luns. 02.12.2024
El tiempo

Ponteceso e Camariñas non ceden puntos co ano novo

Ponteceso e Camariñas non ceden puntos co ano novo

Ponteceso - Baio (2-1)

  • PONTECESO: Norberto, Roberto Ríos (David Velo, min.15), Carlos, Luisete, Mario, Pablo, Nando (Adrián, min.65), Alfredo (Toniño, min.50), Dani, Bolón (Tucho, min.70) e Fabián.
  • BAIO: Manuel, Fermin, Mario, Ramón (Diego, min.70), Eloy, Martin, Milucho, Alberto, Martín Mc, Canario (Canai, min.46) e Jorge (Fachal, min.75).
  • Goles: 1-0, min.15: Mario; 2-0, min.30: Luisete; 2-1, min.40: Jorge
  • Árbitro: Hermo Alonso (A Coruña). Amoestou ao local David Velo e aos visitantes Martin, Alberto e Mario.
Sufriu máis do esperado o Ponteceso para desfacerse dun Baio moi batallador, pero que non acaba de romper a súa mala racha e suma xa 8 partidos seguidos sen gañar. Os goles foron todos na primeira metade, o ex do Zas, Mario, aproveitouse dun rexeite dentro da área para abrir o marcador e logo Luisete marcou a pase do anterior. O vimiancés, Jorge reducía distancias a pouco do descanso tras un córner, pero na segunda metade non puideron acadar o gol do empate. Martín Muiño con dous lanzamentos de falta puxo o medo na parroquia pontecesán.

Club do Mar - Fisterra (2-2)

  • CLUB DO MAR: Iván, Chori (Alberto, min.46), Luís (Abel, min.46), Chechu, Fran Borrazás, Pablo Corral, Juan, Repi, Manu (Isaac, min.83), Jacobo e Pablo Piñeiro.
  • FISTERRA: Joselu, Marco Castreje, Julito, Senra, Piti, Edy (Cristian Hidalgo, min.70), Roco, Tati (Luisiño, min.80), Martín Traba e Manoliño.
  • Goles: 1-0, min.55: Jacobo; 1-1, min.70: Senra; 2-1, min.84: Repi; 2-2, min.90: Senra.
Gran partido o xogado entre od ous equipos colocados na parte alta da clasificación e no que o empate non deixa satisfeito a ningún dos dous, se cabe un pouco máis aos fisterráns que se desprazaron a Paiosaco con moitas baixas e no once inicial figuraban dous xuvenís. O partido foi dominado polos locais que gozaron de boas ocasións de gol, Manu e Pablo Piñeiro estrelaron dous balóns nos paus. O Fisterra soubo superar as investidas locais e pese a xuventude aguantou en defensa e aproveitou as súas ocasións, desta vez foi un defensa, Senra, o que cos seus dous goles lle dou un punto aos de Manolo Santos que xa se atopan 8 puntos dos Camariñas e a 10 do líder Ponteceso. O club do Mar aínda ten moi vivas as opcións de ascenso pese ao empate.

Sofán - Buño (1-2)

  • SOFÁN: Costa, Roberto, Juanjo, Miniño, Gustavo (Piso, min.45), Mario, Alemán (Jacobo, min.75), Rabuñal, Diego, Bertin e Adrián.
  • BUÑO: Añón, Pancho, Diego, Lolo, José, Fernando, Jorge, Mendieta (Emilio, min.65), Dourado (Pardiñas, min.85), Bertin (Rubén, min.67) e Víctor (Emilio, min.80).
  • Goles: 0-1, min.44: Víctor; 0-2, min.65: Víctor; 1-2, min.80: Bertin
  • Árbitro: Pardiñas García (A Coruña) Amoestou aos locais Miniño e Rabuñal; e aos visitantes Mendieta e Dourado. Expulsou ao local Mario (min.75)
O Sofán segue a deixar puntos contra os da parte baixa da táboa e condenando as súas posibilidades de acceso aos dous postos de ascenso, agora xa se atopa a 8 puntos do segundo clasificado. O Buño cos tres puntos colle algo de folgos e máis logo das vitorias de vimianzo e Carnota. O Sofán merecu algo no encontro onde tentou ata o final sacar algo positivo, pero a sorte non estivo do seu lado. O medio centro sofanista, Mario, acabou expulsado ante os seus ex-compañeiros.

Carnota - Esteirana (3-1)

  • CARNOTA: Peipo, Adrian, David Brea, Manolo, Tono da Caixa, David Castreje (Demetrio, min.76), Miki (Urko, min.68), Oliver (Pumuki, min.61), Casti, Nico Alvarado (Gabri, min.76) e Joselu.
  • ESTEIRANA: Venancio, Maxi (Mingos, min.50), Adelino, Dani Rama, Alex, Andel, Hugo, Pepiño, Cajulo, Godo e Yago.
  • Goles: 1-0, min.25: Nico Alvarado; 1-1, min.44: Andel; 2-1, min.50: Nico Alvarado; 3-1, min.67: Nico Alvarado.
Inmellorable debut de Nito no banco carnotán. A Esteirana esta vendo como nas últimas xornadas está a perder esa gran efectividade que estaba a ter fóra da casa. Un hattrick de Nico Alvarado foi suficiente para sumar unha nova vitoria, que non o saca dos postos de descenso, pero que os acerca un pouco máis a salvación.

Dumbría B - Vimianzo (0-1)

  • DUMBRIA B: Anxo, José Carreira (Insua, min.46), Sergio Cives, David Carreira, Jose Manuel, Jesus, Fernando (Ivanete, min.75), Ramiro (Pablo Lestón, min.46), Tantan, Miguel Pollo e Pablo Muiño.
  • VIMIANZO: Sergio, Camilo, Maikel, Sergio Quintáns, Iván de Treos, Iván de Baiñas (Sergio Vilaseco, min.53), Martín, Manacas, Dieguito, Lagoa e Pablo Santa Cristiña.
  • Gol: 0-1, min.1: Dieguito.
  • Árbitro: Patricio Blanco (A Coruña). Amoestou aos locais David Carreira, Pablo Muiño e Insua.
Comeza ben o ano o Vimianzo que se reencontrou coa vitoria moitos meses despois da última, na xornada 3 fronte ao Porteño. O equipo vimiancés tirou de eficacia e, aproveitou  a única ocasión clara de gol para rentabilizala en tres puntos. Tan só ían 38 segundos cando un tiro dende a frontal de Pablo Santacristiña foi repelido polo longueiro, pero Dieguito andou rápido anticipándose a defensa e marcou co pé tralo rexeite do pau. Os locais levaron máis o control do partido, pero non crearon grandes ocasións de gol, destacar unha na primiera metade unha de Miguel Pollo que só ante Sergio tira fóra e na segunda metade unha moi boa con remate de cabeza de Tantán no segundo pau e Pablo Muiño non acertou a rematar por moi pouco a porta valeira, o balón foise a rentes do pau. Con esta derrota o Dumbría B ve truncada a súa boa racha, mentres que o Vimianzo colle folgos para mirar para a salvación que aínda esta custosa.

Camariñas - Malpica (2-0)

  • CAMARIÑAS: Pombo, O Gando, Breo, Maikel, Josiño (Pesky, min.60), De la Sierra, Moriño, Brais, David (Mane, min.70), Juan e Javi (Antelo, min.80)
  • MALPICA: Suso, Charly, Iago, Marco, Víctor, Casais (Neucha, min.45), Andres (Dourado, min.60), Manuel, Cheo, Isma e David Blanco.
  • Goles: 1-0, min.32: Juan O Bello; 2-0, min.91: Mané
  • Árbitro: Gallego Hernández (A Coruña) Amoestou aos locais David, Maikel, De la Sierra e Juan; e aos visitantes Cheo, Andres e Manuel
Terceira derrota consecutiva do Malpica que o relega a unha zona de ninguén na táboa clasificatoria. A baixa marca goleadora estalle a costar puntos aos de Atilda que non están a practicar un mal fútbol. O equipo camariñán levou sempre a iniciativa e tivo varias oportunidades de gol, a primeira no min.4 cun tiro de Javi, que atallou Suso, foi de novo Javi no m.16 o que disparou dende cerca, e Suso volveu a demostrar os seus reflexos, logo no m.37 unha rápida combinación entre Juan OBello e Brais, permítelle a este último tirar con Suso xa batido, pero o malpicán Iago, salva debaixo os paus, o mesmo Brais, tira ao poste no m.44. A pesares de todas estas oportunidades dos camariñáns da primeira parte, o Malpica tivo unha única moi clara, que puido cambiar o signo do partido, foi no min.23, cando David Blanco recibe un balón en profundidade por encima da defensa, e, plántase só ante Pombo, pero o dianteiro malpicán, que segue sen encontrar a portería, cruza en demasía e o “coiro” sae lambendo o poste dereito. Na segunda parte, coa inclusión de Neucha, o equipo malpicán profundizou algo mais, e foi este xogador o que tivo as dúas oportunidades mais claras, ambas de cabeza, pero que non fructificaron por falta de puntería. No minuto 79 os visitantes protestaron un posible penalti sobre David Blanco que o colexiado non estimou como falta. Pola súa banda o Camariñas, no m.46, Brais, tirou ao traveseiro e Juan OBello, errou no m.78, con tiro alto unha boa oportunidade a pase de Javi. En resumo, un partido de dominio territorial local, ante un Malpica, moi ben nas labores de contención, pero bastante romo en ataque.

Castriz - San Lorenzo (6-0)

  • CASTRIZ: Angel, Chinda, Alex (Torreira, min.68), Toniño, Sergio Pose, Bruno, Fili (Dani, min.53), Noli, Sebas (David Brenlla, min.60), Suso (Rubén, min.62) e Mauri.
  • SAN LORENZO: Recarey, Fran Rey, Quillo (Eloy, min.75), Casillero, Dubra (Canteiro, min.50), Anxo (Fuente, min.45), Javi, Cachizo, Marcos (Adrián, min.45), Alexandre e Carlitos.
  • Goles: 1-0, min.2: Sebas; 2-0, min.10: Mauri; 3-0, min.59: Noli; 4-0, min.70: Rubén; 5-0, min.80: Dani; 6-0, min.89: Torreira.
  • Árbitro: Mazaira Rodríguez (A Coruña) Amoestou aos locais Alex, Toniño, Sergio Pose, Bruno e Mauri; e aos visitantes Casillero, Recarey e Anxo.
Segue intratable o Castriz na súa progresión e xa se atopa 4º clasificado a 5 puntos do Camariñas. Onte en dez minutos xa marcara 2 goles, isto relaxou ao equipo de Hulevis que sen pasar moito perigo sentía como os visitantes a balón parado podían complicar o encontro. Tralo terceiro gol o partido foi moi de cara para os de Castriz que coa xente rápida que teñen á contra puideron facer moito máis dano.

Corme - Porteño (1-1)

  • CORME: Susiño, Adolfo, Abel (Diego, min.65), Rafa, Pandi, Martinciño, Martin, Alejandro, Yago, Lucas e Alejo.
  • PORTEÑO: Asiel, Brais, Pablo, Manuel, Tejo, Iván (Rubén, min.49), Quilmes, Piti (Roberto, min.79), Iago, Ismael (Óscar, min.59) e Varela.
  • Goles: 0-1, min.63: Piti, de penalti; 1-1, min.70: Alejandro.
  • Árbitro: Lago Barros (A Coruña) Amoestou aos locais Pandi, Lucas e Diego; e aos visitantes Alberto e Yago. Expulsou ao local Yago (min.40)
Empete moi peleado o conseguido polo Corme ante un Porteño que saiu do Cairo moi desgustado coa actuación arbitral ao non sinalar un penalti nos últimos instante do partido. Piti de penalti abriu o marcador e pouco despois o incombustible alejandro poñía o definitivo empate.

Fonte

Comentarios