![xurxo-fernandez-punto-e-volta]()
Os protagonistas de Punto e Volta son membros de distintas xeracións amantes do baile e da música tradicional galega. Na imaxe, Xurxo Fernández
Facer unha radiografía do que significou e do que significa a música e o baile tradicional galego é o
leitmotiv de
"Punto e Volta"; un proxecto audiovisual no que están traballando catro mozos que teñen en común os seus estudos (veñen de rematar xornalismo na USC), os seus gustos pola música e a súa vinculación coa Costa da Morte. Raquel Pérez, Olaia Tubío, David Fontán e Alejandro Gándara son os autores deste traballo premiado coa bolsa Nacho Mirás de Novos Xornalistas do colexio profesional de Xornalistas de Galicia e Abanca.
Cámara en man,
levan máis de catro meses percorrendo unha boa parte da xeografía galega para analizar as distintas impresións sobre a música e o baile tradicional para xentes de distintas xeracións: os informantes (os propios trasmisores das pezas); o profesorado (que conservaron a tradición grazas aos traballos de recollida) e o alumnado (amantes das foliadas e que aprenderon a través de asociacións ou escolas).
"É moi interesante o que estamos vendo xa que o contexto é moi diferente para cada un deles. Antigamente a música e o baile estaba presente no traballo e no lecer. Pero a xente que baila ou toca algún instrumento actualmente é por unha elección persoal e que a practican grazas ao traballo das asociacións ou escolas. Polo que en poucos anos cambiou moito a maneira de ver a cultura popular galega", di Alejandro Gándara - coordinador do proxecto e natural de Baio -.
![]()
Coñecedores de que a Costa da Morte é rica en folclore, entrevistaron distintas persoas da zona ou vinculadas con ela. Falaron coas pandereteiras e cos bailadores de Seaia e de Imende. Entrevistaron a
Alex Ínsua, mestre de pandeireta na asociación cultural Adro de Baio dende finais dos anos 80 e que leva outros tanto recollendo pezas por toda a comunidade galega. E no proxecto tamén están recollidas pezas da zona de Zas que interpretou Xurxo Fernández na súa entrevista.
De quen é este patrimonio?
A medida que o proxecto foi avanzando amplíaronse os puntos a analizar. Polo que estes catro mozos decidiron dárlle unha volta a temas como
a quen pertence todo este patrimonio oral que está recollido en arquivos privados de moitos mestres ou a outros debates como
as relacións de xénero no baile e na música.
Debe ser públicos eses arquivos?, por que sempre sacan punto os homes?, debe seguir sendo así?; son algunhas das cuestións que lles prantexan aos seus entrevistados.
Todo o seu traballo quedará recollido nunha páxina web que nace o vindeiro día 2o de febreiro. Mentras, parte destas gravacións están publicadas na
páxina de Facebook de Punto e Volta e na súa
canle de Youtube.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte