1ª Autonómica: Só o Camariñas suma unha vitoria

Xornada dispar esta para os nosos na 1ª Autonómica. Só o Camariñas foi quen de sumar os 3 puntos, demostrando que está a un bo nivel na categoría. Mentres, o Ponteces sumaba un punto en Lamela pero merecía máis. E tamén merecía máis o Fisterra o sábado na casa pero non era capaz de sacar nada do choque co Arzúa. E o Malpica xogaba un mal partido, e contaba cun rival inesperado, o colexiado, en Villestro.
Fisterra - Arzúa (2-3)
- FISTERRA: Joselu, Roberto (Robertín, min.60), Sergio Manín, Manuel Cartamil, Cotarro (Eddy, min.75), Roco, Marco do Cabo (Mané, min.70), Guardiola (Cote, min.46), Roa, Aitor, Hugo.
- GOLES: 0-1, min.30; 1-1, min.35: Marco do Cabo, de penalti; 1-2, min.70; 1-3, min.75; 2-3, min.85: Mané, de penalti.
Non puido manter nin un punto o Fisterra ante un Arzúa que apenas fixo nada e que leva un premio demasiado grande. Os de Juan Jesús tiveron que ir a remolque todo o partido, pero é que cada vez que chegaban con perigo os visitantes se metian por diante.
E iso que comezaba mandando no xogo os locais e Marco do Cabo avisaba. Era o Arzúa o que se puña por diante, pero Marco empataba de penalti e Aitor a piques estaba de meter aos locais por diante.
O guión non cambiaba na segunda, co Fisterra mandando no campo pero co Arzúa facendo dano. Non o crían os maís de 200 afecionados que estaban en Ara Solis cando en 5 minutos, a 20 do final, o Arzúa puña un 1-3 completamente inxusto. Só Mané conseguía recurtar de penalti, insuficiente para a remontada ansiada.
Camariñas - Flavia (1-0)
- CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Rodri, Roi (Julito, min.70), Manuel, Moriño, De la Sierra (Saviola, min.85), Brais, Carlos (Martín, min.65), Juan oBello, Basti (Paco, min.74).
- Gol: 1-0, min.75: De la Sierra a pase atrás de Brais tras un pase en profundidade de Moriño.
Importante vitoria do Camariñas que xa está perfectamente amoldado á categoría. O partido foi unha parte para cada un, en función do vento. A primeira para o Flavia, pero Pombo parou dúas moi boas e unha a tivo que sacar Rodri debaixo dos paos. Para os de Pepucho Basti tivo a mellor da primeira metade pero non acertou.
Aproveitaron o vento a favor os camariñáns, que estivron moi mellor, moito máis enriba pero tampouco sen crear demasiado perigo. Brais avisaba, De la Sierra marcaba o gol e Rodri enviaba ao pao co 1-0.
Lamela - Ponteceso (1-1)
- PONTECESO: Gerardo, Javi Peón, Alberto, Jorge, Dani Pallas, Tucho, Canai, Mendieta, Rubén, Martín Puente (Canai, min.75), Brais (Pose, min.44).
- Goles: 1-0, min.40: Dani Pallas de falta directa; 1-1, min.45.
- Expulsión: o meta pontecesán Gerardo no min.44 dando a xogada do gol por mans fóra da área; e mais a Alberto e dous xogadores locais no min.89.
Onte mereceron gañar os de Nacho, que non estiveron finos arriba. E iso que comezaron gañando co 0-1, cun tanto de Dani Pallas no min.40, pero cando o partido marchaba aos vestiarios, e tras un córner a favor, o colexiado pitaba unhas mans de Gerardo ao borde da área, o que supuña a súa expulsión, e ademais esa falta se convertía no empate.
Non se amilanou o Ponteceso, que achuchou durante toda a segunda ao Lamela. Un Lamela que controlaba o balón, pero o Ponteceso, ben armado dende atrás, combinaba con moito perigo e chegaba facendo moito dano. De feito, tiveron 3 claras mans a mans diante do porteiro, 2 Canai e 1 de Puente, que non puideron transformarse no go da vitoria.
Villestro - Malpica (4-1)

- MALPICA: Suso, David Castro (Adra, min. 68), Marcos Amado, Víctor, Andrés, Rancaño (Marco, min.46), Neucha, Cheo, David Blanco, Ismael (Alemán, min.46), Charro (Tato, min.46).
- Goles: 1-0, min.20; 2-0, min.30; 3-0, min.35; 3-1, min.77: Cheo tras un pase de Andrés; 4-1, min.85.
- Expulsión: o míster malpicán David Baña.
- Lesión: O malpicán Adra deixando aos seus con 10 sobre o céspede.
Os 3 cambios ao descanso dan conta de que a primeira metade do Malpica foi para esquecer. I é que a chuvia e o vento non eran bos aliados. Pero houbo outro protagonista: o colexiado, que anulou un gol a Charro e deixou de pitar unha pena máxima sobre Neucha.
Os de Baña melloraron cos cambios na segunda, pero xa era demasiado tarde para remontar.
Máis información
Novas relacionadas
Artigos deportivos
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón, con Héctor Pose: Manolo… Manolo Casal.
- Alberto Pose: Crise no fútbol da Costa?.
Crónicas da semana
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora Blog do Malpica de Luís E. Porto.