata o día 24. Esta é unha das actividades que se enmarcan dentro da programación do Nadal Cultural organizada polo concello de Fisterra.
  • Natalia Lema presenta este domingoás 17 horas na Cultura de Mazaricos o seu libro "Baos".
Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios