Domingo. 03.11.2024
El tiempo

1ª Galicia: os nosos dan a cara

1ª Galicia: os nosos dan a cara
C.D. BAIO 2 - U.D. BASTAVALES 0 BAIO: Dani Varela, Isaac, Adrián Lema (Ramón 89´), Yago, Pablo Novo, Norberto, Moreno, Peque, Santi Díaz (Raúl 78´), Martín (Rubio 80´) e MC (David Regueira 88´) GOLES: 1-0 36´MC   2-0 57´Norberto O Baio dou un bo salto na clasificación e saíu de zona de arrastres merced á súa importante vitoria ante o Bastavales. O conxunto baies atopou a senda do gol que se lles negaba en anteriores xornadas. Foi MC, quen senón, o que inaugurou o marcador á media hora. Tras o descanso o Baio controlou o partido e Norberto anotou o segundo e definitivo tanto. Puido ampliar a renta Santi Díaz nun par de ocasións. Debutaron os xuvenís Regueira e Raúl. CHAIAN C.F. 1 - SONEIRA S.D. 1 SONEIRA: Josiño, Darío (Nazo 69´), Jota, Brais Mouzo (Aarón 57´), Forján, Sandelo, De la Sierra (Chapela 57´), Alex Figueiras, Pichi, Basti (Chinda 76´) e Vía GOLES: 1-0 51´Juancar 1-1 71´Aarón O Soneira fixo un bo encontro en Chaián pero so puido traer un empate. Tivo a posesión do balón e moita profundidade nas súas accións, pero a actuación do porteiro Miguel, ex do Mazaricos, impediu a vitoria visitante. O gardameta sacou tres man a man a Pichi, Basti e Sandelo. Basti botou fora unha clarísima ocasión no inicio do 2º tempo. Adiantouse o Chaián con gol de Juancar, ex do Mugardos que debutaba onte. O colexiado anulou incomprensiblemente dous tantos ó Soneira por fora de xogos moi dubidosos, e Aarón igualou o encontro, unha igualada que se antolla inxusta visto o visto no terreo de xogo. FLAVIA S.D. 6 - S.D. FISTERRA 0 FISTERRA: Paulo, Ayose, Dani, Piti (Gabri Pazos 61´), Breixo, Roa, Roco, Edu (Ezequiel 74´), Issac, Pablo Lestón (Fabián 61´) e Nacho (Javi 46´) GOLES: 1-0 5´Andrés   2-0 9´Brais   3-0 37´Seijas   4-0 74´Brais   5-0 79´Otero   6-0 85´Alex Pérez Caeu derrotado o Fisterra en Padrón con contundencia, nun encontro que non pode empañar a traxectoria última do equipo de Noé, e simplemente haberá que tomalo como un mal día para olvidar. Dous tantos dos locais no inicio do encontro case que sentenciaron o choque, pois ós 10 minutos o Fisterra perdía xa con claridade. Tiveron Edu e Nacho boas ocasións para recortar a diferencia pero o balón non quixo entrar. A pesar de que deron a cara, os fisterráns viron como no treito final o acerto goleador do Flavia levaba ó marcador definitivo a un Flavia que intenta desesperadamente acercarse ós postos de ascenso. C.D. UNIÓN 0 - S.D. SAN LORENZO 0 SAN LORENZO: Javi Souto, Juanjo (Baneira 65´), Luciano, Samu, Pablo Díaz, Alex Taibo, Dani Pena, Parafita, Mario (Pablo Garrido 73´), Diego Varela (Yago 76´) e Brais Cancela (Joaquín 69´) Boa igualada no campo das Vilas de Rianxo dun San Lorenzo en alza, que se acerca ós postos de salvación e continúa a boa xeira de resultados dende a chegada de Mallón ó banco verdillés. O Unión tivo o control do balón pero o San Lorenzo controlou o partido. As ocasións foron visitantes, con varios man a man e algunha de só empurrala, pero a falta de puntería penalizou ós nosos con só o empate.    

Comentarios