Sábado. 20.04.2024
El tiempo

15 equipos participarán na II Copa da Costa de Fútbol Praia

15 equipos participarán na II Copa da Costa de Fútbol Praia
Imaxe do Buño -Fisober da Copa da Costas de Futbol Praia 2016 Imaxe do Buno -Fisober da Copa da Costas de Futbol Praia 2016 15 serán (6 en categoria feminina e 9 en masculina) os equipos que participen os vindeiros sábado 22 e domingo 23 de xullo na II Copa da Costa de Fútbol Praia, que preparan no areal de Canido a Asociación Deportiva Vidú e o Concello de Malpica

Sábado masculino

O sábado 22 de xullo será a quenda dos homes, quen abrirán a competición co comezo dunha fase de grupos que empezará ás dez da mañá e rematará ás dúas da tarde. Nada máis rematar esta fase inicial, os equipos xa afrontarán os cuartos de final desta Copa da Costa de Fútbol Praia que darán comezo ás 14.30 horas e destes cuartos sairán os catro conxuntos que xogarán as semifinais da competición e os catro que xogarán un cadro de consolación. Polo que todos os equipos (Cerqueda, Seaia, Xallas, Ponteceso, Coristanco, Muxía, Corme, Buño e Cabana) que pasen da fase de grupos, garantízanse xogar un total de cinco encontros.

Calendario Sábado (categoría masculina)

Grupo A 10.00-10.30 UD Cerqueda – Sporting Seaia 11.30-12.00 UD Cerqueda – Xallas FC 13.00-13.30 Sporting Seaia – Xallas FC Grupo B 10.30-11.00 Ponteceso SD – SD Coristanco 12.00-12.30 Ponteceso SD – Muxía CF 13.30-14.00 SD Coristanco – Muxía CF Grupo C 11.00-11.30 Corme CF – Buño SCD 12.30-13.00 Corme CF – Cabana SD 14.00-14.30 Buño SCD – Cabana SD FASE FINAL Cuartos de Final 14.30-15.00 1o Grupo A – Mellor 3o Clasificado (1) 15.00-15.30 1o Grupo B – Mellor 3o Clasificado (2) 15.30-16.00 1o Grupo C – 2o Clasificado 16.00-16.30 Mellor 2o Clasificado – 2o Clasificado Semifinais 16.30-17.00 Perdedor 1 – Perdedor 2 (5) 17.00-17.30 Perdedor 3 – Perdedor 4 (6) 3o e 4o Posto: 18.30-19.00 Perdedor 5 – Perdedor 6 Final: 19.00-19.30 Gañador 5 – Gañador 6

Domingo feminino

Mentres tanto, o domingo 23 de xullo serán as rapazas quen encherán Canido dun fútbol praia de gran calidade. A competición feminina, cos equipos de Seaia, Corme, Fisober, Buño, Soneira e Esteirana, dará comezo ás doce da mañá coa fase de grupos, a cal rematará a iso das tres da tarde. E logo dun pequeno parón, ás 16.30h. darán comezo as semifinais da competición e tras estas, chegarán o partido no que se pelexará polo 5º e 6º posto e polo 3º e 4º posto da competición, mentres que a gran final está programada para ás 18.30h. Esta competición non sería posible sen a inestimable colaboración de Alquileres Reneymar.

Calendario domingo (categoría feminina

GRUPO A 12.00-12.30 Sporting Seaia – Corme CF 13.00-13.30 Sporting Seaia – Fisober FSF 14.00-14.30 Corme CF – Fisober FSF GRUPO B 12.30-13.00 Buño SCD – Soneira SD 13.30-14.00 Buño SCD - AD Atletes 14.30-15.00 Soneira SD – AD Atletes  FASE FINAL Semifinais 16.30-17.00 1o Grupo A – 2o Grupo B (1) 17.00-17.30 1o Grupo B – 2o Grupo A (2) 5o e 6o Posto: 17.30-18.00 3o Grupo A – 3o Grupo B 3o e 4o Posto: 18.00-18.30 Perdedor 1 – Perdedor 2 Final: 18.30-19.00 Gañador 1 – Gañador 2  

Novas relacionadas

Fonte

  • AD Vidú da man de David Castro

Comentarios