Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Unha completa #AxendaCostadaMorte para despedir 2016

Unha completa #AxendaCostadaMorte para despedir 2016
axenda-costa-da-morte-30-decembro-2016

Última Axenda deste completo 2016, na que a emoción, as risas, e a troula son protagonistas. Citas importantes en Mazaricos, Muxía ou Baio.

Ademais, os amigos de 4gotas.com cóntanos como vai vir o tempo para estes días, días que chegan sen moitos cambios, como nos explican tamén neste interesante artigo: Seguirán os ceos azuis, as temperaturas frescas polas noites (6-8 graos na costa e ata valores negativos no interior)e moi agradables nos mediodías (15-17 grados).
Así pois na noitevella deixamos os paraguas na casa, pero levamos posta a bufanda.

 

Eventos

  • A Gala Esencia MZ será unha das citas máis singulares da fin de semana. Todo Mazaricos encherá o auditorio da Casa da Cultura para seguir poñendo en valor a súa cultura.

Festas

  • Aprazada naquel luns chuvioso de setembro, as Festas da Barca retoman este venres 30 unha boa verbena, coa Olympus.

Teatro e monólogos

Exposicións 

  • O edificio de servizos múltiples de Muxía acolle ata o 8 de xaneiro a exposición colectiva Miradas V.
  • A tenda Stoupa (siuada a 100 metros do cemiterio vello de Cee) acolle a exposición “Stoupidos 2016” na que os protagonistas son as distintas pezas de artesanía creadas por artistas da bisbarra.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, hoxe de 11 a 19 horas, mañá sábado de 11 a 18 horas e o domingo, día de Nadal, estarán pechadas.
 

Máis información

 

Máis información

Comentarios