Mércores. 09.10.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Esteirana e Sofán manteñen o pulso

2ª Autonómica: Esteirana e Sofán manteñen o pulso

Intensa a xornada na Liga da Costa que deixa de novo a Esteirana e Sofán líderes, pero con Cee e Baio pisando os talóns. Os esteiráns sufriron para doblegar ao Cabana, penúltimo, pero acabaron goleando a base de eficacia. O Sofán disputaba o choque máis igualado e esperada da xornada ante un Corme que estaba recuperando efectivos pero que volveu sufrir importantes lesións. Así e todo, os carballeses tiveron que sufrir e remontar deixando ao Corme a 8 puntos.

O Baio foi un vendabal en Miraflores ante un Volantes que está en mala racha. O Cee fixo o propio cun Montelouro que suma 4 derrotas consecutivas. Pola súa banda, as revelacións, Carnota e Zas, asinaron táboas nun choque intenso en Lombáns.

Por abaixo aprétase a cousa. Importantes as vitorias de Corcubión e Outes para saír do pozo,así como a do Muros ante o sempre irregular Castriz. Pero ollo, que dende o propio Muros, 9º con 15 puntos, ata o Mazaricos, antepenúltimo, só hai 5 puntos, ademais de que o Dumbría B e Cabana teñen 6 e 7 puntos respectivamente.

Sofán - Corme (3-2)

Sofan-Corme-Foto- SD Sofan
  • SOFÁN: Bugy, Lista, Diego, Juanjo, Gustavo (Santi, min.65), Michel, Ivan Rey, Eloy, Edu (Marcos, min.87), David Pensado (Eloy Boedo, min.50), Abel (Cantudo, min.85)
  • CORME: Susiño, Adolfo, Alejandro (Chino, min.70), Jesús, Martinciño, Diego, Brais, Adrián Doldán (Brais Torrado, min.82), Juan Chans, Lucas (Manu, min.20), Juanma.
  • Goles: 1-0, min.20: Eloy; 1-1, min.47: Adrián Doldán; 1-2, min.49: Adrián Doldán; 2-2, min.78: Eloy; 3-2, min.82: Eloy Boedo.
  • Lesións: os cormeláns Lucas e Alejandro.

Era o partido da xornada e non defraudou. Dous dos chamados a estar arriba se enfrontaban no Carral, cun Sofán na segunda praza e un Corme que vai recuperado efectivos pero que onte volvía ter mala sorte coas lesións, e dous puntais como Lucas e Alejandro resentíase e tiñan que abandonar o campo antes de tempo.

O partido comezaba cunha intensidade tremenda, e o Sofán se puña por diante cun tanto que viña precedido dunha falta inexistente segundo os cormeláns. Pero nun comezo fulgurante na segunda Adrián Doldán daba a volta ao marcador en apenas 5 minutos. Quedaban aínda 40 longos minutos, e o Carral volcouse ca remontada.

E tivo a sorte de cara o cadro local. Primeiro a lesión de Alejandro, o home clave dos cormeláns, tiña que deixar o campo. E despois dous tantos protestados polos visitantes por posibles fóra de xogo daban o partido aos sofanistas cando só faltaban 5 minutos para o final do partido.

Sofán-Corme- Alejandro lesionouse - Foto- SD Sofan

Cabana - Esteirana (2-5)

  • CABANA: Añón, Pazos, Mato, Marcos, Eloy, Sandro, Diego, Rubén Rama, Fernando, Adao (Iván Mato, min.70), Manolo do Cruceiro (José, min.60).
  • ESTEIRANA: Beni, Simón, Roi, Dani Rama, Suizo, Pepiño, Picholeiro (Adrián, min.80), Pablo, Álex (Raúl, min.86), Róber Pladur, Kike (Pablo Xuv, min.76)
  • Goles: 1-0, min.10: Fernando; 1-1, min.20: Kike; 2-1, min.30: Rubén Rama cun golazo; 2-2, min.60: Kike de falta directa; 2-3, min.65: Róber Pladur; 2-4, min.75: Róber Pladur; 2-5, min.80: Álex.

Amarga derrota do Cabana ante unha Esteirana que segue tirando de verticalidade e efectividade para manterse no máis alto da táboa da Liga da Costa. Os de Mallón se colocaban en dúas ocasións por diante, pero o cadro esteirán non perdoou e cunha segunda metade moi potente, deu a volta ao marcador.

Se na primeira metade o Cabana estaba mesmo sendo superior, na segunda aguantaba o envite dos visitantes. Pero o marcador movíase, e sempre para o lado blaugrana. A dupla de arriba dos visitantes, Kike e Róber Pladur, foi letal, e cada vez que agarraban o balón preto da área, acababa en gol. Alex completou a inxusta goleada que deixa tocados aos locais.

Cee - Montelouro (3-0)

Cee-Montelouro-Foto- Edu Olveira
  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Piquero, Berto (Rafa, min.62), Mario (Carlos Leis, min.62), Fernandito, Angeliño (Fermín, min.85), Rubén Yayá (Patera, min.76), Llanero, Chiru (Fiuza, min.68)
  • MONTELOURO: Canario, Bolo, César, Chema, Pablo (José, min.80), Fernando, Edu (Pedro de García, min.70), Ismael, Denis (Pepiño, min.71), Ancho (Raúl, min.61), Geiko.
  • Goles: 1-0, min.33: Llanero de cabeza a centro de Fer; 2-0, min.75: Rubén Fiuza; 3-0, min.78: Llanero.

Dúas liñas de xogo diferenciadas enfrontábanse no San Paio de Refoxos e o Cee, que viña forte, vencía con claridade a un Montelouro en clara liña negativa tras un gran comezo de liga. A primeira metade foi igualada, sen un dominador claro e sen claras ocasións. Só Llanero tirou de calidade para asinar o gol de cabeza. Rubén Yaya e Ancho tiveron ocasións para mover o marcador antes do descanso.

A segunda metade xa foi de único cor celeste ante un cadro visitante ao que as dimensións do campo se lle facían demasiado grandes. Os visitantes desapareceron do campo, e o Cee tomou o mando. Angeliño, de falta, Rubén Yaya e Llanero avisaban antes do segundo gol local, Fer volvía a centrar para que Rubén Fiuza de primeira superara a Canario. O segundo tanto tiña de novo a sinatura do punta ceense, recuperado xa para xogar os 90 minutos. Llanero marchábase de 2 rivais, abría a Patera que centraba para que o propio Llanero, entrando dende atrás, remachase a goleada.

Llanero foi de novo peza clave no Cee ante o Montelouro- Foto-Jorge Parri

Castriz - Muros (1-3)

  • CASTRIZ: Toñito, Rubén, Prego, Alejandro, Pepe, David Pose (Anxo, min.70), Javi (Pablo, min.60), Luis (Sergio Gerpe, min.75), Bruno, Sebas (Víctor Pazos, min.61), Roberto.
  • MUROS: Fabio, Javi de Vístete, Paky (Pedro de Nieto, min.77), Teo, David, Dani Corniños, Pulpo (Jesús, min.50), Gelo (Lisardo, min.60), Manu Dosil, Saúl, Sexo.
  • Goles: 0-1, min.25: Teo; 0-2, min.60: Gelo; 1-2, min.65: Roberto; 1-3, min.75: Sexo.

Recupera folgos o Muros tras moitas xornadas sen gañar a costa do sempre irregular Castriz. Foron as xogadas a balón parado as que permitiron poñerse por diante aos de Manolo Camelle e as contras as que serviron para matar o partido.
Os locais tentaron a remontada pero a velocidade de Sexo sentenciou o choque.

Corcubión - San Lorenzo (2-1)

Corcubión-San Lorenzo - Foto- Jorge Parri
  • CORCUBIÓN: Cristian Lourido, Miguel, Senra, Gabri, Conguito, Sebas, Lema, Alán (Johny, min.70), David, Cristian (Javi, min.82), Mario (Abelleira, min.60).
  • SAN LORENZO: Abraham, Quillo, David (Adonis, min.69), Casillero, Anxo, Cachizo, Javi Pensado, Bolón (Peque, min.58), Eloy (Pichel, min.69), Fuentefría, Carlos.
  • Goles: 1-0, min.30: Mario; 1-1, min.75: Carlos; 2-1, min.85: Sebas
  • Expulsión: o metal local Cristian Lourido (min.60).
Celebrando o gol de Mario para os corcubioneses-Foto- Jorge Parri

Tremendamente importante a vitoria do Corcubión de Manolín que ademais tivo que tirar de xesta espartana. I é que estivo media hora con 10 pola expulsión de Cristian, e tivo que meterse baixo paos Abelleira, que viña algo mancado nunha man.

O partido comezaba cun lixeiro dominio local, pero os de Verdillo avisaban á contra. Mario foi o único que movía o marcador para os locais. Na segunda os de Gueli estiraban filas, sobre todo ca expulsión do meta corcubionés. E conseguían empatar da man da velocidade de Carlos. Pero tirou de heroe o cadro de Manolín, e Sebas, xa asentado no medio campo trala volta de Gabri ao centro da zaga, meteu o gol da vitoria entrando dende atrás.
Cómpre destacar ademais o debut de Cristian na dianteira corcubionesa, xogador ceense que levaba 4 ou 5 anos fóra dos terreos de xogo e que aumenta a potencia dos de Manolín arriba.

Cristian debutou co Corcubión-Foto-Jorge Parri

Volantes - Baio (0-5)

  • VOLANTES: Rubén Santos, Fran do Español, Nimo, Juan Sivil (Benja, min.70), Javi, Mingos, Adrián, Pardelo (José María, min.46), Yeray (Bolero, min.65), Ivi, Jaro.
  • BAIO: Anxo (Guillermo, min.74), Mario, Ramón (Fredi, min.67), Pablo (Jorge, min.60), José Antonio, Rubio, Alberto (Elo, min.67), Iago, Norberto, Martín (Eloy, min.46), MC.
  • Goles: 0-1, min.15: Iago; 0-2, min.25: Norberto; 0-3, min.40: MC; 0-4, min.60: MC; 0-5, min.80: MC.

Sorprendentemente moi superior se amosou o Baio en Miraflores, facendo un enorme partido e aproivetándose do baixón de xogo dos laranxas, que ademais contaban con numerosas e importates baixas. Dende o primeiro minuto o Baio fíxose dono e señor do balón e na primeria metade o marcador xa reflexaba un claro 0-3, cun gran acerto nas xogadas a balón parado.
MC segue sumando, e xa son 17 goles.

Carnota - Zas (2-2)

  • CARNOTA: Luis de la Peña, Manolo, Pedro, Tono da Caixa, Nakata, Rodri (David de Brea, min.10), Jacobo, Boni, Pablo, Bernardo (Martín Piñeiro, min.60), Manuel Luis.
  • ZAS: Elias, César, Victor Vecino, Oli, Diego, Lagoa, Peke, Jaime, Rubio, Pichín, Pastor (Amado, min.70).
  • Goles: 1-0, min.20: Manuel Luís; 1-1, min.35: Pichín ; 2-1, min.75: Manuel Luís; 2-2, min.80: Pichín.

Enfrontábanse as dúas revelacións da temporada en Lombáns e a igualdade foi a nota predominante. E iso que o Carnota sempre estivo por diante, dominando o balón e buscando máis a meta de Elías. Pero en fronte, os de Mario eran capaces de respostar a cada envite local.

O partido tivo dous actores protagonistas. Por bando local, un Manuel Luís que facia que Cambeiro non botase de menos aos Casti ou Joselu, anotando dous tantos que ben puideron valer 3 puntos. Pero en fronte estaba Pichín, que amargou a festa local a falta de 10 minutos cun fermoso tanto, o seu segundo da tarde.

Buño - Dumbría B (7-2)

  • BUÑO: Brais, Casais, Diego, Secundino, Rubén, Jorge, Emilio, Miguel (Juan), Elías (Mauri) Dani (Gurita), Víctor.
  • DUMBRIA B: Sergio, Fernando (Kevin, min.46), José, Cabanas, Toja, Pereira, Riki, (Javi, min.65) Josiño, Cacho, Pedrosa, Rodrigo (Israel, min.70).
  • Goles: 1-0, min.1: Víctor; 1-1, min. 1-2, min.: 2-2, min.60: Dani; 3-2, min.63. Miguel; 4-2, min.70: Elías; 5-2, min.80: Gurita; 6-2, min.82: Elías; 7-2, min.85: Gurita.
  • Expulsión: os dumbrieses Pereira e Pedrosa.

Partido moi estrano en Xaviña que deu varias voltas e acabou sendo decidido pola actuación abritral. Comezaba Víctor recuperando o olfato goleadr cando aínda non pasara o primeiro minuto. Pero os de Canosa daban a volta ao marcador.

Pero a segunda metade apareceu o colexiado, e cun par de tantos protestados polos locais remonataba o Buño e veía como o filial quedaba con 9. A partir de aí Elías e Gurita completaron unha dura e inxusta goleada.

Outes - Mazaricos (4-3)

Outes-Mazaricos-Foto- Sara Ramos
  • OUTES: Peipo, Arturo, Borja, Saúl, Damián, Martín (Martín Lago, min.46), Poke (Rubén, min.74), Mario (Michi, min.56), Ángel, Deivi (Elías, min.46), Quin.
  • MAZARICOS: Juan (Pejo, min.32), Rodri, Matías, Tubi, Casais (Cristian, min.67), Oreiro (Martín, min.52) Ricardo, Brais, Aldo (Molinos, min.85), José Ángel, Pereiro.
  • Goles: 0-1, min.25: Ricardo; 1-1, min.40: Deivi; 1-2, min.55: Aldo; 2-2, min.60: Martín Lago; 3-2, min.70: Arturo; 3-3, min.85: Tubi; 4-3, min.93: Arturo, de penalti.
  • Expulsión: o amarelo Tubi (min.93).
  • Lesión: o amarelo Juan.

Ambientazo coma sempre no Conchido para un partido cheo de alternativas e que se decidía no último suspiro e dende os 11 metros. O Mazaricos foi mellor no primeiro tempo e se puxo por diante por medio de Ricardo. Pero antes do descanso Deivi metía a igualada. Saía o Mazaricos enchufado e Aldo os puña de novo por diante, pero chegou unha forte reacción dos locais que deron a volta ao marcador.

Faltaban 5 minutos e Tubi asinaba o tanto que parecía o do empate final. Pero unha xogada xa con 3 sobre o tempo regulamentarios, un penalti daba os 3 puntos aos blanquinegros, apretando moito a zona baixa.

Outes-Mazaricos-Gol amarelo-Foto- Sara Ramos

Máis información

Artigos deportivos

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios