Sábado. 05.10.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Un de terceiro e 3 en perigo

1ª Autonómica: Un de terceiro e 3 en perigo
Fisterra_Flavia -Foto- Jorge Parri

As derrotas de Ponteceso e Camariñas e a vitoria do Fisterra déixaos aos tres empatados a 13 puntos, en zona de perigo e a tan só 2 puntos do descenso directo, sen contar cos arrastres. Camariñáns e pontecesáns non tiñan sorte mentres que o Fisterra tirou de heroica para sumar a primeira vitoria en Ara Solis e sacar a cabeza do pozo.

Pola parte de arriba continúa o Mapica, 3º tras un empate que sabe a pouco tras un monólogo en Pedra Queimada ante o Unión.

Os equipos xa se preparan para a semana cun importante Camariñas-Malpica.

Fisterra - Flavia (3-2)

Fisterra-Flavia-Foto-Fran-Insua
  • FISTERRA: Joselu, Munitis, Manuel, Sergio (Robertín, min.58), Piti, Bebeto, Roco, Roa, Cote, Hugo (Guardiola, min.80), Aitor (Insua, min.82)
  • Goles: 0-1, min.8; 0-2, min.25; 1-2, min.48: Bebeto; 2-2, min.60: Cote a centro de Hugo; 3-2, min.70: Aitor tras un rexeite do longueiro a un remate de Bebeto.
  • Expulsión: O fisterrán Roco no min.90.

Gran remontada dun Fisterra tremendamente arroupado pola súa afección e tras marchar 0-2 aos vestiarios foi capaz de darlle a volta ao marcador nunha espectacular segunda metade. Unha remontada que vale ademais a primeira vitoria da tempada na casa.

Comezaba o Fisterra amenazando con ocasións de Roa e Aitor que mandou ao pao, pero era o Flavia o que se metía por diante aproveitando os erros defensivos locais. No ecuador, e co Fisterra dominando, o Flavia metía o segundo, mentres Aitor de novo e Sergio tras unha falta de Roco fallaban.

Saiu a por todas o Fisterra na segunda buscando a heroica, e chegou unha remontada de altura. I é que dous novos o primeiro equipo como Bebeto e Cote, ambos superando o 1,90m de estatura, asinaron sendos goles que empataban o marcador pronto.

Quedaba aínda máis de media hora e o Fisterra e a sua afección querían máis. E foi o pichichi o que deu a tremenda alegría a Ara Solis aproveitando un rexeite tras un remate de Bebeto ao longueiro facendo que Ara Solis se viñese abaixo.

Puebla - Ponteceso (2-1)

  • Ponteceso: Norber, Javi Peón, Alberto (Nando, min.62), Jorge, Dani Pallas, Mendieta, Tucho, Recarey (Josito, min.55), Toniño (Puente, min.79), Rubén, Brais.
  • Goles: 1-0, min.10; 1-1, min.20: Brais; 2-1, min.30.
  • Expulsión: Rubén (min.80).

Faltoulle veteranía ao Ponteceso para sacar algo positivo da Pobra. I é que os de Nacho tiveron o partido de cara en varias ocasións pero non souberon rematalo. A primeira metade foi un intercambio de golpes, ao que venceu o máis efectivo, o cadro local. Brais respondera o aviso inicial pero ao segundo tanto o Ponteceso non tivo resposta.

Na segunda, o partido calmouse e o Ponteceso baixou o balón, pero as ocasións tiñan cor loca. Ao final non se movería o marcador.

Villestro - Camariñas (2-0)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Manuel (Saviola, min.70), Julito (Paco, min.55), Sergio, Rodri, Moriño, De la Sierra, Brais Mouzo, Brais Triñáns, Martín, Basti.
  • Goles: 1-0, min.1; 2-0, min.30.
  • Mal partido dos camariñáns. Non é que o Villestro fora moi superior, pero se meteron por diante e logo xa o Camariñas non puido darlle a volta ao marcador, cun Villestro que controlaba o tempo do partido.
    Saíron durmidos os camariñáns e aos 40 segundos xa recibían o primeiro, tras un roubo no medio campo dun xogador local, que regateou a dous defensas e batiu a Pombo. Non acabou de reaccionar o Camariñas que si tivo unha boa ocasións de empatar por medio de Brais que rematou de cabeza un córner e o balón saíu pegado ao pao.
    O segundo tanto local chegou nun novo erro defensivo tras unha cesión de Rodri atrás de cabeza que quedou a medias e o defensa local estivo máis listo.

    A balón parado intentou o Camariñas reaccionar pero sen acertó nin demasiado perigo. Un centro ao que case chega Basti, un tiro de Paco, unha de cabeza de Brais tras un córner foron as únicas ocasions para o cadro de Pepucho, que non mereceu a vitoria, pero tampouco tal derrota.

    Malpica - Unión (1-1)

    Malpica-Union-Foto-Wash-Calvo
    • MALPICA: Suso, Adrián, Martín Uruguaio, Víctor, (Mario Casal, min.46), Juanjo Rabuñal, Alemán, (Ismael. min.46), Rancaño, Cheo, David Blanco, (Neucha, min.65), Tato, Charro.
    • Goles: 0-1, min.70: de cabeza a unha falta lateral; 1-1, min.80: Tato de volea tras unha deixada de Mario Casal co peito.

    Deixouse 2 puntos o Malpica e a piques estivo de quedar de baleiro tras un encontro que dominou de arriba abaixo. En fronte, un voluntarioso Unión que se empregou con moita intensidade pero que sempre estivo a remolque, iso si, cunha defensa moi firme, e un porteirazo, que non permitiu moito perigo por bando local.

    Os de Baña tentaban xogar o balón, combinando ben e intentando ter profundidade. Sobre todo na primeira metade os locais puideron abrir o marcador: Cheo de cabeza, Rancaño de vaselina, David Blanco tamén de cabeza, e Charro en xogada persoal, tiveron moi preto o gol.

    A segunda comezaba igual, pero nunha illada chegada dos de Rianxo a falta de 20 minutos chegaba o 0-1, que preocupaba e moito, no banco local. Seguiuno intentando o Malpica e chegou o gl do empate tras un pase longo de Cheo, unha deixada de peito de Mario Casal e unha fermosa volea de Tato, para sumar un punto que sabe a pouco en Pedra Queimada.

    Malpica-Union-Foto-Wash-Calvo

    Máis información

    Artigos deportivos

    Crónicas da semana

    Fonte

Comentarios