Martes. 08.10.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Cee fréase en Mazaricos e o Montelouro afúndese ante o líder

2ª Autonómica: O Cee fréase en Mazaricos e o Montelouro afúndese ante o líder
O Baio no tivo piedade do Dumbría B-Foto- Jorge Parri ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com Se ben o líder segue ao seu ritmo, o Cee tropezaba esta semana en Mazaricos, deixando ao Baio só na segunda praza a 3 puntos da Esteirana. Os baieses non tiveron piedade dun Dumbría B que parece ter tirado a toalla. Por abaixo, Cabana, Mazaricos e Outes escapan dun Montelouro que se afunde trala visita do líder. Os neroazurris sorprendían ao Sofán, amarelos sorprendía ao Cee mentres que os branquinegros dábanse un festín a costa do irregular Castriz.

E atentos esta semana, que o compañeiro Ángel Garrido tráenos unha sabrosa entrevista.


Montelouro - Esteirana (0-3)

Montelouro-Esteirana-Foto- Edu Olveira
  • MONTELOURO: Isma, Pedro de García, Álvaro, Pablo, Geiko, Fernando, Denís (Chumy, min.30), Raúl (Dani, min.30), Pesco (Pepiño, min.60), Edu e David (Adrián, min.46).
  • ESTEIRANA: Benito, Suizo, Dani Rama, Chispi (Maceiras, min.66), Pablo Serrano, Pepiño, Andel (José Varela, min.55), Uru (Eloy, min.80), Kike, Álex e Cajulo (Iago, min.76)
  • Goles: 0-1, min.10: Álex tras un rexeite; 0-2, min.20: Kike tras un saque de banda; 0-3, min.85: Kike.
Demasiadas facilidades deu o Montelouro ao líder no novo derbi muradán. Unha Esteirana que pronto se colocaba con 0-2 coa tremenda efectividade dos Alex e Kike, que practicamente sentenciaba o encontro. Non soubo reaccionar o cadro local na segunda metade, na que apenas fixo perigo á meta de Benito. Foi Kike, xa contra o final, quen redondeou o resultado, deixando ao Montelouro nunha situación de verdadeira emerxencia, cos postos de salvación a 5 puntos tralas vitorias do Mazaricos e Outes. Montelouro-Esteirana-Foto- Edu Olveira

Muros - San Lorenzo (5-1)

  • MUROS: Trozo, Pulpo, Pedro de Paky (Pedro de Nieto, min.70), David, Mayuyo, Lisardo, Saúl (Juan, min.79), Gelo, Manu Dosil, Jesús (Manuel, min.63) e Sexo.
  • SAN LORENZO: Sergio (Abraham, min.46), David, Adrián (Eloy, min.55), Dubra, Casillero, Anxo, Robin (Carliños, min.46), Cachizo, Palermo, Fuentefría e Chucho (Adonis, min.70).
  • Goles: 1-0, min.10: Jesús; 2-0, min.12: David; 3-0, min.15: Manu Dosil; 4-0, min.25: Jesús; 5-0, min.35: Jesús; 5-1, min.50: Palermo.
  • Expulsión: ao local Juan xa case que no final.
Apenas pasaba media hora de xogo e o San Lorenzo xa recollera 5 veces o balón da súa portería. I é que ao Muros saíalle todo onte, con tantos verdadeiramente inverosímiles. Así, aos 15 minutos, xa con 3 no peto, o partido estaba practicamente sentenciado ante un San Lorenzo que apenas puido abrir a boca, pero que non mereceu soberano castigo.

Mazaricos - Cee (1-2)

O Mazaricos sorprendeu a un Cee que non se adaptou ao campo-Foto- Sara Ramos
  • MAZARICOS: Pejo, José, Matías, Oscar, Martín, Esteban (Cristian, min.79), Estéfano, Ricardo, Adrián (Juan, min.79), Brais (Marcos, min.65) e José Ángel.
  • CEE: Parroto, Nico, Fiuza, Rafa, Piquero, Carlos Leis, Diego Cespón, Isma (Berto, min.58), Penedo, Yayá (Mario, min.46) e Víctor.
  • Goles: 1-0, min.65: Óscar; 1-1, min.70: Penedo; 2-1, min.85: Marcos.
Non se adaptou o Cee a un terreo de xogo encharcado e o Mazaricos sumou unha vitoria fundamental para a súa permanencia. E iso que o Cee non fixo unha mala primeira metade, sempre ante un Mazaricos, máis afeito ao campo, e que levou a iniciativa e tivo as mellores ocasións de gol. Na primeira Víctor tras un roubo de Diego Cespón, tiña unha bo ocasión, e o propio Víctor metía un balón para Isma Leis que era agarrado por Pejo fóra da área pero o colexiado sacaba tarxeta amarela ante as protestas ceenses que pedán expulsión. O Mazaricos facía moito dano por arriba, pero Parroto amosábase seguro. Na segunda parte o equipo local pasoou por encima ao Unión, que non inquedou á portería visitante ata os minutos finais. O premio do gol chegou a balón parada, José Ángel saca unha falta que se pasea por diante da área ceense, Óscar no segundo pau manda ao fondo da rede. Non tardou nada en empatar o Cee, saque de centro, balón a Penedo que supera de vaselina a Pejo. Este gol pareceu espertar aos azuis pero nada máis lonxe da realidade. Unha xogada por banda esquerda acaba cun centro que Marcos remata só no segundo pau. Intentouno o Cee nos minutos finais pero sen fortuna. Destacar un tiro de Fiuza rozando do pau no tempo de desconto.

Zas - Corcubión (2-1)

Zas-Corcubion-Foto-Jorge Parri
  • ZAS: Elías, Amado, Óliver, Lagoa, Martín, Ismael (César, min.80), Pablo, Peque, Rubio, Jaime e Pastor.
  • CORCUBIÓN: Abelleira, Alán, Senra, Julito (Edu, min.76), Jonnie, Sebas, Lema, Pablo Lestón, David de Muxía, Cristian e David Lourido.
  • Goles: 1-0, min.30: Rubio; 1-1, min.50: Cristian; 2-1, min.70: Lagoa de fermosa falta directa.
Zas-Corcubion-Abelleira non puido facer nada-Foto- Jorge Parri Rompeu a xeira de 7 partidos sen perder o Zas ao Corcubión de Manolín. Foi un choque bonito, limpo e vistoso, que se decantou pola calidade dos zaenses. Rubio adiantaba aos locais na primeira rubricando así un lixeiro dominio de balón. Pero o Corcubión saía a por todas tralo descanso e pronto, Cristian empataba. Pero aparecía Lagoa, e asinaba unha falta impresionante ante a que nada podía facer Abelleira. Intentouno o Corcubión nos últimos intres pero o balón non entrou. O Zas celebraba así a chegada de dúas novas fichaxes, Isma e Mario. Destacar as mostras de cariño que o fotocolaborador Jorge Parri recibiu nas bancadas de San Andrés, na que os afeccionados zaenses agasallaron cun polo e unha bandeirola co seu nome. A Afección do Zas con Jorge Parri

Corme - Buño (4-0)

  • CORME: Susiño, Adolfo, Manu (Miguel Torrado, min.58), Jesús, Pandi, Dani, Diego (Alejo, min.55), Martinciño (Juanma, min.75), Juan Chans, Lucas e Brais (Chino, min.85)
  • BUÑO: Brais, Diego, Ángel (Gurita, min.46), Secundino, Jesús, Jorge Calvete, Antelo (Rubén, min.46), Emilio, Víctor, Dani Calvete (Miguel Dourado, min.46) e Elías (Gustavo, min.65)
  • Goles: 1-0, min.20: Juan Chans; 2-0, min.35: Lucas, de penalti; 3-0, min.80: Juan Chans; 4-0, min.88: Alejo.
Necesitaba o Corme unha vitoria contundente así para espabilar. Os azulóns superaron a un Buño ao que lle pesou, e moito, a festa do Enterro da Mikaela do sábado. E iso que comezaron ben os visitantes, pero co gol aos 20 minutos de Juan Chans foron decaendo. Lucas antes do descanso facía o 2-0 que xa deixaba practicamente fundido ao Buño, que aínda así aguantou ata o minuto 80. Cómpre destacar que o partido serviu para que Alejo volvese pisar un céspede, e como non, a marcar. Tamén debutou Miguel Torrado, cormelán que estivo emigrado polo fútbol da Costa moitos anos.

Carnota - Volantes (0-2)

Carnota-Volantes-Foto- Gonzalo Sestayo
  • CARNOTA: Luis de la Peña, Boni, Pedro de Pichín, Manolo Chouza, David de Brea, Pumuky, Andrés Fandiño (Buonanotte, min.55), Jacobo (Pablo, min.86), Nakata (Urko, min.80), Rodrigo e Pablo Beiro.
  • VOLANTES: Rubén Santos, David, Maikel Perrito, Juan do Sivil, Josiño (Javi, min.80), Nimo, Brais (Pardelo, min.64), Adrián, Seluco (Benja, min.80), Ivi (Mingos, min.58) e Chenel.
  • Goles: 0-1, min.60: Adrián tras unha gran xogada de Chenel e Seluco; 0-2, min.75: Chenel.
Estreaba dúo de adestradores o Volantes e o facía cunha gran vitoria nun feudo sempre complicado como é Lombáns. Os carnotáns seguen afundidos polas baixas e o Volantes aproveitou para, tras unha igualada primeira metade, sentenciar nunha segunda con máis forza. Clave foi de novo a participación de Chenel no bando laranxa, dando un e marcando outro. Carnota-Volantes-Foto- Gonzalo Sestayo

Baio - Dumbría B (8-0)

MC fixo 4 no Baio-Dumbria B- Foto-Santi Diaz
  • BAIO: Anxo, José Antonio (Moncho, min.60), Pablo (Chema, min.46), Mario, Eloy, Norberto, Rubio (Cristian, min.71), Martín, Lucas (Jorgito, min.64), MC e Alberto.
  • DUMBRÍA B: Fernando, Dudo (Maikel, min.61), Denís, Toja, Adrián (Kevin, min.46), Josiño, Riki, Jesús (Santi, min.46), Rodrigo, Rivas e Israel.
  • Goles: 1-0, min.1: MC; 2-0, min.35: MC; 3-0, min.40: MC; 4-0, min.60: Martín; 5-0, min.68: Cristian; 6-0, min.70: Cristian; 7-0, min.85: Jorgito; 8-0, min.88: MC.
Sen piedade xogou o Baio ante o filial dumbriés. I é que xa ao primeiro minuto MC abría o marcador, e cando estás aí abaixo, e comezas perdendo, caen os brazos e case o único que esperas é que o colexiado pite o final. E tardou en pitar o final, e caeron ata 8, con 4 de MC. MC fixo 4 goles no Baio-Dumbria B-Foto-Santi Diaz

Sofán - Cabana (0-1)

Sofan-Cabana nas Eiroas-Foto-David Castro
  • SOFÁN: Dani, Cantudo (Jacobo, min.61), Lista, Juanjo, Diego, Edu (Iván Rey, min.56), Míchel, Eloy Boedo, Iván Rojo (David Pensado, min.78), Eloy Cabeza e Santi (Suso Docampo, min.66).
  • CABANA: Añón, José, Marcos, Ismael, Eloy (Moreno, min.61), Rubén Rama, Manolo do Cruceiro (Adrián, min.76), Iván de Treos, Dani (Fernando, min.70), Iván e Berti.
  • Gol: 0-1, min.86: Iván de Treos.
  • Expulsión: o visitante Iván no min.85.
Tremenda a reacción do Cabana que suma a súa 3ª vitoria consecutiva e esta conseguida ante un dos de arriba, nun choque especial para o adestrador sofanista, o ex do Cabana Pablo Mallón. Foi un partido no que o colexiado quixo ser protagonista e non sinalou un claro penalti para o Sofán pero si pitou outro que non era. Pero Añón parou, antes do descanso, o penalti de Michel, no que foi a mellor ocasión para os locais. Foi no treito final, cando as forzas se esgotan, cando se estirou lixeiramente o Cabana, e nunha desas, Iván de Treos aproveitaba un rexeite para facer o 0-1 que deixa ao Cabana a 7 puntos do Montelouro.

Outes - Castriz (5-0)

  • OUTES: Gato, Damián, Arturo, Chúa, Borja (Fabio, min.75), Poke (Saúl, min.73), Potro (Lago, min.80), Martín, Elías, Deivi (Michi, min.90) e Quin (Migui, min.60)
  • CASTRIZ: Toño, David Pose, Álex, David Agra (Pablo, min.60), Sergio (Pepe, min.46), Rubén (Sebas, min.60), Javito, Cilindro (Martín, min.46), Luis, Mata e Prego
  • Goles: 1-0, min.38: Poke; 2-0, min.41: Deivi; 3-0, min.43: Quin; 4-0, min.72: Deivi; 5-0, min.90: Migui.
Uns tolos 5 minutos finais do primeiro tempo sentenciaron a un Castriz que deixou ver a súa cara irregular. Os da Serra, tras controlar a primeira parte do partido, aproveitaron o despite xalleiro nos últimos 10 da primeira metade para colocarse cun claro 3-0, que permitiu que a segunda metade só servise para reconciliarse co bo xogo. A tranquilidade só se viu alterada por un choque entre Quin e David Agra. Unha vitoria, esta tranquila, e segunda consecutiva, que necesitaba o Outes, que o deixa con 5 puntos de vantaxe sobre o Montelouro.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios