sábado. 15.02.2025
El tiempo

1ª Autonómica: 6 minutos de acerto

1ª Autonómica: 6 minutos de acerto
O Soneira de Manolito non fallou en Palmeira-Foto-Óscar Basalo O Soneira de Manolito non fallou en Palmeira-Foto-Óscar Basalo A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com 5 de 5 suma o Soneira. 15 puntos con 19 goles a favor e só 3 en contra. Esa é a bagaxe deste Soneira que vai con números de mellor marca. Nunha xornada marcada polo derbi entre Malpica e Baio, que levou, en 6 minutos, o equipo de Óscar Suárez, que voltaba á Pedra Queimada no banco rival. Co Baio, sae dos postos de descenso o Corme que sumaba a súa primeira e vital vitoria. Ademais, nova vitoria para o Sofán pero derrota do Outes, que deixa aos dous equipos, xunto ao Malpica, en zona noble con 9 puntos.

Soneira - Palmeira (2-6)

  • Soneira: Anxo, Pichi, Alberto, Aarón, Brais, Sandelo (Mayor, m.77), De la Sierra, Richi (Darío, m.22), Vía Rápida (Nazo, m.68), Javi e Basti (Figueroa, m.57).
  • Goles: 1-0, m.2; 1-1, m.9: Basti; 1-2, m.13: Basti aproveita un balón peiteado por Javi; 1-3, m.47: Tedín a pase de Vía; 2-3, m.65; 2-4, m.78: Javi; 2-5, m.76: Nazo; 2-6, m.78: Javi chuta pega no pau, rebota nas costas do porteiro e entra.
  • Expulsión: o soneirán Aarón (m.22)
Soneira en Palemira

Superando o fortín do Palmeira

O Soneira troxou os 3 puntos da súa difícil visita a Palmeira. Nun terreo de xogo onde a práctica dun bo fútbol é imposible, o Soneira prantexou de maneira intelixente o encontro e puido facer dano ós locais, que acabaron perdendo 2-6. A pesar do abultado resultado, o Soneira tivo que sufrir para gañar e as cousas non empezarían ben para o equipo do Val de Soneira. No minuto 2, adiantabanse os de Ribeira cun balón colgado a área onde o dianteiro se revolve ben para batir a a Anxo. O Soneira non tardou en reaccionar e, no minuto 9, o "killer" da categoría, Basti, establecía o empate despois dun saque de banda a este para que disparara á reviravolta. Pouco despois, Sandelo, daba un aviso ós locais cun trallazo dende 35 metros que se vai a escasos centímetros da portería. Na seguinte xogada poríase por diante o Soneira, corría o minuto 13, e foi novamente Basti quen despois dunha peinada de Javi, este dispara raso e forte para batir ó porteiro. No minuto 22, producíase a polémica do encontro. Era expulsado Aarón despois de que o dianteiro local saltara co codo por diante sen ningunha intención de xogar o balón, o defensa muradán encarase co xogador local e nun pequeno achegamento de cabezas o xogador do Palmeira simula agresión e o árbitro decide expulsar ó xogador do Soneira e sacarlle tan só tarxeta amarela ó dianteiro rival. Manolito, tivo que reaxustar o equipo e realizou un troco obrigado sacando a Richi e dando entrada a Darío para reapuntalar a zaga. Con 2-1 iríase ao descanso, a espera dunha longa segunda parte para os vimianceses. Os segundos 45 minutos non puideron comezar mellor e, no minuto 47, marcaba o 1-3, De la Sierra, tras un saque de banda para Vía onde este lla cede ao centrocampista de Tedín para que envie o balón ao fondo da rede. Recurtaría distancias o Palmeira no minuto 65 tras un balón longo onde o dianteiro se pranta diante de Anxo, o gardamallas soneirán detén o balón no man a man pero o rexeite cae de novo en pés do xogador local para marcar o 2-3. Volveu a ampliar a vantaxe o Soneira e sería por mediación de Javi no minuto 72, que se aproveita dunha indecisión defensiva tras un balón longo para marcar de vaselina o 2-4. Soneira en Palmeira-Foto-Oscar No minuto 75 puido marcar de novo Javi tras o saque dun córner onde se lle escapa a pelota ó porteiro e onde o pelirroxo remata pero o seu disparo sacao na línea un defensa. O Soneira seguía atacando e buscando o gol e, no minuto 76 deixaría tamén o seu selo Nazo, que recolle un rechace na frontal para marcar cun forte disparo. Cun Palmeira xa desesperado daría a estocada definitiva o conxunto soneirán. No minuto 78, Nazo combina con Javi e este dispara raso, o balón bate no pau, rebota na espalda do porteiro e introdúcese na portería local para establecer o definitivo 2-6. O Palmeira tivo dúas boas ocasións. Primeiro, no minuto 84, un disparo que bate no longueiro e, despois, no minuto 93 tras o saque dunha falta rápido onde extremo cédea atrás e, dentro da área pequena, o dianteiro mándaa por riba da portería de Anxo, que pouco traballo tivo durante todo o encontro e onde se mostrou moi seguro cando tivo que actuar. Xa finalizado o encontro foi expulsado o porteiro local por protestar.  

Malpica - Baio (1-3)

11 do Malpica ante o Baio-Foto-Luis Porto 11 do Malpica ante o Baio-Foto-Luis Porto
  • Malpica: Asier; Casais, Martín Uru (Carlos Mallo, m.83), Kike, Rubén; Eme, Eloi Vilas, Adrián Rei (Petís, m.46), Martín Mara, Almeida (Sergio, m.86), Charro.
11 do Baio en Malpica-Foto-Luis Porto 11 do Baio en Malpica-Foto-Luis Porto
  • Baio: Pablo; Fachal (Ramón, m.84), Eloi (Julián, m.88), Mario, Yago; Norberto, M.C., Martín (Rubio, m.75), Cristian Ordoñez, Moreno, Saleta e (Luisito, m.63).
  • Goles: 1-0, m.38: M. Mara rouba en tres cuartos, encara e marca; 1-1, m.74: MC de córner directo; 1-2, m.77: en propia meta cas costas de Rubén tras un centro de Luisito; 1-3, m.79: MC pelexa un balón, aproveita un balón que non atalla Asier e marca a pracer.
Capis do Malpica e Baio-Foto-Luis Porto Capis do Malpica e Baio-Foto-Luis Porto

A importancia de 6 minutos

En 6 minutos conseguíu o Baio os seus tres goles, dando a volta a un marcador que o Malpica estreara na primeira metade. Foi no segundo derbi da tempada na categoría, marcado ademais pola volta de Óscar Suárez a Pedra Queimada, despois do seu curto paso polo banco malpicán a pasada campaña. Chegaba o Baio con necesidades a Malpica e iso se notou nunha segunda metade na que os baieses foron lixeiramente superiores sobre todo en intensidade. A primeira estivo ben controlada polo Malpica, que nunha contra se adiantaba. O equipo de Chema Rivadulla tivo que replegarse un pouco na segunda polo empurre dos baieses, pero á contra Petís e Charro puideron ampliar a renda. MC avisaba cun tiro espectacular dende 30 metros, pouco antes de poñer o empate de gol olímpico. Rompía así unha longa xeira de falta de acerto (o equipo marcara 1 tanto nos primeiros 4 partidos), e en apenas 6 minutos, un gol con algo de sorte tras un rebote, e outro de MC tras un erro do meta local, permitían aos baieses sumar a primeira vitoria e saír dos postos de urxencia.
 

Tordoia - Sofán (0-2)

11 do Sofán en Tordoia-Foto-Sd 11 do Sofan en Tordoia-Foto-Sd
  • Sofán: David Insua, Sito (Alex Pri, m.25), Alex Varela, Rubén, Félix, Pablo Martínez (Raúl Insua, m.89), Iván Rey, Franchu (Martín, m.79), Luisito, Adrián e Javi Doldán (Xuco, m.87).
  • Goles: 0-1, m.25: Luís coa axuda do porteiro que lle cola un centro fácil por debaixo das pernas; 0-2, m.88: Martín dende o borde da área.
  • Lesión: Sito tivo que saír en ambulancia pero xa está recuperado.
Sofan en Tordoia-Foto-SD Imaxe do choque do Sofán en Tordoia-Foto-SD

Partido non apto para cardiacos

Partido de infarto o vivido en Tordoia, con dúas afeccións volcadas e con intensidade ata o último suspiro e que só a efectividade dos de Josito decantou a balanza. Un choque que confirma a melloría desta SD, xa con 9 puntos na parte noble da táboa. Comezaba o choque con intensidade, cunha SD á que lle tocaba intentar mandar o balón ante un cadro local que esperaba atrás. Non había moito xogo e só as xogadas de estratexia parecían crear perigo. Atopouse cun tanto a SD tras un erro grave do meta local e aí cambiou o choque. Sobre todo na segunda, cando aínda se puxo máis intenso cun Tordoia que comezaba a crear perigo, sobre todo da man de Denis, que tivo varias ocasións para empatar. Cada balón era pelexado coma o último e co Tordoia volcado Alex Pri e Javi puideron sentenciar pero foi Martín o que permitíu xogar os últimos 5 minutos cunha tranquilidade non vivida ata o instante. Sofan en Tordoia-Foto-SD Sofán en Tordoia-Foto-SD  

Bertamiráns B - Corme (1-2)

  • Corme: Suso, Diego, Dani Cousillas (Adolfo, m.70), Alejandro, Jesús, Sergio Sueiro, Brais, Juan Chans (Brais Torrado, m.87), Adrián Doldán (Eloy Villar, m.66), Lucas (Isaac, m.89) e Josiño (Joshua, m.80).
  • Goles: 0-1, m.55: Juan Chans; 0-2, m.60: Juan Chans; 1-2, m.75: Jaime.

A primeira vitoria

Chegou por fin a primeira e importantísima vitoria do Corme, que conta coa baixa de Alejo por alomenos un mes, ante un relativamente frouxo filial do Bertamiráns. A primeira parte non houbo claro dominador e ambos equipos crearon ocasións claras de gol pero sen resultado. Xa na segunda o Corme empezou mais enchufado e conseguiría poñerse 0-2 cos tantos de Juan Chans. Tocarialle sufrir ó Corme ata o final e o Bertamirans recurtaría distancias pero sen acerto cara gol.  

Val do Ulla - Outes (2-1)

  • Outes: Rizos, Borja, Jura (Samu), Pose, Dani, Chía (Veleiro), David (Babu), Jorge (Martín), Piki, Mario e Yago (Elías).
  • Gol: 1-0, m.20: Jacobo 2-0, m.30: Javi; 2-1, m.72: Elías.

Merecendo máis

Outra ves foi superado o cadro da Serra na primeira parte, e permitíu que o Val do Ulla se colocase con dous goles de vantaxe na primeira media hora, a pesar de que non tiveron máis oportunidades. Mellorou moito cadro de Roque na segunda, superando en todo momento ao cadro local, e fallando ocasións das que non soe fallar. Piki e Mario e Elías e Mario tiveron un par de xogadas de pase da morte pero non acertaron a recurtar. Ademais pediu Piki un penalti. Era Elías o que recurtaba a falta de 20 minutos, pero o empate non dou chegado. "Marcharon 3 puntos pero xa se sabe que esta liga non vai ser nada fácil", recoñece o propio Manu.

Crónicas da 1ª Autonómica

Crónicas da semana

Conversas co Mito

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colaboran Luís Porto, SD Sofán, Óscar Basalo, Manu Roque, Fin Lema.

Comentarios