![Captura do Zas na memoria de Phottic]()
Captura do Zas na memoria de Phottic
Despois da fantástica proposta de dixitalización documental histórica de
Zas polo miúdo, chega “Zas na memoria”. Unha vez que o Concello, gracias á labor de Xosé María Lema Suárez e Evaristo Domínguez Rial, recuperaron a historia de todas as parroquias zaseiras, o Concello pon en marcha un novo proxecto dixital para recuperar o seu arquivo fotográfico.
“Zas na memoria” é unha plataforma que permite expoñer e ordenar coleccións fotográficas que, neste caso, están agrupadas polas 16 parroquias que compoñen o noso municipio.
A través da plataforma
Phottic, unha rede social de fotografía histórica artellada dende a Costa da Morte, o Concello abre este proxecto:
memoria.concellodezas.org. A ferramenta, que permite expoñer e ordenar coleccións fotográficas, ten un alto compoñente informativo e participativo. Cada imaxe conta cunha ficha individualizada na que consta a data, o lugar, e incluso unha descrición da fotografía; unha información que poderán completar os usuarios.
Serán pois os usuarios tamén os que axuden a completar o fondo fotográfico de “Zas na memoria”. Para iso, deberán rexistrarse na plataforma e subir eles mesmos a/s súa/s fotografía/s que serán validadas por un administrador.
Actualmente xa están subidas á web máis de 150 imaxes coa idea de que o álbum se incremente coas achegas que faga a veciñanza e que axuden a recuperar unha boa parte da historia do noso municipio.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-concello-de-zas-completa-a-sua-historia-con-duas-novas-entregas-de-zas-polo-miudo/
https://quepasanacosta.gal/as-iniciativas-costeiras-que-recuperan-a-memoria-social-a-traves-de-phottic/