Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha #AxendaCostadaMorte de naufraxios, teatro e outono

Unha #AxendaCostadaMorte de naufraxios, teatro e outono
Axenda-Costada-Morte-16-11-2018 A fin de semana volve cargada de actividades que nos obrigan a saír da casa e, desta vez, cun apracible tempo solleiro de outono. A #AxendaCostadaMorte destes 16, 17 e 18 de novembro vén marcada pola chea de citas co teatro que se desenvolverán en varias localidades da Costa desde hoxe ata o domingo. Así mesmo, tamén teremos Conversas de Lusco e Fusco e Outono en Marcha con Senda Nova, diversas actividades gastronómicas, culturais e turísticas coa Fin de Semana dos Naufraxios en Camariñas, a inauguración dunha exposición en Vimianzo e outra no Museo de Man en Camelle, xornadas micolóxicas en Zas, magosto en Muxía...

Parte de Meteogalicia: Tempo estable

Despois do complicado temporal que pasamos a fin de semana pasada, parece que desta vez o tempo seco será o protagonista. Meteogalicia avísanos que o venres continuaremos baixo a influencia anticiclónica e con circulación do sueste algo máis marcada que nas xornadas anteriores, polo que os ceos estarán pouco anubrados ou despexados, con intervalos de nubes. Xa o sábado, haberá unha situación intermedia entre un anticiclón situado sobre Noruega e un centro de baixas presións no oeste de Portugal que achegará nubes de tipo alto. Así, agardáse unha xornada de ceos cubertos con nubes altas. Para o domingo prevese a chegada dun pequeno centro de baixas presións, o que enviará unha fronte pouco activa ao final do día. Con esta situación, os ceos estarán parcialmente cubertos, con vento frouxo de compoñente leste.

Fin de semana dos Naufraxios en Camariñas

Logo de ser aprazado polas malas previsións meteorolóxicas do pasado venres, xa hai nova data para a Fin de Semana dos Naufraxios, cuxos actos arrancarán hoxe mesmo. Tamén haberá unha ruta de tapas na que participan máis dunha vintena de locais de hostelería, con pinchos a un euro e premios valorados con 210 euros.

Teatro na Costa da Morte

- A fin de semana arranca coa Mostra de Teatro en Malpica. As gargalladas estarán aseguradas coa obra "Falar sen cancelas", protagonizada por Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei. - O Ciclo de Teatro de Santacomba trae ao Edificio Multiusos "D.E.P", de MalaSombra Producións. - Obradoiro de teatro en Ponteceso con "Os Quinquilláns". - Teatro en Vimianzo con "O servidor de dous amos", da compañía Talía Teatro. Na Casa da Cultura a partir das 21.00 horas. - Máis teatro en Ponteceso. Desta vez co XXV Ciclo de Teatro de Ponteceso que trae ao Edificio das Escolas "Commedia", da compañía Contraproducións. -Teatro en Muros con "Pementeiras", de Xoré Teatro. -Teatro en Ruta polos Centros Sociais de Carballo da man de Vagalume Teatro: o sábado en Rus e domingo en Verdillo coa obra "Canto te quero".

Outras citas culturais de interese...

-A Casa da Cultura de Vimianzo acolle o venres a inauguración da exposición O Bululú, de Carmen Cotelo. -O Museo de Man de Camelle acolle o sábado a inauguración da exposición colectiva 'Viento y mar', que se poderá ver ata o próximo 16 de decembro. -Os cogumelos seguen a ser protagonistas durante este mes de novembro. O sábado celebranse as Xornadas Micolóxicas de Zas, cun día completo que incluirá charla, saída, comida e identificación de exemplares recollidos no propio restaurante. -As Conversas no Lusco e Fusco de Senda Nova traen este venres ás 19.00 horas no Espazo de Natureza de Oza unha charla con Xan Xosé Fraga Rodríguez sobre 'Bergantiños capital do Wolframio' -Tamén con Senda Nova, o Outono en Marcha lévanos de ruta polas pegadas do Wolframio. -Foliada no Novembro con Música de Carballo coa Banda Municipal de Gaitas de Carballo e o Coro Aires de Bergantiños. O sábado no Pazo da Cultura. -Magosto en Muxía este sábado, con obradoiros infantís e festival.  

Exposicións

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. Estes días ten a Exposición do naturalista Víctor López Seoane nas Torres do Allo; onde ademais hai a programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A tenda turística Stoupa acolle a exposición trasna de Teresa Candal durante estes meses de outubro e novembro.
 

Toda a información debullada na #AxendaCostadaMorte

 

Comentarios