Venres. 03.05.2024
El tiempo

Os 65 resultados da última fin de semana de novembro no fútbol da Costa

Os 65 resultados da última fin de semana de novembro no fútbol da Costa
O Fisterra por fin vencía con traquilidade en Ara Solis. Foto- Jorge Parri

Nova xornada completa de #fuboldacosta con máis de 60 encontros nesta última fin de semana de novembro.

E comezamos a análise da xornada cun fantástico Pleno en Preferente. O XSC e o Dumbría mantéñense ben arriba tras dúas boas vitorias. Algo máis fácil o tivo o cadro de Corredoira na casa ante o Taboada, pero os de Canosa foron gañar nada menos que a Boiro, ante un cadro local que estaba 4º, praza que ocupa agora o cadro dumbriés. Completaba a gran semana o Soneira de Felipe Candamo, na casa ante O Val, quedando os soneiráns 10º máis preto dos de arriba que dos de abaixo.

Pero o partido da semana era o derbi de 1ª. E gañou o que máis o precisaba, cun tanto de penalti pitado no min.85 á saída dun córner transformado por De la Sierra. Un Camariñas que pega un salto considerable con estes 3 puntos que o levantan da 14ª praza á 10ª. Igual que o Fisterra, que sobe ata a 9ª praza tras un partido no que os de verde volvían facer sufrir á afección. Mentres, o Ponteceso non pasaba do empate tras un partido moi igualado.

Na Liga da Costa a Esteirana é máis líder tras vencer ao Volantes nun novo e ateigado derbi muradá, e aproveitarse do empate do Sofán en Zas. Unha vitoria adicada ao porteiro Ramón do Camarón, que ten que manterse fóra dos terreos doe xogo por un problema de saúde. Xa son 3 puntos os que ten de vantaxe o cadro blaugrana, 4 sobre o Baio e 6 sobre o Cee. I é que o Baio non fallaba, malia sufrir, ante o Castriz, e o Cee, sen embargo, salvaba un punto ante un motivadísimo Corcubión no min.95 e de falta. Por detrás aínda segue o Zas, e mais o Corme tras vencer en Louro.
No duelo de pechacancelas, o Cabana sacaba 3 puntos do Conco tras un encontro vibrante que non se decidía ata o tempo pasado.

A Esteirana adicou a vitoria a Ramon do Camaron

A xornada na viña marcada polo choque sabatino entre Independiente e Porteño. O líder visitaba un campo carballés con case 300 persoas nas bancadas, e así e todo tivo oficio para remontar un 1-0 e levar os 3 puntos. Os de Gerpe sacan 5 puntos aos de Da Silva cun balance de 11 vitorias, 1 empate e 0 derrotas. O Camelle segue por detrás tras vencer pola mínima ao Ameixenda, e loitará esa 2ª praza de ascenso directo ao Independiente, unha loita da que non se queren despegar nin Cerqueda, que vencía ao Alcaián, nin Soneira B, que empataba non duelo de filiais en Ara Solis. O Lira, que empataba no último instante ante o Nantón, ocupa esa 6ª praza por diante do Ameixenda e do propio cadro cabanés. E por fin o Muxía acadaba unha vitoria máis ou menos tranquila, e non desestima loitar por entrar entre os 6 primeiros.

A xornadas en Xuvenís foi inerte. Os 4 equipos de arriba das dúas ligas non fallaban e a cousa segue como estaba.

Nas Ligas Galegas o Dumbría segue 2º en cadetes, e intratable con só 2 empates e 1 derrota en 11 partidos. Mentres, en infantís é o Bergantiños o equipo forte da zona, e se mantén en loita con Boiro e Deportivo.

Ademais, en cadetes, Esteirana e Cee seguen invitos tras 5 xornadas e en infantís XSC e Cee manteñen o pulso a base de goleadas.

Atentos aos Veteranos, que a cousa está que ferve na 1ª. O Castriz segue de líder a pesar de sufrir a primeira derrota da temporada ante o Coristanco, na sorpresa da xornada. Os xalleiros mantéñense cun punto de vantaxe sobre Soneira, que vencia en Nantón; e sobre o Cabana, que protagonizaba a fazaña da xornada ao endosar un 1-7 ao Corcubión, outros dos que ten que loitar arriba.

Preferente, xornada 14

Xallas StComba 2-0 Taboada
Boiro 0-2 Dumbría
Soneira 2-0 O Val

1ª Autonómica, xornada 13

Fisterra 2-0 Amio
Camariñas 2-1 Malpica
Ponteceso 1-1 Ag. Estudiantil

2ª Autonómica, xornada 13

Cee 2-2 Corcubión
San Lorenzo 2-2 Buño
Dumbría B 2-3 Cabana
Esteirana 2-0 Volantes
Baio 2-1 Castriz
Muros 2-1 Outes
Mazaricos 1-1 Carnota
Zas 0-0 Sofán
Montelouro 1-3 Corme

3ª Autonómica, xornada 13

Camelle 2-1 Ameixenda
Castrelo 1-6Baíñas
Indep. Carballo 1-2 Porteño
Fisterra B 2-2 Soneira B
Lira 2-2 Nantón
Muxía 3-1 Coristanco
Corcoesto 2-1 Laxe
Cerqueda 4-2 Alcaián
  • Descansa Xaviña.

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 13

Soneira 1-3 Dumbría
Corcubión 0-6 Fisterra
Mazaricos 5-0 Muros
Cee 3-2 Outes
Esteirana 2-6 Xallas StComba

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 13

Malpica 8-1 Camariñas
Muxía 2-3 Laxe
Baio 3-1 Corme
Zas 0-5 Ponteceso
Coristanco 0-1 Cabana

Liga Galega Cadete, xornada 11

Portuarios 2-0 Bergantiños
Dumbría 5-0 Victoria B

Liga Galega Infantil, xornada 12

Conxo 4-0 Dumbría
Bergantiños 2-0 Lugo

1ª Cadete, xornada 5

Muros 2-2 Coristanco
Cee 4-3 Muxía
Con. de Carnota 1-3 Baio
Outes 0-3 Fisterra
Esteirana 4-0Cabana
Porteño 4-0 Ponteceso
Zas 1-1 Xallas StComba

1ª Infantil, xornada 10

E.M.F. Vimianzo 0-2 Fisterra
Cabana 3-2 Esteirana
As Baleas 0-7 Xallas StComba
Muxía 3-7 Baio
Corme 0-4 Os Miudos
Coristanco 1-6 Cee
Ponteceso 4-1 Sofán
Comentarios