Luns. 14.10.2019
El tiempo

Un Nadal de escaparates e Reis por Santa Comba

Un Nadal de escaparates e Reis por Santa Comba
Nadal Santa Comba 2018 Programa A alcaldesa de Santa Comba coa Posta de Nadal ganadora A alcaldesa de Santa Comba coa Posta de Nadal ganadora Chega o Nadal a Santa Comba, e faino para todos os públicos e entidades, pois tamén xunto coa coa Asociación de Empresarios de Santa Comba, organiza unha nova edición, a XII, do Concurso de Escaparates de Nadal. Haberá 1.000€ en premios e ducias de establecimentos intentarán coller o relevo dos gañadores do ano pasado (Ler Librerías, A Landra e Fotos Teca). Outra das propostas xa realizada foi o XX Concurso de Postais de Nadal, que serve para que o Concello felicite aos seus veciños.  A alumna do CEIP “Barrié de la Maza” Soraya Paredes Negreira foi a gañadora. O segundo premio foi para Víctor Fernández Quintáns do C.P.R. “Ntra. Sra. Inmaculada” e o terceiro para Iker García Amarelle do CEIP “Pepe de Xan Baña”. O acto de entrega de premios será o vindeiro mércores 18 de  decembro ás 18,00h no salón de actos do multiusos.  

Máis citas

Cabalgata de Reis comitiva 19 Pero o programa municipal ten moito máis, como visitas de Papa Noel e do carteiro real, contacontos con Lonxedetodo, o festival de nadal da Escola de Música, o concerto de panxoliñas ou os talleres de doces de nadal. Haberá tamén actividades especiais como a homenaxe a Ignacio Pensado, co nomeamento da nova praza que levará o seu nome; a proxección de Sicixia; ou a Andaina en Familia. Xa en xaneiro, viaxe a Silleda Park, e como non feirón de Reis e Cabalgata co Belén Vivente, un dos máis singulares, e que aínda anda na procura de figurantes.

Comentarios