Martes. 16.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Afianzando o liderato na casa

1ª Galicia: Afianzando o liderato na casa
Choque do Fisterra en Ara Solis Nova vitoria do Fisterra en Ara Solis banner reale_300x250_agencia_baio Reale Seguros Baio patrocina a 1ª Autonómica Cinco vitorias seguidas suma o Fisterra no seu mellor momento da temporada, e saca xa 4 puntos ao segundo clasificado. Unha festa é Ara Solis, un ano máis, cun equipo que rompe teitos. Pola contra, cortou unha serie semellante o Dumbría cunha inesperada derrota ante o Praíña. Unha derrota que evitou Dani Fedello cunha gran parada no treito final e que salvou un importante puntiño para o Baio, que segue sumando. Se cadra a vitoria máis importante foi a do Soneira, ante un rival moi directo como era o Bertamiráns. Agora o cadro vimiancés sobe á 11ª praza pero a apenas 2 puntos da zona de descenso. A cousa está tan apretada que as opcións da Esteirana seguen intactas, a pesar de seguir de pechacancelas tras sufrir unha nova derrota, desta volta ante o potente Flavia, agora 2º. Os de Geno, de vencer 3 partidos seguidos, poderían saír mesmo do descenso.

Fisterra - Bastavales (3-0)

  • Fisterra: Bouzón, Roco (Dani, m.10), Breixo, Julio, Rubia, Aarón, Piti, Jesús, Pablo Lestón (Edu, m.65), Roa (Mané, m.70), Adrián Makaay (Bruno, m.60).
  • Goles: 1-0, m.20: Aarón de cabeza; 2-0, m.30: Adrián Makaay; 3-0, m.65: Aarón.
Partido serio dun Fisterra que non podia fallar no seu campo para afianzarse co liderato. Pronto se adiantaban os de Ángel López, cun tanto que daría a tranquilidade necesaria para seguir controlando o choque. Á media hora aparecía o de sempre, Adrián Makaay para facer un golazo dende fóra da área que deixaba o partido encarrilado. Ergueuse, a pesar de todo, o cadro visitante, pero Bouzón fixo unha boa parada para deixar o 2-0 ao descanso. A segunda metade tivo pouca historia, cun Fisterra moi serio, controlando o partido, coa sentencia de Aarón aínda con 25 minutos para o remate.  

Flavia - Esteirana (4-0)

  • Esteirana: Alex de Yi, Simón, Samu Pensado, Josiño Alves, Dani Rama, Carlos, Code, Róber Pladur, Elías Ruso, Manu Tobío e Raúl. Tamén: Roberto Blanco, Brais, Pablo Rama, Josiño Barreiro e Adrián.
  • Goles: 0-1, m.30; 0-2, m.85; 0-3, m.87; 0-4, m.89.
Segue sen sorte o cadro esteirán que viu como se lle escapaba outro choque tivo moi preto. Os de Geno, que non se adaptaron en ningún momento á lameira de Padrón, vían como o Flavia saía máis dominador e se adiantaba cun tanto á media hora. Pouco a pouco os esteiráns foron volcando o choque cara a área local ante meter aos locais no seu campo, levando o peso do partido durante case unha hora de xogo, e tendo o empate nos pés de Raú. Pero nos últimos 5 minutos, tres contras acabarían co partido dando ademais un golpe moral aos blaugranas. Saben, en todo caso, que a clasificación está tan apretada que non hai nada decidido.  

Soneira - Bertamiráns (2-1)

  • Soneira: Javi, Samu, Aarón, Alemán, De La Sierra, Taibo (Luís, m.87), Sandelo, Agra (Chinda, m.77), Madiop (Brais, m.89), Pichi e Basti (Pose, m.60)
  • Goles: 1-0, m.58: Aarón; 2-0, m.62: Samu; 2-1, m.78: Ángel.
Partido feo o vivido no Municipal con dous equipos 2 imprecisos, moi nerviosos debido un pouco a situación clasificatoria de ambos. Empezaria o Soneira tendo boas ocasións de gol coma un gol anulado a Basti e dúas boas intrvencións do meta visitante un a Basti tras un disparo cruzado e un cabezazo de Agra que saca o porteiro na linea de gol cando xa se cantaba gol e Pichi cunha volea que se vai alto por moi pouco estarían preto de adiantar os vimianceses. Pero chegaría unha das xogadas claves do encontro un fallo grave de Alemán deixa só o dianteiro do Bertamiráns diante de Javi e este saca unha providencial abaixo e coa axuda do pau salvan o gol. A segunda comezaba con bos minutos locais e en apenas 5 minutos, Aarón de cabeza faría o primeiro e pouco despois Samu faría o segundo tras unha boa xogada colectiva. Cando máis comodo estaba o Soneira un mal pase de Sandelo deixa o só ao dianteiro visitante diante de Javi para recurtar diferencias. Quedaba aínda 15 minutos pero o cadro de Pedro Gómez aguantou sen demasiados apuros a vitoria.  

Praíña - Dumbría (2-1)

  • Dumbría: Iván Baña, Samu Quintáns, Matías, Marcos Mouro, Iago, Rivi, David García, Pablo Paz, Alberto, Jesús e Marcote.n Tamén: David Carreira, Eloy, Carlos, Xabi Castro e Jorge.
  • Goles: 0-1, m.7: David; 1-1, m.28; 2-1, m.92.
Derrota inesperada do Dumbría no tempo de desconto ante un rival inferior. O cadro de Julián adiantáríase pronto cun remate de David no segundo pau a un bo pase de Marcote. Pero pouco despois empataba o cadro local. Eran minutos de igualdade pero Yuyo e Marcote tiveron as mellores ocasións para desequilibrar a balanza no primeiro tempo. Desapareceu o fútbol na segunda, con moito medio do campo e interrupcións. E o partido esmorecía, unha contra sorprendeu aos visitantes para quitarlle ese puntiño que xa estaban gardando nos vestiarios.  

Unión - Baio (0-0)

Imaxe do Union Baio Imaxe do Union-Baio
  • Baio: Dani, Isaac, Yago, Álex Varela, Damián, Alex Figueiras, Bieito, Rubio, Iván Rojo, Martín MC e Santi Díaz. Tamén xogaron: Julián, Norberto, Moreno, Peke e Sergio.
Partido dificil no que na primeira parte foron superiores os locais e tiveron varias ocasións que tiraron fóra. Na segunda mellorou o cadro baiés, pero apenas chegaron á meta rival. Clave foi de novo Fedello, cunha gran parada a falta de 10 minutos que salvou un punto que os mantén na 4ª posición e con 4 partidos sen coñecer a derrota.  

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios