Martes. 05.11.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Gañou o máis necesitado

1ª Autonómica: Gañou o máis necesitado

3 puntos de ouro para o Camariñas no derbi da xornada ante o Malpica. Os de Pepucho sacaron 3 traballados puntos ante un Malpica mandón, que fai que os de Baña deixen escapar aos 2 de arriba, Noia e Estudiantil. O camariñáns escadan así ata a 10ª praza, empatados cun Fisterra que tamén sumaba unha importantísima, e sufrida, vitoria ante o Amio.

Precisamente o Estudiantil non pasaba do empate no Pinguel, nun encontro competido. Un punto que deixa aos de Mato na 13ª praza pero aínda a só 3 puntos dos pechacancelas. Datos que dan conta da igualdade da zona baixa, i é que entre o 7º e o último só hai 7 puntos. "Esto é unha carreira de fondo e non se pode cometer erros", como comenta Nacho.

Camariñas - Malpica (2-1)

Camarinas-Malpica-Foto-Wash-Calvo.
  • CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Sergio, Carlos (Manu, min.79), Rodri, Moriño, Brais Triñáns (Roi, min.90), De la Sierra (Julito, min.87), Álex, Paco (Saviola, min.74), Martín.
  • MALPICA: Suso, David Castro, Víctor, Mario Casal, Martín Uruguaio, Ismael (Adrián, min.55), Rancaño, Cheo (Juny, min.73), David Blanco, Neucha, Tato.
  • Goles: 1-0, min.20: Alex de cabeza a un córner botado por De la Sierra; 1-1, min.60: Tato tras un centro de Neucha; 2-1, min.80: De la Sierra de penalti.
  • Lesión: O local Brais Triñáns tras un choque.

Era o partido da semana e sen embargo non pasaron de 125 os afeccionados nas bancadas de Pedra Queimada. Foi un partido pouco vistoso pero moi tenso, que mantivo emoción ata o final, e no que as xogadas a balón parado foron as protagonistas. O Camariñas traballou moi ben en defensa,ante un Malpica que buscou a iniciativa en todo momento.

O partido comezaba con ocasións para ambos bandos. M. Casal puña a proba a Pombo e De la Sierra facía o propio con Suso dende o borde da área. Chegaba o tanto de Alex para os locais tras un córner botado polo propio De la Sierra, unha xogada repetida en varias ocasións e que fixo dano á defensa visitante. Cheo, David Blanco, Neucha e Tato avisaban antes do descanso pero o empate non chegou ata o minuto 60 cando Tato, con algo de sorte, batíu a Pombo tras un rebote.

Chegou un intercambio de goles, sempre co Malpica máis encima ante un moi serio Camariñas, que facía dano á contra, como unha de Alex que rematou fóra un centro de Brais Mouzo. Cheo tamén fixo lucirse a Pombo, que tamén fixo unha gran estirada a unha falta de Tato. E foi aí cando chegou o penalti que non fallou De la Sierra. Pasados 5 minutos, Neucha tirou un obús que saíu lambendo a escuadra.

Os malpicáns protestaron dúas xogadas claves, unha posible falta de Brais Mouzo cando era o último home co 1-0 no marcador; e o penalti final, que os visitantes consideraron mans involuntarias de M. Casal.

Ponteceso - Ag. Estudiantil (1-1)

  • PONTECESO: Norberto, Javi, Alberto, Jorge, Dani, Tucho, Mendieta (Nando, min.55), Recarey, Bieito (Iago, min.70), Martín Puente, Josito (Bolón, min.60).
  • Goles: 0-1, min.50; 1-1, min.60: Martín Puente pola escuadra.

Partido que parecía que o Ponteceso ía ter máis problemas, pero o Estudiantil, que viña 2º e destacado, non amosou o esperado. Os de Nacho controlaron o choque; en fronte, o Estudiantil buscaba o roubo e sacar por velocidade das bandas. Así chegou o gol visitante ao comezo da segunda, tras un roubo no medio e unha contra rápida. Meteuse atrás o Estudiantil, pero o Ponteceso non se amilanou e Martín Puente, un dos 5 xuvenís no cadro de Nacho que tan bo rendemento está dando, empatou cun fermoso tiro dende a frontal.

O último treito do partido puido decantar a vitoria para uns e outros. Norberto salvaba un man a man e Nando fallou dúas clarísimas para a vitoria, unha que puido ser penalti e outra a pase de Recarey.

Fisterra - Amio (2-0)

SD Fisterra -Foto- Jorge Parri
  • FISTERRA: Joselu, Roberto (Robertín, min.60), Piti, Manuel Cartamil, Munitis, Bebeto, Guardiola (Marco Docabo, min.60), Roa (Mané, min.55), Cote, Hugo e Aitor.
  • Goles: 1-0, min.15: Aitor; 2-0, min.92: Aitor a pase de Mané.
Fisterra-Amio-Foto-Fran-Insua

Volvía sufrir o Fisterra ante unha afección volcada en Ara Solis. E non foi ata o último suspiro cando sentenciou un choque no que foi por diante durante boa parte do mesmo pero que non soubo finiquitar.

Foi boa a primeira metade local, cun tanto de Aitor e un par de boas xogadas combinadas. Pero á volta do descanso avisaba o Amio, e mandaba un balón ao pao que fixo enmudecer Ara Solis. O partido seguía aberto, con ocasións para ambos bandos, e cando o partido miraba contra o final, xa tolo, o Amio perdoaba a porta baleira o empate e Mané a sentencia. Foi Aitor, a pase de Mané, e xa no desconto, quen mataba o partido, non sen sufrimento para a bancada local.

Como detalle, ambos equipos xogaron coas equipacións da SD.

Fisterra-Amio todos coas camisola da SD-Foto- Jorge Parri

Máis información

Artigos deportivos

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios