Mércores. 24.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Boa xornada para case todos

1ª Galicia: Boa xornada para case todos
SIGÜEIRO C.F. 0 - S.D. FISTERRA 1 O Fisterra renacíu en Sigüeiro S.D. FISTERRA - Paulo, Andrés Vigo, Fabián, Breixo, Robertín, Dani, Piti, Roa, Gabri (Mané 69´), Isaac (Pablo Lestón 40´)(Dani 87´) e Jesús GOL: 0-1 3´Gabri Apareceu o Fisterra que todos coñecemos en Sigüeiro e reactiva as esperanzas de salvación dos verdes. Nun inicio moi bo de encontro adiantouse o conxunto de Noé. Un saque de Paulo peinado por Robertín cáelle a Gabri que de volea anotou o único tanto do encontro. O primeiro tempo foi de locos, con idas e vidas e moitas ocasións. O Fisterra foi quen de aguantar as embestidas locais no segundo acto, e incluso Mané e Pablo Lestón tiveron opcións de marcar o segundo. O Sigüeiro puido igualar ó final pero Paulo estivo moi acertado. O partido foi dunha intensidade elevada CORDEIRO C.F. 0 - SONEIRA S.D. 3 SONEIRA S.D. - Anxo, Darío, Jota, Aarón, Forján, Sandelo, Chapela (Chinda 77´), Alex Figueiras (Josiño 87´), Pichi, Basti (Nazo 69´) e Vía (Alex 83´) GOLES: 0-1 20´Vía   0-2 56´Chapela   0-3 80´Pichi Está o Soneira imparable. Foi superior ó Cordeiro, tivo o control do partido e trouxo tres importantes puntos. Unha gran xogada colectiva serviu a Vía para adiantar ós visitantes no minuto 20. O Cordeiro tentou o empate no inicio do segundo tempo, máis por imprecisións do Soneira que por acertos propios, pero o 0-2 de Chapela tras un gran pase de Forján sentenciou o encontro. Pichi redondeou o marcador cun gran disparo á escadra. S.D. PILOÑO 1 - S.D. SAN LORENZO 0 S.D. SAN LORENZO - Javi Souto, Luciano, Samu, Juanjo (Brais Cancela 85´), Adrián, Alex Taibo, Aitor (Pablo Garrido 88´), Mario, Parafita, Dani Pena e Diego Varela (Kevin 80´) GOL: 1-0 83´Alberto Pardo Expulsado Santi 62´ Continúa a mala sorte do San Lorenzo. Onte fixo un partido para merecer máis en Piloño, pero a pesar de que o equipo local xogou con 10 a última media hora, o San Lorenzo non foi quen de aproveitalo e encaixou un tanto na recta final que o condenou a unha nova derrota. C.D. BAIO 1 - FLAVIA S.D. 1 Dúas xeracións de capitáns, Padín e Yago Couto C.D. BAIO - Dani Varela (Adrián Vázquez 24´), Pablo Novo, Isaac, Adrián Lema (Diego Moreno 61´), Yago Couto, Mario, Martín (Rubio 77´), Ivan Rojo, Santi Díaz, Bieito e Peke GOLES: 1-0 8´Santi Díaz   1-1 14´Salva Meritoria igualada do Baio ante un dos equipos máis potentes da categoría, o Flavia de Camilo Perol. Adiantouse o conxunto local pronto por medio e Santi Díaz, pero pouco lle durou a alegría. O central do Flavia Salva igualou ó cuarto de hora. Tivo que retirarse o gardameta Dani Varela á media hora, sustituido por Adrián Vázquez. No segundo tempo o partido puido caer para calquera lado. Tivo unha gran ocasión o Flavia nun libre directo de Padín que dou no pao, pero nos intres finais unha gran xogada de Isaac rematou en disparo de Santi Díaz que non foi gol de casualidade. Bo punto do Baio que deberá refrendar en próximas xornadas. O Baio adiantouse pronto no marcador

Comentarios