Domingo. 03.11.2024
El tiempo

2ª Autonómica: In extremis

2ª Autonómica: In extremis
Dani Freire con Mario no Cee-Corcubión -Foto- Jorge Parri Crónica da 2ª patrocinada pola Estación de Servizo Bazarra

Ata 5 partidos se solventaron co tempo cumplido esta xornada 14 na Liga da Costa. Unha xornada que deixa ademais á Esteirana máis líder, tras vencer, con sufrimento nun choque adicado á Ramón do Camarón, aproveitando o empate do Sofán en Zas. O Baio vancía ao Castriz e se mantén 4º, e o Cee sufría para manter un punto ante o seu eterno rival. Zas, Corme e Carnota mantéñense a tiro.

Por abaixo, o duelo de pechacancelas deixa tocado ao Dumbría B, a 4 do Cabana, que sacaba 3 puntos no tempo de desconto do Conco. Outes e Mazaricos seguen en verdadeira zona de perigo e de posible arrastre, mentres que Castriz, Corcubión e San Lorenzo, ademais de Buño e Montelouro, non se poden despistar.

Cee - Corcubión (2-2)

  • CEE: Mingos, Nico, Jorge, Piquero, Dani (Rafa, min.55), Mario (Diego, min.55), Fiuza (Yaya, min.85), Patera (Carlos min.68), Angeliño, Fer, Penedo (Llanero, min.55).
  • CORCUBIÓN: Abelleira, Miguel, Senra (Edu min 69), Lema, Conguito, Pablo (Javi, min.87), Sebas, Lourido (Gabri, min.85), Jonnie (David, min.55), Cristian, Mario.
  • Goles: 1-0, min.68: Llanero a pase de Fiuza; 1-1, min.77: Mario; 1-2, min.88: Cristian; 2-2, min.94: Llanero.
Cee-Corcubion-Llanero no momento da falta do empate-Foto- Jorge Parri

Intercambiaron os papeis Cee e Corcubión e os de Manolín fixeron de equipo grande a base de motivación, loita e entrega, nun choque moi esperado polos de San Marcos, que facía 5 anos que non se enfrontaban ao eterno rival. Tivo que saír a calidade de Llanero para que quedara un punto no San Paio de Refoxos, despois que Cristian marcase un tanto épico cando faltaban 2 minutos.

Foi un choque vibrante, máis trabado e feo na primeira metade pero moi intenso, con emoción ata o pitido final. O Cee segue sen facer o seu fútbol e o Corcubión estivo moi metido no partido. Penedo e Angeliño probaron a Abe e Lourido mandaba ao longueiro, nas xogadas máis destacadas da primeira metade.

Na segunda, o Cee tomou o mando, e Fer e Diego avisaron, pero sería Llanero o que abriría o marcador tras controlar un bo pase de Fiuza. O Corcubión estirou filas e non tardou en empatar por medio do capitán Mario ante a pasividade da defensa ceense.

Quedaban menos de 15 minutos pero o partido aínda depararía moitas sorpresas. Cristian, no seu segundo partido cos de Manolín, remachaba a gol unha falta, para delirio dos corcubioneses. Pero aínda quedaba tempo para a maxia, a de Llanero, poñendo unha falta lonxe da estirada de Abelleira para asinar o empate, que sabe a pouco para os dous bandos, para o Cee por levar o peso, e para o Corcubión, que tiña os 3 puntos na man..

Gol do Corcubión no San Paio de Refoxos-Foto-Jorge Parri Os ceenses celebran o gol do empate de Llanero-Foto- Jorge Parri

San Lorenzo - Buño (2-2)

  • SAN LORENZO: Abraham, David, Adrián, Casillero, Anxo, Cachizo, Javi Pensado, Peke (Dubra, min.46), Jorge Pichel (Eloy, min.70), Fuentefría (Chucho, min.73), Carlos (Adonis, min.75).
  • BUÑO: Toni, Casáis, Diego, David, Ángel, Jorge Calvete (Antelo, min.62), Jesús, Emilio, Víctor, Dani Calvete (Gurita, min.68), Elías (Gustavo, min.76).
  • Goles: 0-1, min.5: Elías; 1-1, min.6: Javi Pensado; 2-1, min.20: Jorge Pichel; 2-2, min.92: Víctor tras un córner.
  • Expulsión: Sergio, meta suplente do San Lorenzo, dende o banco.

Estaba claro a quiniela e non fallaron as estatísticas. San Lorenzo e Buño que xa suman 11 empates entre ambos, asinaron táboas en Verdillo, nun choque bronco de moita brega, que non se resolveu ata o pitido final.

Comezaba o choque cun intercambio de goles, e se Elías facía o 0-1 para os visitantes, un minuto despois Javi Pensado asinaba o empate. O San Lorenzo tomaba a iniciativa e Jorge Pichel facía o 2-1 co que se chegaba ao descanso.

A segunda metade, con moito balón longo e xogadas a balón parado, transcorreo con igualdade. Sen grandes ocasións, parecía que o partido quedaría así, cando un córner rematado por Víctor xa co tempo cumplido certificou o empate final.


Esteirana - Volantes (2-0)

-Esteirana-con-Ramon-do-Camaron-Foto-SD-Esteirana
  • ESTEIRANA: Benito, Simón, Roi (Maceiras, min.71), Dani Rama, Suizo, Pepiño (Uru, min.55), Picholeiro (Adelino, min.46), Pablo Serrano, Álex (Eloy, min.80), Róber Pladur, Kike.
  • VOLANTES: Rubén Santos, Mingos, Nimo, Juan do Sivil, Fran do Español, David, Ramonsiño (Yeray, min.60), Adrián, Pardelo, Javi de Baño (Jose, min.75), Jaro (Benja, min.25).
  • Goles: 1-0, min.50: Adelino; 2-0, min.70: Kike.
  • Lesión: Jaro.
Ramón do Camarón foi o protagonista no XL Vara

Solventou a Esteirana o derbi muradán na primeira e histórica visita do Volantes de Baño ao Xosé Luís Vara Oliveira. Un choque estivo protagonizado por Ramón do Camarón, porteiro esteirán aos que os locais adicaron a vitoria e lle renderon homenaxe ao comezo do choque ante unha entregada afección blaugrana e tamén laranxa. Ramón padece unha enfermidade do sistema inmunolóxico e está levando un tratamento que lle impide de momento xogar ao fútbol. A plantilla senior quixo mandarlle a mensaxe de que o equipo agarda por él...

Pero non foi unha vitoria doada. O Volantes, que chegaba con moitas baixas e ademais sufría a lesión de Jaro no ecuador da primeira metade, defendeu con moita orde, pero non tivo a mordente doutros días. Ademais contou coa gran aprotación de Rubén Santos na meta, que fixo un partidazo con 4 grandes paradas.

Non puido evitar iso si, a derrota, que chegou con dúas perlas de dous dos homes máis importantes do cadro de Esteiro: Adelino cunha boa xogada persoal, e Kike.

Os blaugrana levan 5 vitorias consecutivas.


Dumbría B - Cabana (2-3)

Dumbria B-Cabana-Foto- Jorge Parri
  • DUMBRÍA B: Fer, Jose Carreira (Israel, min.66), Jose Manuel, Toja, Cabana, Vicente (Kevin, min.46), Riki, Josiño, Cacho, Jesús (Lucas, min.80), Rodri.
  • CABANA: Añón, Eloy (Iván Vimianzo, min.15) , Marcos, Sande, Pazos, Fariña (Mario, min.70), Rubén Rama, Fernando (Dani, min.60) , Manolo Lama (Iván, min.60), Sandro, Berti.
  • Goles: 0-1, min.15: Rubén Rama; 0-2, min.44: Manolo do Cruceiro; 1-2, min.60: Kevin de falta; 2-2, min.65: Rodri; 2-3, min.94: Iván Mato.

Outro dos partidos que non se decidiron ata o último suspiro, este choque entre pechacancelas. Os cabaneses levan 3 puntos do Conco que afunden un pouco máis aos de Ángel Canosa, quedando con 6 puntos a xa 4 do mesmo equipo cabanés.

Foi un choque de ida e volta, no que o Cabana se metía por diante cun 0-2, e un gol que parecía clave ao fío do descanso por medio de Manolo Cruceiro. Pero saíu moi enchufado o filiala na segunda, envalentonado pola figura do novo xogador Kevin, que marcou o primeiro tanto e participou no segundo, que asintou Rodri. Aínda quedaba case media hora, e o partido marchaba cara o empate. Pero apareceu a figura do xuvenil Iván Mato para facer o definitivo 2-3 que deixa ao Cabana máis cerca da salvación, a 2 só punto de Outes e Mazaricos.
Un Cabana que ademais fixo debutar a Iván de Treos, boa fichaxe procedente do Soneira.

Dumbria B-Cabana-Foto- Jorge Parri

Baio - Castriz (2-1)

Baio-Castriz-Foto- Santi Diaz
  • BAIO: Anxo, José Antonio, Pablo, Eloy (Ramón, min.55), Mario, Iago (Fredi, min.85), Rubio (Jorge, min.65), Alberto, Martín, Chucho (Fachal, min.80), MC.
  • CASTRIZ: Toñito, Rubén, Prego, Alejandro, Pepe, David Pose (Anxo, min.70), Javi (Pablo, min.60), Luis (Sergio Gerpe, min.75), Bruno, Sebas (Víctor Pazos, min.61), Roberto.
  • Goles: 1-0, min.30: MC; 1-1, min.55: Sebas; 2-1, min.60: Ramón.

Sufríu o Baio para mantener o pulso na zona alta, ante un Castriz que amosou a súa mellor cara pero non tivo sorte. Os locais tomaron a iniciativa e combinaron boas xogadas como as que propiciaroon os tantos de MC, como non e xa van 18 goles, e de Moncho. Clave foi o tanto de Moncho, pois chegaba 5 minutos despois de que Sebas empatase a balón parado. De feito, os xalleiros avisaron aen xogadas de estratexia e meteron o medo na pel dos locais.

No treiro final, Martín asistía a Ramón, en posición máis que dudosa, que batería por baixo ao segundo porteiro do Castriz.

Baio-Castriz-Foto- Santi Diaz

Muros - Outes (2-1)

  • MUROS: Fabio, Javi de Vístete, David, Dani Corniños, Pedro de Nieto (Paky, min.65), Lisardo, Mayuyo, Jesús (Kulo, min.88), Manu Dosil (Gabry, min.80), Saúl (Pulpo, min.55), Sexo.
  • OUTES: Víctor, Borja (Martín, min.66), Damián, Arturo, Martín Lago, Saúl (Poke, min.46), Ángel, Quin (Pesco, min.61), Mario (Michi, min.46), Deivi, Elías (Fabio, min.73)
  • Goles: 1-0, min.20: Mayuyo; 1-1, min.40: Quin; 2-1, min.72: Manu Dosil.
  • Expulsión: o visitante Deivi (min.70).

Boa vitoria do Muros que segue mellorando e xa suma a 3ª consecutiva e sobe ata a 9ª praza. Os de Manolo Camello aproveitaron dúas cabezadas de Mayuyo e Manu Dosil, dous veteranos, para deixar os 3 puntos en Miraflores. Ambos chegaron tras sendos pases de Sexo, que sen embargo marraba un penalti. O Outes intentouno e conseguía empatar antes do descanso, pero na segunda quedaba a mercé do cadro local.

Para a historia quedará a participación do meta Víctor na meta outiense, con 49 anos.


Mazaricos - Carnota (1-1)

Mazaricos-Carnota-Foto- Sara Ramos
  • MAZARICOS: Dani, Casáis, Matías, Martín, Rodri, Esteban (Marcos, min.60), Oreiro, Ricardo, Brais, Aldo (Molinos, min.60), José Ángel (Walter, min.80).
  • CARNOTA: Luis de la Peña, Tono da Caixa, Pedro de Pichín, Manolo Chouza, David Brea, Jacobo, Boni, Loló, Martín (Bernardo, min.60), Pumuky, Manuel Luis.
  • Goles: 1-0, min.55: Aldo; 1-1, min.90: Manolo Chouza, de penalti.
  • Expulsión: o local Matías na xogada do penalti final.

    Un punto que leva o Carnota do Pino do Val conseguido de penalti no tempo cumplido. Os mazaricáns seguen nunha liña mala de resultados e sorte e xa van 6 xornadas sen gañar.

    O cadro local levou o peso do partido, e tras unha primeira metade de demasiado respecto, Aldo adiantou aos amarelos. Non se dou por vencido o Carnota de Cambeiro, que malia chegar con moitas baixas, sobre todo arriba, tirou de épica, e empatou no desconto por medio de Manolo Chouza, xa unha peza indispensable no equipo branquiazul.


    Zas - Sofán (0-0)

    Sofan-Zas - Foto- SD Sofan
    • ZAS: Elías, César, Víctor Vecino, Óliver, Pereiro, Jaime (Amado, min.60), Peque, Lagoa (Diego, min.70), Rubio, Pablo y Pichín.
    • SOFÁN: Bugy, Lista, Marcos Pensado, Juanjo, Gustavo, Eloy Boedo, Michel, Eloy Cabeza (Pikas, min.80), Diego (Edu, min.66), Ivan Rey e Abel (Santi, min.75).
    • Expulsión: o adestrador zaense Mario.

    Puido caer de o choque en San Andrés entre unha das revelacións da temporada e o 2º clasificado. O Zas prantou cara ao Sofán nun choque de mutuo respecto. A SD apretou ao comezo pero o Zas foise desperezando o dominio visitante. Abel avisou para a SD, pero Rubio e Pichín tiveron as máis claras do partido para os de Mario, que acabou expulsado.

    Deixa escapar o Sofán a Esteirana a 3 puntos, mentres que o Zas mantense 5º a 5 dos sofanistas.

    Sofan-Zas- Foto- SD Zas

    Montelouro - Corme (1-3)

    Montelouro-Corme-Foto- Edu Olveira
    • MONTELOURO: Jose, Juan, Pablo, Pedro de García, Chema, Fernando, Geiko (Pepiño, min.63), Edu (Denis, min.58), Ismael, Raúl (Pesco, min.52), Abel.
    • CORME: Susiño, Adolfo, Alejandro, Jesús, Pandi, Diego, Brais, Adrián Doldán (Alejiño, min.84), Juan Chans, Javi (Chino, min.68), Juanma (Koeman, min.74).
    • Goles: 0-1, min.10: Juan Chans; 1-1, min.65: Pesco; 1-2, min.85: Juan Chans; 1-3, min.90: Brais.
    • Expulsión: o loureán Juan.

    Boa vitoria do Corme ante un montelouro que leva unha malísima a racha, sendo esta xa a súa quinta derrota consecutiva. Os azulóns, aos que lle faltaban varios dos habituais en punta como Lucas, Alejo ou Iago, e que mesmo metían ao porteiro xuvenil Javi na media punta, sufriron e non certificaron a vitoria ata os últimos 5 minutos.

    Comezaba Juan Chans adiantando aos visitantes, pero o Montelouro respostaba con dominio e xogadas de perigo a balón parado. Na segunda Pesco acadaba o empate igualando as forzas.

    Só contra o final o propo Juan Chans, nunha acción de velocidade e xa co Montelouro con 10 pola inexistente expulsión de Juan, marcou o 1-2 e Brais puxo a sentenza.

    Montelouro-Corme-Foto- Edu Olveira

    Máis información

    Artigos deportivos

    Crónicas da semana

    Fonte

Comentarios