Sábado. 03.12.2022
El tiempo

Unha viaxe política para vender o valor turístico do Camiño a Fisterra e Muxía

Unha viaxe política para vender o valor turístico do Camiño a Fisterra e Muxía
Membros da viaxe en Astorga-Foto-Javier Glez Trillo

Que necesario é que os peregrinos que veñan por Burgos, por Castela, por Lugo… teñan de man boa información sobre a prolongación do Camiño Santiago-Muxía-Fisterra. Fundamental se antoxa para conseguir que siga medrando a porcentaxe de peregrinos que chegan a Santiago e completan o Camiño ata a fin da terra.

E aló vai, unha expedición de hostaleiros e xentes do sector turístico da Costa da Morte, comandados pola Asociación Neria, a facer dende hoxe e ata o domingo, unha peregrinación, en coche, dende Astorga ata Santiago. Están por exemplo membros de Brigantia Viaxes, do Hotel Insua, do Hotel Playa de Laxe, ou algúns alcaldes como o de Dumbría, o de Fisterra e o de Muxía.
En todo caso, moitos hostaleiros da zona pregúntanse quen decide quen vai? E dende os medios de comunicación da zona, véxase El Correo, La Opinión, Radio Nordés ou Quepasanacosta tamén se preguntan por que non foron informados nin invitados á viaxe, como si foi La Voz, segundo denuncia a emisora costeira.

Folletos para repartir polo Camino Frances

A idea é promocionar o Camiño parando e deixando 5000 destes folletos informativos polos albergues públicos e privados, oficinas de información turística e puntos de interese do Camiño francés.

Se ben valoramos positivamente esta iniciativa, a de levar información a outras partes do camiño, consideramos que son iniciativas que se poden realizar doutro xeito, enviando un par de bos técnicos que fagan un traballo profesional de comercial turístico, pois esta campaña é máis turística que política, e ás veces parece que se mesturan datos.

De orzamentos e Edificios senlleiros

Esta semana coñeciamos o orzamento da Asociación Neria para este ano. Nada menos que 390.000€ de orzamento. Veremos se hai algunha partida para rematar o C3M, ese edificio que pretende revolucionar a economía costeira e que debería estar aberto dende xuño de 2011.

Se hai 4 meses a entidade nos aseguraba que quedaba só unha partida de 20.000€ para poñer o Centro de Coñecemento en marcha, a avogacía da empresa Germán Mouzo denuncia que a Neria ten unha débeda con eles de 120.000€. De feito, o xuizo será, probablemente este mes de maio.

Paralelamente, Converxencia Galega, o grupo de Xan García criticaba a non apertura por Semana Santa dos Batáns do Mosquetín e as Torres do Allo. O secretario de Neria aproveita para criticar, en nome de Converxencia Galega, esta situación despois de que a Deputación quitase á concesión destes bens á entidade supramunicipal .

Novas relacionadas

Fonte

comentarios