Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un carballo de Carballo, o único exemplar costeiro no Catálogo galego de Árbores Senlleiras

Un carballo de Carballo, o único exemplar costeiro no Catálogo galego de Árbores Senlleiras
Carballo do Pazo de Vilar de Francos-Foto-La Penela O Carballo de San Antonio, no Pazo de Vilar de Francos, é o único costeiro no Catálogo Galego de Especies Senlleiras-Foto-La Penela

A proposta para que os Camelios do centenarios da Igrexa de Corcoesto sexan recoñecidos no Catálogo galego de Árbores Senlleiras, invitounos a facer un repaso por esta simbólica listaxe da Xunta.

Un bo xeito de intentar conservalos de calquera tipo de agresión, xa que As árbores e formacións singulares que se inclúan no catálogo considéranse protexidas para todos os efectos, o que implica a prohibición de calquera acción que poida afectar negativamente á súa integridade, á súa saúde e á súa aparencia. Estes exemplares serán posuidores dunha protección legal que tamén afectará ao seu ámbito inmediato, e os propietarios, en caso de habelos, terán axuda oficial para coidalos

Ademais, o catálogo vai máis alá do campo biolóxico e recoñece o seu valor antropolóxico desde o punto de vista da estética e a sensibilidade do pobo ao seu contorno. Deste xeito, aqueles aqueles proxectos que poidan ameazar os valores de árbores ou formacións catalogadas necesitarán autorización administrativa previa da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.

Só unha árbore recoñecida na Costa da Morte

Pero non parece que na Costa da Morte nos preocupemos demasiado polas nosas árbores. Exceptuando algunha actuación coa mocidade carballesa polo Día da Árbore (que se celebra cada 21 de marzo), poucas iniciativas vemos na comarca.

De feito, no propio Catálogo, dos 147 exemplares e 31 formacións destacadas de toda Galicia, só un pertence á Costa da Morte. É o carballo de San Antonio (un Quercus robur L.), situado no Pazo de Vilardefrancos, na parroquia de Artes do Concello homónimo de Carballo. Un Pazo do século XVI que hoxe acolle un establecimento hostaleiro.

A lenda casadeira do Carballo de San Antonio

Oco para depostar ofrendas no carballo casadeiro de San Antonio do Pazo de Vilar de Francos-Foto-La Penela copia Oco para depostar ofrendas no carballo casadeiro de San Antonio do Pazo de Vilar de Francos-Foto-La Penela

Cóntanos a lenda de Galicia Encantada, que o carballo casadeiro pode ter máis de 800 anos, sendo así un dos máis antigos de Galicia, superando incendios e intentos de corta.

Segundo a tradición, cando santo Antonio, o de Padua ou de Lisboa (1.195-1.231), peregrinou a Compostela celebrou misa neste lugar, onde había unha pequena ermida. Mentres o santo oficiaba, naceu debaixo do altar un carballo que co tempo, de tanto medrar, derrubou o edificio. A nova capela de santo Antonio construíse a carón e hoxe forma parte das dependencias do Pazo.
Conta a lenda que a ferida que presenta é consecuencia dun raio que lle caeu enriba pouco despois de morrer santo Antonio. E que as mozas namoradas van alí e poñéndose de costas tratan de introducir tres pedriñas no burato: hai quen di que abonda con meter unha, e outros din que son precisas sete. Se o consiguen, casan antes do ano. Se xa estivesen casadas, é que van ter un fillo. O mesmo ritual sirve para pedir un desexo calquera; de atinar, por cada pedra que se lanza cumprirase o desexado.

Máis información

Novas relacionadas

  • 2015: Carballo repobla as súas zonas verdes no día da Árbore.
  • 2013: De libros e árbores no cole dos Muíños.
  • 2012: O Concello de Laxe celebra de novo o Día da Árbore.
  • Fonte

    Comentarios