domingo. 11.05.2025
El tiempo

Unha #AxendaCostadaMorte de festas, medievo, bestas e música

Unha #AxendaCostadaMorte de festas, medievo, bestas e música
axenda costa da morte 16 xullo Menuda fin de semana que se nos vén enrib. Chea a rebentar temos a #AxendaCostadaMorte. Concertos, Festas, o Mercado Medieval, a Rapa das Bestas… Unha fin de semana sen parada. E botade un ollo porque para luns e martes (día da patria) hai festas comarea polo Apóstolo. Loroño, Cereixo, Pasarela-Calo, Ameixenda, Berdeogas, Ariño ou Muíño celebran as súas festas.

O Parte de 4gotas

Pero antes de repasar as citas, os amigos de 4gotas mándannos o parte costeiro exclusivo: A fin de semana virá cun pouco de todo. Un venres no que as nubes irán a máis a medida que avance o día, especialmente nos arredores de Corcubión. Esas nubes acabarán deixando algún orballo durante o final da tarde, a noite e na madrgada do sábado. O sábado será ao revés. As nubes irán a menos a medida que avance o día e acabará lucindo o sol durante a tarde cunha lixeira suba nos termómetros. Uns 22-23 graos de máxima. O domingo será un día de praia. Lucirá o sol gran parte do día e subirán as temperaturas chegando a superar os 25-26 graos no litoral entre Muros e Fisterra. En tódolos casos, atentos ao prognóstico, sobre todo aos orballos do sábado de madrugada porque podería haber cambios…

Mercado Medieval

É sen dúbida unha das citas da fin de semana. O Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión pasa por ser esa aposta firme polas feiras medievais que non pasa de moda. A vila engalánase, o pobo entrégase para celebrar unha completa viaxe ao pasado.

Corme Folki

Un dos festivais máis singulares da bisbarra quere achegarse ao seu propio pobo. O Corme Folki este ano cambiar a Furna do Osmo pola Ribeira para dúas noites completas de boa música.

Rapa das Bestas de Areosa

A Rapa das Bestas de Areosa, Vimianzo, é un dos eventos etnográficos máis potentes da nosa bisbarra. Do sábado ao domingo, todo o auténtico proceso no campo da areosa.

Festas

Outras citas

 

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Os domingos de xullo e agosto, ás 13 ás 17 horas Roi e Elvira conducirán as visitas guiadas teatralizadas do Castelo de Vimianzo.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días (de luns a venres de 11 a 20 horas e sábados e domingos de 11 a 21 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas. O domingo, ás 19:30 horas, haberá visita guiada teatralizada da man de Os Quinquilláns.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas. Os Quinquilláns guiarán as visitas teatralizadas todos os sábados do mes de xullo e agosto ás 17:30 e ás 19:30 horas.
  • O museo Man de Camelle poderase ver ata o 15 de agosto unha exposición da escola de Arte de Vimianzo. O horario de apertura é de martes a domingo de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
  • O museo do Mar de Fisterra acolle ata o vindeiro 31 de xullo a peza que o estudo de arquitectura Creus&Carrasco levou á 15ª Exposición Internacional de Arquitectura da Bienal de Venecia. Trátase dunha maqueta de 2x1,40 m que se compón dunha base de tiras que representan o territorio con imaxes.
  • As cores da Cascada do Ézaro. Cada sábado de xullo e agosto, de 23:00h a 0:00, a fervenza iluminarase con cores fermosas. Ademais os días 24 de xullo e 14 de agosto, no mesmo horario, así como os días 2, 6 e 16 de setembro.
  Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios