Abre o prazo para a Liga de Fútbol Sala de Cee


Este ano voltaremos facer un seguemento semanal á Liga de Fútbol Sala máis potente da zona. Xogadores de toda a bisbarra participan todas as noites no liga ceense e esta tempada non será menos, pois a organizadora A.D.C. Brens, que conta coa colaboración do Concello de Cee, xa está en marcha.
Así, a Liga de Fútbol Sala Senior de Cee 2012/13 comezará o vindeiro 15 de outubro.
Esperamos ver de novo ás figuras do O Distribuciones Barral, campión de Liga do ano pasado e do Praia de Quenxe, campión do Maratón Copa de FS de Cee.
Inscrición
A inscrición dos equipos se poderá facer xa no Pavillón Municipal de Cee ou ben chamando ó teléfono 645.137.338 (Juan A. Castro), antes do 5 de outubro.
Haberá unha reunión informativa sobre o desenvolvemento da liga o venres 5 de outubro ás 20:30 horas, no Pavillón Municipal de Cee.
A idade mínima para participar nesta liga é de 16 anos, que terán que presentar unha autorización paterna que será entregada á organización, así como o D.N.I.
O abono da inscricición (250€) terá que ser efectuado antes de rematar o prazo.
Novas relacionadas
- O Praia de Quenxe leva o Maratón Copa de FS de Cee.
- O Distribuciones Barral sentencia unha nova Liga de Fútbol Sala de Cee.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Departamento de Deportes do Concello de Cee.