Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Renacer do Fisterra e San Lorenzo

1ª Galicia: Renacer do Fisterra e San Lorenzo
SONEIRA S.D. 0 - S.D. FISTERRA 1 SONEIRA: Anxo, Darío (Nazo 68´), Jota, Aarón, Forján, Chapela (De la Sierra 83´), Pichi, Basti, Vía, Sandelo e Alex Figueiras FISTERRA: Paulo, Andrés Vigo, Fabián, Breixo, Robertín, Ayose, Jesús (Pablo Lestón 63´), Roa, Gabriel Pazos (Dani Martínez 77´), Víctor, Gabriel Vigo (Javi 83´)(Joselu 88´) GOLES: 0-1 9´Gabriel Pazos Intenso derbi en Vimianzo Un solitario gol de Gabriel Pazos volveu a darlle a vitoria a un Fisterra que parece renacer das súas cenizas, esta vez a costa dun Soneira que viña lanzado pero que non puido coa garra fisterrán no derbi. De inicio unha saída en falso de Anxo foi aproveitada polo rapaz do Fisterra para anotar o tanto que á postre sería o único da tarde. O Soneira tentou encerrár ó Fisterra pero a falta de precisión nos metros finais fixo que non houbera claras ocasións. O Fisterra replegouse ben e buscaba as contras. No segundo tempo aínda se intensificou máis o dominio local, e gozarían de boas opcións para empatar, pero Pichi non estivo moi acertado no remate. Foi anulado un gol a Nazo no treito final do encontro por fora de xogo. O colexiado expulsou ó adestrador visitante Noé no 57´. S.D. SAN LORENZO 2 - CORDEIRO C.F. 1 SAN LORENZO: Javi Souto, Luciano, Samuel, Adrián, Juanjo, Alex Taibo (Anxo 89´), Parafita, Mario, Dani Pena (Brais Cancela 79´), Aitor (Pablo Díaz 67´) e Diego Varela (Yago Varela 88´) GOLES: 1-0 31´Dani Pena   1-1 44´Pablo   2-1 69´Parafita Expulsado Mario 58´ Gran partido dun San Lorenzo que non se rinde, e que a pesar de xogar cun home menos levouse o encontro. Saíu moi ben o cadro de Oscar, con Diego e Dani Pena en ataque como novedad táctica, e dou bo resultado. Nunha recuperación Diego internouse por banda, centrou e Dani Pena chegando dende atrás inaugurou o marcador. Pero como sempre os erros defensivos pasan factura ós de Verdillo. No único despiste da tarde igualou o Cordeiro xusto antes do descanso. Lonxe de baixar os brazos o San Lorenzo seguiu dominando no segundo tempo, pero foi expulsado Mario no 58. E cando parecía todo máis difícil, o equipo foi intelixente, replegouse e esperou a súa oportunidade, que chegou nun gran centro de Dani Pena que Parafita rematou ó fondo das mallas. Ata o final, aguantar o marcador, e a saída de Brais Cancela foi un balón de osixeno, pois o senior de 1º ano fixo 15 minutos espléndidos e doulle aire ó equipo. BERTAMIRÁNS F.C. 0 - C.D. BAIO 0 O Baio arrancou un bo punto nun difícil campo BAIO : Dani Varela, Pablo Novo, Adrián Lema (Iván Rojo 53´), Ramón (Isaac 66´), Mario, Norberto, Peque, Santi Díaz (Rubio 66´), Diego Moreno, Bieito e MC Igualada do Baio en Bertamiráns cunha pizca de sorte, pois o equipo local tivo boas ocasións no treito final, pero dous balóns ó pao evitaron que o marcador se movese. No inicio unha boa oportunidade de Moreno cun lanzamento que rozou o longueiro foi a mellor ocasión do Baio. O Bertamiráns tivo a súa mellor opción nas botas de Pablo Souto á media hora, e sobre todo outra de Pinaque no 43´que rexeitou Dani milagrosamente. No segundo tempo máis do mesmo, moito centrocampismo. Coa entrada de Iván Rojo o Baio estiroue algo, e tivo o carballés unha boa opción no 77´. O Bertamiráns tivo a vitoria nunha doble ocasión que dou no pao e no traveseiro no 81´. E pouco despois un novo remate de Julio dou no traveseiro da porta de Dani Varela, que aínda tivo que facer unha boa intervención a disparo de Ces.  

Comentarios