Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Unha boa Axenda para recuperar a actividade cultural trala Semana Santa

Unha boa Axenda para recuperar a actividade cultural trala Semana Santa
Axenda Costa da morte 6 abril 2013

Será tranquila esta fin de semana, de resaca trala completa Semana Santa. Pero aínda así, estes 5, 6 e 7 de abril temos cousas que facer abondas.

E comezamos polo venres, que ten 4 focos de atención. O primeiro, e máis singular a I Gala de Premios radiONeria, na que a emisora municipal de Corcubión unirá a todos os poderes da vila e entregará os premios tras máis de 25 anos de historia.
Ademais, a noite do venres permitiranos asistir a un novo Faladoiro en Carballo, desta volta sobre a Influencia dos medios de comunicación na sociedade, con Luís Álvarez Pousa. E tamén teremos a cita co cine de Corme, abrindo o ciclo ao cine feminista con Solas, de Benito Zambrano.
E en clave de festa, parece que desta remata a troula en Lira, coa Festa dos Remedios, con nada menos que 3 orquestras e festa rachada ata as 8:00h da mañá...

A gran cita desta fin de semana será en clave de acción reivindicativa e homenaxe á Marea Branca. A mañá do sábado o ceo da praia de Nemiña encherase de cometas negras para recordar aos voluntarios a través da simbólica acción Papaventos 13N.

Na tarde do sábado terá lugar no Museo da Fundación Fernando Blanco a inauguración da exposición fotográfica "A Terra da auga", de Juanma Abelleira Ronquete. E pola noite seguen os concerto en Muros da man do Castelo Rock.

Para pechar a fin de semana, e como non podía ser doutro xeito, sesión teatreira dominical en Vimianzo, con Ti e mais eu Teatro e a súa "A Herdanza da nai", nun mes de abril adicado á "República da liberdade".


Máis información

Fonte

Comentarios