xoves. 01.05.2025
El tiempo

2ª Galicia: Venganza do Zas ante o Mazaricos

2ª Galicia: Venganza do Zas ante o Mazaricos
MUXÍA C.F. 0 - S.D. CORISTANCO 2 MUXÍA: Hugo, Iván Chans, Michael, Conguito, Pereira, Julián, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Martín, Lagoa e Mauro Romaní. Tamén xogaron Mario, Víctor Alcaina, Isma e Ruso. CORISTANCO: Diego, Miguel Mallo, Mato, Lagoa, Javi, Pazos, Samuel, Corral, Cebey, Botana e Cristian. Tamén xogaron Braian, Rial, Jorge Lorenzo e Andrade. GOLES: 0-1 52´Mato   0-2 71´Cristian Expulsado Corral no 84´e  o adestrador Pensado no 85´ O Coristanco está a facer grandes partidos ultimamente Partido moi igualado en Muxía que se levou o Coristanco en dúas xogadas puntuais. A un primeiro tempo máis defensivo e sen apenas ocasións seguiuno un segundo no que se abriu o partido tras o gol de Mato nunha xogada de estratexia. A partir de ahí o Muxía buscou o empate pero sen excesiva claridade no seu ataque, e o Coristanco nunha contra sentenciou o encontro por medio de Cristian. U.D. MONTE LOURO 3 - CAMARIÑAS F.C. 3 Partido de locos entre Monte Louro e Camariñas MONTE LOURO: Fer, Abel, Pablo Vidal, César, Pedro, Adrián, Alex Siaba, Raúl, Geiko, Juan de Celia e Dani Corniños. Tamén xogaron Gabri e David. CAMARIÑAS: Martín, Rodri, Morino, Brais, David Pasantes, Adrián Bardanca, Javi Antelo, Mickael, Nico, Maikel e Diego Campaña. GOLES: 1-0 8´Maikel en pp   1-1 25´Javi Antelo   2-1 37´Juan de Celia   3-1 39´Alex Siaba   3-2 48´Maikel   3-3 62´Javi Antelo Partido sen control en Louro, con continuas xogadas nas areas. Nun córner adiantouse o Monte Louro, pero pouco despois igualou Javi Antelo de falta directa. Os talentosos rapaces do Louro, Juan e Alex Siaba deron clara vantaxe ós de Oscar Leis antes do descanso con dous disparos dende fora da area. Pero nun córner e noutra falta directa o Camariñas equilibrou o partido. Ata o final puido ganar calquera pero non se moveu o marcador. Goles e ocasión en Agra da Filgueira U.D.CERQUEDA 0 - S.D. ESTEIRANA 0 Moi bo partido do Cerqueda ante o 2º clasificado CERQUEDA: Dourado, Dani, Atu, Fran, Manu Guillamet, Iván Mato, Cholo, Marcos Pensado, Gonzalo, Martín e Michel. Tamén xogaron Eloy, Martín Castro, Méndez e Bastón. ESTEIRANA: Rober, Codesido, Kevin, Dani Rama, Josiño Alves, Estévez, Alex Rama, Adrián, Xián, Eloy, Manu Tobío.Tamén xogaron Cristian, Brais e Iker. Moi bo encontro do Cerqueda para arrebatar un punto importante á Esteirana, que tiña a opción de acercarse ó Mazaricos na cabeza da tabla. No primeiro tempo as ocasións foron para Iván Mato, cun man a man no inicio e un disparo ó pao á media hora. A Esteirana tivo a posesión do balón pero as ocasión volveron a ser locais, nas botas de Manu Guillamet e Méndez. De estar algo acertados cara a porta a vitoria quedaría en Xaviña. A presión do Cerqueda foi constante sobre os homes importantes dos de Esteiro U.C.CEE 0 - S.C.D. MALPICA 1 CEE: Parroto, Martín, Jorge, Nico, Aitor, Carlos Leis, Esteban, Carlos Castiñeira, Charly, Juan Bello e Adrián Canosa. Tamén xogaron Leo e Ismael. MALPICA: Anxo, Omar, Mante, Santi, Mauri, Juan Fuentes, Ures, Vituco, Dani Casal, Rubén, Gonzalo Vilariño. Tamén xogaron Gustavo e Dimitri. GOL: 0-1 49´Dani Casal Igualdade no xogo en Sampaio de Refoxos que se desequilibrou cun tanto de Dani Casal a pouco do inicio do segundo tempo. O primeiro foi de dominio alterno, cun disparo ó pao do Malpica como mellor ocasión. Nunha falta lateral Dani Casal sacou de talento e anotou un golazo. O Cee botouse arriba pero sen demasiada claridade e a experiencia do Malpica perdendo tempo e durmindo o partido fixo o resto. CORME C.F. 8 - BUÑO S.D. 0 CORME: Susiño, Jesús, Dani Cousillas, Pandi, Eloy, Diego, Lucas, Toniño, Javi Peón, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén xogaron Cristian, Doldán, Alejandro, Brais e Samu Costa. BUÑO: Brais, David Alvarez, Eloy, Moscoso, Pablo, Jorge Calvete, Petís, Fran, Juan Antelo, Emilio e Miguel. Tamén xogaron Manel, Martín, Alexander, Richard e Adrián Rama. GOLES: 1-0 2´Alejo   2-0 37´Alejo   3-0 41´Alejo   4-0 54´Toniño   5-0 63´Alejo   6-0 69´Alejo   7-0 75´Manuel en pp   8-0 82´Samu Costa O Corme empeza a meter medo Este Corme é o que todos coñecíamos de tempadas pasadas. Alejo está a afinar a puntería, e o Corme empeza a ser considerado como claro candidato ó título, despois das dúas goleadas infrinxidas a Lira e Buño no Cairo. O partido ten pouca historia. Alejo marcou nada mais empezar, e o Buño aguantou ata que se quedou con 10 no minuto 20 por expulsión de Moscoso. A partir de ahí foi un recital do equipo local, que anotou 8 tantos e puido marcar algún máis. OUTES C.F. 2 - LIRA C.F. 4 OUTES: Antón, Joel, Cutu, Maroñas, Ramón, Elías, Babu, Yago Dosil, Alvaro, Bruno e Jura. Tamén xogaron David e Mario. LIRA: Raúl, Cristian, Eloy, Manuel Cartamil, Pedro, Jano, Miguel, isma Leis, Bruno, Kike Paluca e Oliver. Tamén xogaron Chema, Isma Sanli, Isma Lamela e Adrián. GOLES: 0-1 3´Jano   0-2 5´Bruno   0-3 20´Kike   0-4 28´Bruno   1-4 43´David de pti   2-4 89´Cutu A presencia de Bruno reactivou totalmente ó Lira, que se impuxo claramente ó Outes no Cunchido. O Lira foi superior no primeiro tempo, e ós 5 minutos xa ganaba por 0-2 con goles de Jano de falta e Bruno tras un barullo. No 20´Yago Dosil marrou un penalti e na contra Kike anotou o terceiro.  Ó descanso o encontro estaba prácticamente sentenciado, pois aínda que o Outes tirou de orgullo no segundo tempo pouco puido facer para remontar. PUENTECESO S.D. 2 - C.D. BAÍÑAS 3 PUENTECESO: Damián, Martín Puente, Luis Alvite, Matías, Eloy, Recarey, Dieguito, Juanma, Iago, Mendieta e Ismail. Tamén xogaron Iván Rodríguez e Luca. BAÍÑAS: Víctor, Roi Carril, Moreira, Héctor, Cristian Hermida, Oreiro, Esteban, Jesús, Mayor, Javi Souto, Pablo Muíño. Tamén xogou Felipe.   GOLES: 1-0 35´Dieguito   1-1 53´Pablo Muíño   2-1 67´Recarey   2-2 70´Mayor   2-3 77´Pablo Muíño Emocionante encontro o disputado entre Puenteceso e Baíñas no Pinguel. Pablo Muíño mostrou o seu perigo dende o inicio con dúas boas ocasións. Respondeu Dieguito cun forte disparo, e á media hora o mesmo xogador adiantou o Ponteceso cun disparo raso. Iago puido aumentar a conta pero rematou fora un bo centro de Dieguito. Igualou Pablo Muíño á saida do descanso. Recarey nun disparo moi lonxano e nun córner directo que dou no longueiro puido adiantar ós locais, e fixoo nunha falta directa á escuadra. Pero o Baíñas non se veu abaixo e en 7 minutos remontaron o marcador. Ata o final foron expulsados Luis Alvite e Roi Carril. A loita no mediocampo foi tremenda SP. ZAS 3 - MAZARICOS C.F. 1 SP.ZAS: Maikel, Jaime, Isma, Josito, Diego, Rubio, Brais, Pablo Fuentes, Bruno, Alex e Manu Fuentes. Tamén xogaron Fabián, Tívoli e Xoel. MAZARICOS: Angel, Danis, Sueiro, Orlando, David, Ricardo, Manuel Luis, Estéfano, Raúl, Pereiro e Martín. Tamén xogaron Molinos, Iago, Amoedo e Carreira. GOLES: 1-0 36´Rubio de pti   1-1 75´Amoedo   2-1 88´Fabián   3-1 89´Jaime Gran partido do Zas para impoñerse ó líder Mazaricos. Dende o inicio o Zas dominou o encontro e adiantouse por medio de Rubio á media hora. Jaime puido levar o dous a cero ó marcador pero non acertou a porta valeira. Amoedo saíu do banquillo para anotar o empate pero nos instantes finais a balanza decantouse para o equipo local con xustiza con goles de Fabián e Jaime. Foi expulsado o meta local Maikel na recta final do encontro.  

Comentarios