Xoves. 28.03.2024
El tiempo

2ª Galicia: igualdade no Mazaricos - Muxía que acerca ós perseguidores

2ª Galicia: igualdade no Mazaricos - Muxía que acerca ós perseguidores
No partidazo da xornada empate a cero tantos, que apreta a clasificación pois os perseguidores venceron todos: Corme, Ponteceso, Volantes e Baíñas. Na zona baixa a vitoria do Lira pon máis incertidumbre en moitos conxuntos. Tremendo o partido en Verdillo onde o San Lorenzo remontou incriblemente a un Cee que xa se veía cos puntos. U.D. CERQUEDA 5 - U.D MONTE LOURO 1 UD CERQUEDA: Diego Dourado, Dani, Marcos Pensado, Atu, Martín Añón, Michel, David Dourado, Molinos, Méndez, Lorenzo e Dieguito. Tamén xogaron Manu Guillamet, Javi Pazos, Gonzalo, Martín Castro e Bastón. UD MONTE LOURO: Fer, Pablo, Pedro, Dani Corniños, Bolo, Yeray, David, Miguel, Geiko, Ivi e Gelo. Tamén xogaron Sambade, Abel, Pesco, Rama e Minos. GOLES: 1-0 21´Molinos   2-0 33´Méndez   2-1 37´Ivi de penalti   3-1 59´Méndez   4-1 89´Gonzalo   5-1 90´Martín Castro Clara vitoria do Cerqueda nun encontro igualado no primeiro tempo e que se decantou no segundo. De inicio moitas imprecisións. Nunha contra anotou Molinos e pouco despois Cristian Méndez anotou o segundo. Nun penalti de Michel Ivi recortou distancias antes do descanso. O Cerqueda saíu moi agresivo no segundo tempo, presionando moito ós de Louro, e foron superiores. Anotaron o terceiro novamente por medio de Méndez e nos últimos minutos do partido redondearon a goleada. LIRA C.F. 3 - C.D. MUROS 1 LIRA CF: Baitir, Oscarín, Danis, Porto, Badara, Borja, Deme, Oliver, Cristian Caamaño, Toni e Raúl. Tamén xogaron Cartamil, Manuel e Sieira. CD MUROS: Xandre, Berni, Juachy, Pelos, Eloy, Ramón, Alvaro, Dani, Xavi, Gabo e Pedro. Tamén xogaron Alex Siaba, Gael, Yerai e Xaco GOLES: 1-0 27´Cristian Caamaño   1-1 29´Pelos   2-1 41´Toni   3-1 82´Manuel O Lira sigue na súa boa xeira e o sábado venceu a un rival directo como é o Muros. Adiantouse no marcador pero pronto empatou o Muros. Antes do descanso Toni fixo o segundo. Aínda puideron aumentar a conta pero estrelaron un balón no pao. No segundo tempo o gardameta Baitir Babacar tivo que poñer o candado á meta local, facendo varias paradas de mérito. Manu, que saíra facía pouco ó campo, sentenciou o encontro cun gol no 82´. S.D. AMEIXENDA 0 - PUENTECESO S.D. 2 SD AMEIXENDA: Riolo, Gabriel, Bichiño, Castreje, Yago Costa, Cristian, Juanfran, Susiño, Pablo, Tomás e Javichu. Tamén xogaron Bruno, Saulo, Bicho e Po. PUENTECESO SD: Damián, Martín Puente, Moscoso, Matías, Eloy, Dani Cotelo, Recarey, Juanma, Mendieta, Iago e Eloy Alvarez. Tamén xogaron Ismail, Iván, Nando e Luca. GOLES: 0-1 10´Juanma   0-2 83´Matías Vaia día para o fútbol en Cee, con choiva, vento e unha espesa neboa que case imposibilita o partido. Dende o inicio os visitantes tiveron o mando do xogo. Un centro dende a dereita rematouno Juanma ó fondo das mallas transformando o primeiro tanto. Só un disparo de Castrexe ó lateral da rede foron as opcións dos locais. O Ponteceso seguiu buscando a sentencia no segundo tempo e atopouna nun remate de Matías nunha falta lateral. Pareciu que Riolo detivera o balón antes de que traspasara a liña pero o colexiado dou o gol. SPORTING ZAS 1 - CORME C.F. 4 SP. ZAS: Adrián Vázquez, Josito, Juan, Fabián, Miguel, Santi Casas, Juan Lois, Rubio, Dani Mato, Brais e Manu Fuentes. Tamén xogaron Miki, Dani, Estefan, Raúl e Pablo. CORME CF: Suso, Jesús, Pandi, Brais Pombo, Sueiro, Eloy, Manu Bermúdez, Doldán, Alejo, Lucas e Toniño. Tamén xogaron Javi Bermúdez, Alejandro, Fabián, Brais Torrado e Angel. GOLES: 0-1 51´Alejo   0-2 61´Doldán   1-2 64´Fabián   1-3 72´Alejo de penalti 1-4 84´Alejo Dominio de inicio do Corme, que tivo o control do partido todo o primeiro tempo e que ata tres balóns mandou ós paos. O gol era cuestión de tempo e tendo a Alejo no campo máis. Foi o dianteiro o que adiantou os visitantes e Doldán puxo terra de por medio. Acurtou distancias Fabián pero Alejo con dous tantos máis sentenciou o encontro. MAZARICOS C.F. 0 - MUXÍA C.F. 0 MAZARICOS CF: Miguel, Cutu, Borja, Amoedo, Roberto, Oreiro, Estéfano, Piki, Barbeira, Ricardo e Mario. Tamén xogaron Yago Dosil, Carreira, Pose, Raúl e Chiki. MUXÍA CF: Hugo, Michael, Tomás, Mario, Maikel, Brais Mouzo, Pereira, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Isma Pose e Mauro. Tamén xogaron Gora, Conguito e Víctor Alcaina. Encontro de poder a poder o disputado en Mazaricos entre o líder da competición e un dos claros candidatos a todo. O encontro foi duro pero noble, moi intenso, con total igualdade e poucas ocasións de gol. O empate pódese considerar un resultado xusto. No Muxía debutou Maikel, procedente do Camariñas. S.C.D. MALPICA 0 - C.D. BAÍÑAS 1 SCD MALPICA: Eusebio, Mante, Brais Ceán, Dimitri, Juan Fuentes, Laik, Marcos, Aitor, Brais Lado, Alberto e Romero. Tamén xogaron Dani Casal, Massar e Roberto CD BAÍÑAS: Jacobo, Ramón, Capote, Toño, Oreiro, Luis Alvite, Mayor, Canosa, Esteban, Pablo Muíño e Javi Souto. Tamén xogaron Rodri, Felipe, Canay e Calda. GOL : 0-1 14´Pablo Muíño O Baíñas aproveitou o solitario gol de Pablo Muiño para levarse os puntos da Pedra Queimada. O único tanto do partido chegou nun pase en profundidade e Pablo Muíño bate a Eusebio no man a man. A partir de ahí o cadro local levou o peso do partido pero fallou demasiado ante a meta de Jacobo. Os debutantes no cadro malpicán Jose Romero e Massar tiveron claras ocasións pero non foron quen de aproveitalas. S.D. SAN LORENZO 4 - U.C. CEE 3 SD SAN LORENZO: Rubén, Fidalgo, Pablo Díaz, Luciano, Kuki, David Lorenzo, Pablo Garrido, Mario, Fuentefría, Jose e Diego Varela. Tamén xogaron Brais Cancela, Rudi, Yago Varela e Styven. UC CEE: Anxo, Fran, Pablo, Berto, Jaiolo, Carlos Leis, Brais, Martín, Chema, Jon e Leo. Tamén xogaron Jose  e Tomás GOLES: 0-1 23´Leo   0-2 37´Leo   0-3 43´Leo   1-3 64´Diego Varela   2-3 82´Fuentefría   3-3 84´Yago Varela   4-3 89´Rudi Partido de locos en Verdillo. O equipo local remontou un 0-3 en contra que tiña no descanso para imporse a un Cee que se viu coa vitoria moi pronto e despois non soubo defendela. No primeiro tempo a favor de vento Leo, intelixente coma sempre, buscando as espaldas á defensa local foi quen de anotar tres tantos. Pero o segundo tempo foi outra historia. O San Lorenzo acortou distancias, creiu na remontada e logrouna nuns últimos dez minutos apoteósicos. VOLANTES DE BAÑO F.C. 3 - BUÑO S.D .1 VOLANTES DE BAÑO: Marcos, Juan do Sivil, Jano, Rachón, Iván, Godo, Santi, Cajulo, Pardelo, Pesco e Berto. TAmén xogaron Yanki, Raúl, Tico e Mou BUÑO SD: Brais, David, Eloy, Miguel, Petis, Borja, Zinho, Posiño, Pablo, Matías e Manuel. Tamén xogaron Juan Antelo e Brandón. GOLES: 0-1 23´Zinho   1-1 35´Berto   2-1 44´Cajulo   3-1 69´Pesco Remontada dun Volantes que vai a máis según pasan as xornadas. Esta tarde soubo sobrepoñerse ó gol inicial do Buño, igualou rápido por medio de Berto, que leva 2 tantos en 2 partidos, e adiantouse por medio de Cajulo antes do descanso. O mestre Pesco anotou o terceiro da tarde e o seu 10º gol na conta persoal para darlle os tres puntos ós Volantes.  

Comentarios