mércores. 13.11.2024
El tiempo

1ª Galicia: Dumbría e Fisterra á alza

1ª Galicia: Dumbría e Fisterra á alza
VAL DO ULLA U.D. 3 - C.D. BAIO 2 CD BAIO: Dani Varela, Alex Varela (Moreno 28´), Isaac, Yago Couto, Damián (Pablo 75´), Norberto, MC, Bieito, Iván Rojo (Sergio 65´), Peque e Santi Díaz (Josiño 80´) GOLES: 1-0 21´Jacobo Porto   1-1 31´Santi Díaz   2-1 47´Jacobo Porto   3-1 63´Carlos de penalti  3-2 85´MC de penalti O Baio caeu derrotado na Ponte Ulla nun disputadísimo e entretido encontro, con moitos goles e alternancia no xogo. Adiantouse o equipo local ós 21´, pero pronto Santi Díaz estableceu a igualada nun centro de MC. Iván Rojo disparou sobre a frontal detendo o porteiro local. Ó descanso, igualada a 1. Pero ó saír dos vestiarios nun centro lateral volviuse a adiantar o equipo local, e pouco despois de penalti Carlos establecia ó terceiro. O Baio buscou mellorar cos cambios pero só de penalti a pouco do final MC foi quen de recurtar distancias. S.D. ESTEIRANA 1 - C.F. DUMBRÍA 6 SD ESTEIRANA: Alex de Yi, Codesido, Simón (Pachi 59´), Josiño Alves (Samu Pensado 59´), Maroñas, Alex Rama (Manu 61´), Raúl (Adrián 61´), Manu tobío, Elías, Pablo Rama (Roberto 2´) e Rober Pladur CF DUMBRÍA: Iván Baña, Canario, Pablo Paz (David CArreira 56´), Matías, Marcos Mouro, Iago (David 61´), Yuyo (Charly 70´), Cespón, Darío Capelo, Eloy e Xabi (Rivi 46´) GOLES: 0-1 4´Yuyo   0-2 10´Yuyo   0-3 47´Yuyo de penalti   0-4 56´Iago de penalti   0-5 58´Rivi   1-5 60´Rober Pladur   1-6 70´Yuyo Expulsado Alex de Yi 2´ O derbi en Esteiro acabósenos pronto. Na primeira xogada do partido un balón longo do Dumbría teno que cortar coas mans fora da area Alex de Yi, coa conseguinte expulsión. Ten que entrar Roberto e saír Pablo Rama nada máis empezar. Nun centro lateral o gardameta local anda dubitativo e Yuyo empurra o balón á rede. E no saque de centro do gol, recupera o Dumbría e Yuyo anota o segundo. O encontro practicamente rematou. O Dumbría administrou a vantaxe contra 10, e a pesar do gran esforzo dos xogadores da Esteirana, moi reseñable polas circunstancias en contra. os goles foron caendo, con dous penaltis, e o gol de Rivi tras a volta da lesión. O Dumbría segue en boa xeira e a Esteirana terá que mellorar para saír dos postos baixos. Destacar o gran ambiente no Xosé Luis Vara e a afección local que non deixou de animar a pesar do resultado. S.D. FISTERRA 3 - C.D. UNIÓN 0 SD FISTERRA: Iván Bouzón, Julito, Andrés Vigo, Breixo (Gabriel Vigo 75´), Dani Rubia, Roco, Pichino (Adrián 62´), Coté, Roa (Edu 82´), Bruno (Jesús 52´) e Mackay (Pablo Lestón 67´) GOLES: 1-0 7´Bruno   2-0 35´Bruno   3-0 89´Pablo Lestón Atopamos ó Fisterra que queremos, ese que pensamos que este ano debe de dar moita guerra, no encontro de onte. Dominaron o encontro totalmente, no primeiro tempo a favor de vento, o Unión non daba saído da area e puido ir ó descanso cunha boa chea de goles. Bruno anotou dous pero puideron ser máis. O centro do campo fisterrán dominou totalmente o xogo e o Unión viuse superado unha e outra vez. Na segunda parte o encontro relaxouse, cos cambios o Fisterra seguiu a bo nivel e Pablo Lestón contra o final fixo o terceiro de vaselina a pase de Jesús. SONEIRA S.D. 1 - TORDOIA C.F. 2 SONEIRA SD: Javi Souto, Darío, Sito (Fran 69´), Alemán, Brais (Aarón 69´), Sandelo, Alex Taibo, Nazo (Sergio 79´), JAiro, Pichi e Basti GOLES: 1-0 6´Pichi   1-1 43´Maki   1-2 44´Denis Foi expulsado Dubra 78´ O Soneira non levanta cabeza en canto a resultados se refire. Onte adiantouse pronto cun gol de Pichi pero en dous minutos aciagos antes do descanso os dianteiros visitantes Maki e Denis remontaron o encontro. O Soneira intentouno no segundo tempo e máis tras a expulsión de Dubra e coa saída de Aarón pero non foron quen de conseguir marcar e lévanse unha nova derrota.

Comentarios